Touradas Fora de Pontevedra denúncia novo espectáculo de tortura animal na cidade
Desde Touradas fóra de Pontevedra, en relación coa capea organizada pola “Coordinadora de peñas taurinas de Pontevedra” o próximo sábado 2 de xullo, queren manifestar o seguinte:
- Rexeitan a organización dun “espectáculo” que, aínda que non supón a morte dos animais, é unha forma de maltrato e de apoloxía da crueldade, onde calquera persoa pode xogar a ser un deses torturadores coñecidos como toureiros. As capeas son unha escola da tortura tauromáquica.
- Queren saber se os organizadores deste evento solicitaron ao Concello de Pontevedra a autorización pertinente segundo recolle a “Lei de Emprendemento e Competitividade Económica de Galiza” no seu Titulo III Capítulo III “Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas”. Por conseguinte, queremn saber tamén se o goberno municipal concedeu esta licenza e de ser así se antes revisou convenientemente se o proxecto cumpre con todas as normas esixidas.
- No caso de non ter solicitado permiso municipal, de incumprir algunha das normas preceptivas ou de non ter sido revisado en todos os seus aspectos o proxecto, esixen que esta capea non se realice.
- No caso de ter a licenza en regra, esixen que o Concello supervise sobre o terreo que, efectivamente, se cumpren en todo momento todas as normas que deben cumprirse legalmente. Se algunha se incumprir, esixen que se paralice e impida a sua celebración.
- O suposto compromiso abolicionista ten que demostrarse cun total rigor na aplicación da normativa necesaria e coa implicación real no control desta actividade
Xuño 30, 2016 ás 2:22 pm
Parece mentira que a estas alturas siga habendo persoas que confíen na presunta vontade abolicionista do Concello de Pontevedra con respecto á tauromaquia. A ver cando se decatan de que por moito que goberne o BNG e por moito que no BNG haxa persoas que rexeitan activamente dende fai anos a tauromaquia na cidade, nese mesmo partido tamén hai unha recua de taurinos e taurinas, que por moi “progres” que sexan… son igual de taurinas que as súas compis de afición pepeiras, e iso por non falar do oportunismo político e electoralero, que non esquecemos que o ano pasado despois de ter a oportunidade de rematar para sempre co convenio coa praza, decidiron manter dito convenio, e logo con toda a “jeta” do mundo aparecer na mani a pasear as súas noxentas bandeiriñas e siglas.
ÍDEVOS Á MERDA.
O Concello de Pontevedrá é tan responsable da tauromaquia coma todas as demáis organizacións, negocios e asociacións na cidade que a respaldan.