Nahuel detén a folga de fame.

IMG-20160624-WA0008-544x306Informábamos en Abordaxe fai só uns días de que o compañeiro Nahuel optara por iniciar unha folga de fame contra todas as arbitrariedades represivas que se están a levar a cabo contra él, a última das cales foi o seu traslado á prisión de Sevilla II (Morón de la Frontera) onde unha vez máis se lle nega o acceso a unha dieta vegana axeitada, vulnerando os seus dereitos coma preso. Agora vimos de saber por unha nota informativa enviada polas compas da Plataforma Nahuel Libertad que o compañeiro decidiu deter xa a folga de fame, tras obter supostas garantías de que recibirá a atención médica que estaba solicitando sen éxito ata agora. Segue a continuación a nota informativa recibida.

Traducida por Disnomia para Abordaxe:

ÚLTIMA NOVA – NAHUEL DEIXA A MEDIDA DE LOITA

Desde Andalucía recibimos información dalgúns compañeiros de Nahuel que pudieron visitalo este último sábado.

NAHUEL deixou a folga de fame tras recibir a visita de avogados de Dereitos Humanos de Sevilla. O principal motivo desta folga era recibir a atención médica axeitada para a doenza abdominal que padecía dende fai tempo e que o equipo médico de prisión tentaba paliar só con analxésicos sen obter resultados positivos.

A fin da folga de fame produciuse tras o anuncio das medidas médicas necesarias para a saúde de Nahuel.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: