[Italia] Campaña contra o veleno da civilización en toda Lombardía. Comunicado da Célula Danae Plexippus

Recollo de La Rebelión de las Palabras (que traduciu ao castelán dende o inglés) e traduzco ao galego este comunicado da Célula Danae Plexippus asumindo a responsabilidade e alertando ao mesmo tempo polo envelenamento de varios productos con base de soia en supermercados de toda Lombardía (Italia), para forzar á retirada deses produtos do mercado e para visibilizar o envelenamento “plausible” ao que todas estamos expostas de xeito diario e cotián dentro da sociedade tecno-industrial moderna, grazas á contaminación, á biotecnoloxía, á modificación xenética dos cultivos, ao uso (presuntamente “controlado” e “sen riscos”) de químicos altamente agresivos e perigosos sobre a terra, á alarmante extinción de especies animais e vexetais autóctonas e á devastación do territorio.

Traducido para Abordaxe por Disnomia.

::

ATAQUE SEN LÍMITES

“… Polo de agora usamos os instrumentos do inimigo contra él. Alimentamos á civilización co veleno que produce…”

Célula Nicola y Alfredo – FAI/FRI (Proxecto Némesis Verde)

ELECCIÓNS DE ATAQUE

A seguridade é un tema recorrente na sociedade industrializada de hoxe que non pode sentirse segura xa que esparce e reverte en si mesma diariamente o odio, a violencia e o veleno. Establecendo periódicamente os niveis de tolerancia dos cancros que ela mesma desenvolve, está a tentar afacer á xente para aceptalos. Igual que as partículas poden acumularse dentro dun certo limiar, a tortura na prisión debe ser limitada a negar axs presxs calquera tipo de lectura dentro das unidades de prisión máis punitivas, a auga é potable só se contén unha cantidade dada de metais pesados… Así que o que é “seguro” é só o constante envelenamento ao que estamos suxeitxs, e só o poder establece a dose diaria recomendada.

Decidimos destacar como de inmanexables son estes límites hoxe. Superamos a aquelxs que puideron atar a acción anarquista fai moito tempo, converténdoa nunha mera repetición engorrosa de consignas violentas e prácticas inofensivas, mentres saboreamos a beleza de descubrir e reinventar novos medios de ataque cada vez. As limitacións que enfrontamos hoxe en día son as que establecen a seguridade dun produto alimenticio.

Se o consumidor medio síntese protexido polos controis que os propios fabricantes de sustancias nocivas aplican, con esta acción estamos a deixar claro a impracticabilidade dun mecanismo de autocontrol en industrias como a alimentaria, os químicos, a agricultura e a enxeñería (que se asemellan unhas con outras máis e máis), onde non é verdade que a saúde dxs consumidorxs vaia antes que o beneficio, senón que o beneficio prodúcese precisamente no detrimento da súa saúde nun círculo infinito de veleno-antídoto-veleno.

Actualmente calquera produto alimentario entendido para consumo humano está acompañado cun residuo máximo de herbicidas que pode conter “segundo a lei”. Decidimos aumentar a cantidade destes residuos que poden normalmente ser atopados nos estantes de todos os supermercados, ocultos en produtos que pasan por seguros.

Empezando desde a semana entre maio e xuño, cando a maioría da xente estaba a se preparar para elixir a aquelxs que tomarán decisións sobre as súas vidas, substituímos gradualmente algúns dos produtos nos supermercados cos “nosos” con límites máximos de residuo máis altos. Ata agora só substituímos o número de produtos que se pode ver nas fotos adxuntas. Pretendemos rematar o noso almacenamento a finais de xuño, a data límite que decidimos para esta acción.

Cada semana engadiremos unha inxección de veleno á solución de auga-veleno que substituímos. Faremos isto porque só manipulamos sustancias que a industria alimentaria utiliza ao seu gusto, empezando con só unha pequena cantidade de veleno porque, a diferenza dos batas brancas, nós non sabemos que efectos podería ter. Así que estamos interesadxs en ser efectivxs e non en xogos de palabras. Este é o noso primeiro ensaio. A súa continuación e exacerbación dependerá de ata que punto os intereses económicos e “sociais” entren en conflito.

A nosa operación cubrirá o total da rexión de Lombardía, burlándonos de varias cadeas distribuidoras que foron visitadas, estudadas e elixidas para o mellor resultado desta campaña contra o envelenamento. Ao que apuntamos é claramente á retirada do mercado dos produtos que usamos, no período de tempo decidido por nós, pero tamén queremos arroxar á cara de todo o mundo as contradicións nas que se basea toda a sociedade, mesmo na cara de aquelxs que tratan de mirar a outro lado. Porque sabemos que unha capa de pintura verde non abondará para limpar un mundo agora adicto á súa propia nocividade, porque permitirse a unhx mesmx ser envelenadx aos poucos é equivalente a morrer día tras día.

Deberíamos empezar cunha descripción técnica da nosa operación:

O veleno usado é Roundup de Monsanto, unha botella de líquido concentrado para 560 metros cadrados. O noso kit: Unha xiringa, un embudo, unha botella de auga de 1.5 litros, unhas pinzas, un desaparafusador, un pincel de punta fina e pegamento. Os produtos envelenados: Galletas de soia Misura, salsa de soia Suzi Wan, salsa de soia Kikkoman, salsa de soia Save (nas versións “tradizoal” e “estilo xaponés”).

Obviamente tentamos dar aos madeiros investigando tan poucas pistas como sexa posible, o cal é o motivo polo que algunhas das fotos adxuntas foron retocadas (non somos fotógrafxs profesionais e tivemos que suplir unha falta de coñecemento técnico así como distraccións durante “a pose”). Os códigos dos lotes e dos produtos foron cubertos ou borrados para previr que os lotes obxectivo sexan retirados deixando os demais á venda.

Empezamos engadindo unha inxección de Roundup á botella de auga, pero como dixemos esta é só a solución en etapa temprana. Tivemos coidado de evitar calquera posible dano ao envase do produto e atopamos unha maneira perfecta de violar a súa falsa seguridade alimentaria para cada un deles. Tomamos unha xiringa chea de salsa de todas as salsas e no seu lugar engadimos unha inxección da solución. Mentres que para as galletas inxectamos unha xiringa de solución de Roundup dentro da bolsa e sacudímola. As pinzas de pestanas axudáronnos a abrir ambos os tipos de salsa Save. Inserimos un extremo dentro do dorso da apertura da tapa, entón un desaparafusador permitiunos quitar a tapa co seu selo intacto. Para pechalas de novo simplemente tivemos que presionar cara abaixo a tapa. Mentres para as salsas Kikkoman foi abondo desenroscar a tapa xunto co precinto de plástico, retirar o tapón antigoteo e facer o mesmo á inversa tras a substitución. O procedemento da salsa Suzi Wan foi tamén bastante simple. Tirando con forza do tapón xunto cos selos e presionando todo cara abaixo para refacer o envase foi rápido e limpo. Mentres para as galletas Misura, empezamos no fondo do paquete abrindo un pouco o selo quentado, xusto o suficiente para pasar a nosa agulla, logo pechámolas de novo co pincel e o pegamento.

Feito isto, xs primeirxs mensaxeirxs reabasteceron os supermercados para esta proba inicial.

A elección de protagonistas para a nosa acción foi toda moi fácil. Varios sectores tecnolóxicos estenden os seus intereses á industria alimentaria co fin de incorporala. As mesmas compañías que invisten en investigación tecnolóxica e pretenden pasar os Organismos Modificados Xeneticamente (OMG) no mundo están á vangarda do sector dos pesticidas químicos, tamén converténdose en propietarixs de sementes e cultivos. De feito, as patentes permiten os dereitos de autor sobre calquera cousa.

Monsanto ten un papel crucial neste campo. Nada a principios do ano 1900, tivo un impacto inmediato no sector químico durante a Segunda Guerra Mundial grazas a un aumento no uso de DDT, o cal foi asperxido sobre poboacións enteiras e vendido como a panacea, ocultando a súa toxicidade real. Desde entón embarcouse nunha longa traxectoria de intriga política, imposicións e coerción a través da cal se converteu nun dos maiores xigantes económicos do mundo, ata o punto de que atraeu a atención doutro xigante, Bayer, que están a negociar unha fusión precisamente nestes momentos. O imperio de Monsanto abarca desde os químicos á agricultura, pasando pola enxeñería xenética. Foi responsable da difusión do Axente Laranxa (100% dioxina) en Vietnam, o encubrimento de datos toxicolóxicos concernentes ás súas patentes PCB, investigacións no campo nuclear, ata o noso tempo. Primeiro na liña na carreira pola apropiación de todo dereito sobre o existente, foi rápido en tomar interese en igualar os OMG cos cultivos normais.

Grazas a esta sorte de “equivalencia en sustancia” introducida en 1990 nos EE.UU. por un dos seus futuros directores infiltrado a través das axencias de cans gardiáns, conseguiu evitar os exames e obter o visto e prace en relación ás súas novas creacións. Despois de comerciar cunha ampla gama de herbicidas, a través da enxeñería xenética conseguiu obter patentes en moitas plantas xenéticamente modificadas que fosen resistentes aos seus propios herbicidas ou que mesmo fosen capaces de desenvolver os herbicidas dentro delas mesmas. É aquí, neste facer artificiais todos os aspectos das nosas vidas e crer que as súas accións sen escrúpulos atoparanse con vil resignación, que o noso círculo péchase. Roundup é o herbicida máis amplamente usado no mundo. O seu compoñente activo é glifosato, un herbicida que pode agora ser atopado na maioría da auga subterránea. Relaciónase con varios tipos de cancro, condicións do ril, Parkinson e Alzheimer polos propios ostentadores da verdade científica. A Monsanto concedéuselle unha patente para o Roundup en 2002 desde a cal seguiu unha serie de cultivos transxénicos resistentes ao herbicida sendo introducidos no mercado.

Entre eles a soia Roundup Ready (prácticamente a especie máis cultivada no mundo) escravizou a miles de agricultores a esta multinacional mentres ellxs están a ser obrigadxs a pagar dereitos de concesión para poder plantar. A “revolución verde”, como foi chamada a gran operación de estender os OMG a través do mundo dirixida pola “humanitaria” Rockefeller Foundation, foi posible grazas a fondos destinados axs agricultorxs en dificultades, e á dependencia destxs últimxs aos “patróns das sementes”. Mentres os litros deste pesticida que son asperxidos sobre as plantacións de soia por todo o mundo corren por millóns, unha xiringa máis é unha pinga no océano.

Mentres a Unión Europea segue suspendendo o xuízo sobre os efectos canceríxenos do glifosato, nós estamos a lanzar o problema de novo á palestra.

AXS CÓMPLICES, AXS INSURXENTES

Estabamos cansxs de pensamentos de liberdade atrofiados polo realismo político dos teóricos da revolución non aquí, non agora, e de accións lisiadas carentes de continuidade, efectividade e claridade comunicativa, así que decidimos tomar un punto de inflexión nas nosas vidas e proxectualidades con esta primeira contribución á loita contra a nocividade da civilización e contra o desenvolvemento das estratexias económicas do dominio, nunha crave eco-sustentable. O noso punto de inflexión chegou co tipo de acción que eliximos. A unha forma de ataque xa consolidada, sempre e de calquera modo incisiva, engadímoslle un novo veleno á mercadoría do inimigo, pinga a pinga. Un goteo de veleno que destaca e loita contra o envelenamento global diario que a sociedade hipertecnolóxica, consumista, alienada e alienante está a impoñer.

Esta administración homeopática dos seus velenos está a mostrar a realidade diaria do autoenvenenamiento que a civilización industrial está inflixindo en corpos e mentes.

O punto de inflexión foi tamén a decisión de entrar nos mares do debate que estivo rebotando dun lado do planeta ao outro grazas ás accións que, desde ese tan afastado 2003, foron levadas a cabo por varixs e diferentes individuxs e grupos que se adhiren á Federación Anarquista Informal e á súa extensión maior a Fronte Revolucionaria Internacional, mentres continúan dando vida e estimulando perspectivas para o binomio pensamento-acción que está na raíz da anarquía. A través dos anos lemos o diálogo que foi establecido a través das accións e reivindicacións: alternan contribucións críticas e métodos básicos con eslóganes e coleccións de saúdos a miúdo con reducións simplistas das problemáticas. Imos tentar diseccionar algúns dos problemas e desfacer uns poucos nós básicos, que para nós son fontes de discusións útiles.

– A combinación legal-ilegal está creada polo poder ata o punto que quere levantar a medida da súa tolerancia, baseada nas presións sociais e as tensións e desde a súa propia avaliación dos riscos (vemos por exemplo a evolución da chamada lexislación antiterrorista, da represión nas rúas etc). A legalidade e a recuperación van da man, así é que favorecemos certas prácticas non en canto a que son ilegais senón na medida en que son máis eficaces. Simplemente decatámonos de que se temos que enfrontar un problema dun modo incisivo e resolutivo, a solución naturalmente remata en ilegalidade dado que os instrumentos legais que se nos “ofrecen” (contrainformación, aumentar a conciencia social dun problema, manifestacións e protestas) non nos satisfán, nin nos interesan.

– Somos rebeldes, insurxentes, non insurrecionalistas. Rebelámonos cada día, limando as nosas propias cadeas individuais. Non temos masas para educar para fomentar a “insurreción que vén”. Non estamos a preparar ningún terreo tentando “unir o movemento específico e a xente, a guerrilla e as perspectivas insurrecionales”. Non estamos a buscar roles de líderes ou vangardas, presentes ou futuros. Despois de todo, xs líderes revolucionarixs de hoxe serán os que aforquen axs rebeldes de mañá tan pronto como poñan os seus cús nun banco. Por iso odiamos a política, que a través da mediación gangrena o fluxo dialéctico libre entre pensamento e acción. Non temos nin o tempo nin o desexo de construír un proceso revolucionario a longo prazo. Non é o sol do futuro o que nos cega senón o lóstrego no ceo despexado dun acto de revolta, escollido, meditado, planeado e sobre todo urxentemente necesario contra o sempre cada vez máis rápido avance da maquinaria da dominación.

– Adherímonos á Federación Anarquista Informal en continuidade crítica, críticamente porque non comprendemos o risco de transformar unha rede libre – no tempo e no espazo – nunha plataforma. Propoñer unha “plataforma informal de acción anarquista polimórfica” con estruturas e infraestruturas significa engaiolar á besta que debe pola súa propia natureza permanecer salvaxe. A acción é multiforme, polifacética e iridiscente como a vida, pero a multiformidade non pode converterse nun eslógan fácil para ocultar os defectos da acción en si mesma como un banco de néboa. Estamos nas rúas, en librerías anarquistas, en eventos, concertos, nas okupas cada día; pero se tivésemos que relacionar todo isto co ataque real ao poder que sentimos que é urxente e necesario, estariámonos a enganar a nós mesmxs. Significaría nivelar a anarquía e elevar o que é, ou o que neste punto debería ser, a “vida diaria” anarquista como fin último.

– Non queremos substituír as carencias prácticas organizativas de individuxs simples con “estruturas” ou peor aínda con “infraestruturas”; A mera unión non fai a forza, é bastante ao revés, as estruturas esclerotizan a acción. Cremos que segue sendo válida a vella hipótese dunha rede de compañeirxs que, sen coñecerse, dialogan a través das accións, como propón o primeiro texto que lanzou a proxectualidade informal: crecemento técnico/teórico/práctico a través do desenvolvemento das accións. “Conciliar a organización e o debate teórico/práctico co anonimato de grupos/individuxs simples é posible por medio dun diálogo difuso a través das accións, o cal, ademais de dar o seu discurso destrutivo específico, tamén leva outras mensaxes (a través dos métodos e medios adoptados, o obxectivo é a comunicación) independentemente do dano material”.

– Espontaneísmo non é sinónimo de informalidade e menos aínda a informalidade significa desorganización e superficialidade. As accións son planeadas espontaneamente desde a idea dunha ou máis mentes insurxentes, consolídanse a través da crítica e a análise e avanzan para resolver os problemas tácticos e loxísticos, para logo florecer como flores venenosas nos campos da sociedade dormente. Informalidade non significa encontro con “outros grupos de afinidade política” para coordinar as loitas, senón que a informalidade é o antídoto da delegación política. É o método que fai as relacións entre individuxs mellores cualitativamente, evitando entrelazar relacións “políticas” polo pracer do crecemento cuantitativo. A informalidade é aberta pero non transversal.

– Adherímonos ao Fronte Revolucionario Internacional en crítica e continuidade. En crítica porque non somos unha “organización armada” nin queremos converternos nunha; nin sentimos a necesidade de sinalar en relación ás críticas reformistas e de desarmamento da corrente principal. Pola contra, estamos orgullosxs de ser parte da fronte caótica de compañeirxs en guerra coa sociedade, cara a cara co inimigo, armas en man. Volvendo ao texto desde o cal naceu a Federación Anarquista Informal: “Por outra banda quen é parte da Federación Anarquista Informal é unhx militante da mesma en todos os sentidos só no momento específico da acción e da súa preparación; non inviste toda a vida e a proxectualidade dxs compañeirxs, o cal conduce a poñer calquera especialismo da loita armada fóra do camiño dunha vez por todas”.

– Somos individualistas, non coletivistas. A unidade na base da nosa acción é individual. Creamos asociacións libres e inestables de individuxs para facer a acción máis efectiva. As reivindicacións da loita colectiva conducen a delegar, semente de políticxs, e ao reformismo. As organizacións estables de síntese cristalizan o colector en lugar de fortalecer os contidos: dan axs políticxs profesionais un trampolín e axs perezosxs unha alternativa e o escudo das cifras (mesmo se son pequenas).

– Non subestimamos a importancia fundamental do diálogo entre compañeirxs, estean dentro ou fóra da prisión; por esta razón estamos agradecidxs polos escritos dxs compañerxs en prisión (Nikos Romanós, Alfredo Cospito, Nicola Gai, xs compañeirxs presxs da CCF…) polos estímulos que ofreceron aos nosos cerebros e prácticas, e polas reivindicacións escritas dxs compañeirxs que se adhiren á Federación Anarquista Informal (CCF – Célula de Guerrilla Urbana, Grupo Kapibara, Comité de pirotecnia por un ano extraordinario…), os cales aínda que diferentes e a miúdo contraditorios axudáronnos a disolver dúbidas e empuxáronnos a concretar as nosas accións.

O gran desafío nestes tempos é á vez tolo e necesario.
Tolo é que espallados puñados de soñadores estén a intentar combater ao dominio, necesario é que o fagan.

Célula Danaus Plexippus
FEDERACIÓN ANARQUISTA INFORMAL
FRONTE REVOLUCIONARIO INTERNACIONAL

Primeira semana de xuño de 2016
Ata a próxima…

3-544x802 4-544x769 5-544x732 6-544x389

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: