Un día coma hoxe… Sobre o asasinato do compañeiro Valentín González Ramírez (25 de xuño de 1979)

1A miúdo, cando dicimos fóra dos nosos “ambientes” que a policía asasina somos tomadas por tolas esaxeradas, e atopámonos con xente que nos replica que iso de que a policía asasina manifestantes ou persoas envoltas en loitas sociais (alén doutras persoas detidas por delitos comúns e mortas baixo custodia polas malleiras ou pola desatención médica, por exemplo) é “cousa do pasado”, dos tempos da ditadura. Sen embargo, o listado das compañeiras e compañeiros, e das traballadoras e traballadores, que foron asasinadas nas mans dos corpos de “seguridade” do Estado español dende a fin da ditadura e o comezo da Democracia é ben longo. Por desgraza, moitos deses nomes ficaron perdidos no esquecemento, sucumbindo ao exercizo de amnesia colectiva que o Estado e o Capital realizaron coa complicidade absoluta de sindicatos e outras organizacións vendidas. Xa sabemos que sempre queda moi ben (mesmo se tes un partido político e queres gañar puntiños de “progre”) facer actos e homenaxes polas mártires do franquismo e falar das loitadoras fusiladas ou das que coñeceron o garrote vil, pero xa non é tan plausible lembrar a aquelas que morreron asasinadas pola impecable e sacrosanta Democracia.

Por iso recollo de Instinto Salvaje, traduzco e difundo esta nota lembrando a Valentín González, anarquista asasinado pola policía durante unha folga de traballadoras do Mercado de abastos de Valencia no verán de 1979. Fai uns días cumpríanse 37 anos dende o seu asasinato, nunha tráxica xornada de folga o 25 de xuño de 1979.

Feitos coma o asasinato de Valentín ou doutras tantas compañeiras e compañeiros lémbrannos que o Estado e o Capital non están xogando, e que cando perciben unha ameaza real aos seus intereses reaccionan apertando o gatillo. Nada que non soubésemos, por outra banda, pero que nunca está de máis lembrar, nestes tempos de apaciguamento cidadanista, veneración da Democracia e culto ás novas figuras da esquerda socialdemócrata e burguesa.

Por unha memoria viva e combativa e porque silencio e esquecemento son os lubricantes que fan xirar as engrenaxes da Democracia.

Introdución anterior e tradución da nota a continuación por Disnomia para Abordaxe.

Nun día coma hoxe [por anteonte], 27 de xuño, realizouse o funeral do anarquista Valentín González Ramírez, quen foi asasinado pola policía española, o 25 de xuño de 1979.

Valentín González Ramírez era un mozo anarcosindicalista de 20 anos, quen participaba o 25 de xuño da folga das traballadoras do mercado de abastos de Valencia, a cal foi duramente reprimida. Nesta protesta das traballadoras atopábase o seu pai, quen estaba sendo duramente golpeado. Fronte a esta feito o compañeiro lánzase a protexelo tendo coma resposta inmediata un disparo a queimarroupa dunha pelota de goma directa ao peito, a cal reventoulle o corazón de xeito inmediato. Non bastándose con aquilo, a policía continuou o seu ataque con golpes de porra, puñadas e patadas a Valentín.

Durante o funeral asistiron arredor de 300.000 persoas para despedirse do compañeíro, tamén se produciron diferentes manifestacións de protesta en todo o Estado español; en Murcia a represión será feroz con máis de vinte detidas.

A morte do anarquista Valentín ficará impune…

SEN MEMORIA A CHAMA DA INSURRECIÓN NON ARDERÁ

Manifestación polas ruas de Valencia en memoria do compañeiro

5

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: