[Pontevedra] Folga de fame no cárcere da Lama contra os abusos dos carcereiros

Fonte:  Tokata 

Un compañeiro avísanos de que Ruyman Armas Santana, preso canario no cárcere da Lama (Pontevedra), que xa se coseu a boca en setembro do ano pasado en Monterroso para protestar polos abusos dos carcereiros, iniciou unha folga de fame denunciando a desatención sanitaria, os malos tratos continuos, os cacheos arbitrarios, as condicións infrahumanas do módulo de illamento, etc. Desde que está na Lama (20-I-2016) denunciou ao equipo técnico, aos servizos sanitarios e a varios carceleros por malos tratos e ameazas. A continuación unha carta do compañeiro:

A Lama, 23 -V-2016

Ola, chámome Ruymán, son das Palmas. Veño interpoñer un comunicado do abuso que cometeron comigo no centro penal de Monterroso, no módulo C 10, o día 31-12-15. Viñeron un xefe de servizo chamado don Julio e dous funcionarios, todos bébedos, e pegáronme unha malleira. Eu tamén lles peguei para defenderme destes borrachos e torturadores. Tivéronme seis días amarrado na cama. Durante estes días que eu estaba atado pegábanme cabotazos e alí estiven en illamento do día 31 ata o 20-01-15, que me trouxeron á lama, e, a verdade, aquí hai dous carcereiros, Francisco e Antonio, que estanme a putear, provocándome. Estes carcereiros están expedientados, teñen moitas denuncias. Eu denuncieinos ao Xulgado de Garda e á Audiendia de Pontevendra, igual que á subdirección de seguridade, porque están a permitir moitísimos abusos, cousa que nunca sae á luz. Estes carcereiros ameazáronme con que me levarían á cuarta galería e pegaríanme unha gran malleira ata matarme e din que despois me poñerán unha xiringa no brazo para que o médico forense diga que morrín de sobredose, que o médico forense nunca vai en contra do cárcere. Eu xa estiven varias veces en folga de fame e sede. A verdade, nestes 16 anos que levo preso sufrín moita tortura. Antes escribíame coa revista A Golpes, cando eu estaba en Porto I no 2001, tiña 21 aniños, hoxe teño 35, son antisistema, anarquista. Teño Hepatite C, estou a esperar para coller Sovaldi e teño unha minusvalía do 84%, física e sensorial. Gustaríame restar en contacto convosco e que me mandedes comunicados para reivindicar con todos os presos anarquistas e estar unidos. Espero dita contestación de vós.

Despídome, ata o próximo comunicado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: