Liberdade para os compañeiros encerrados no Centro de Detención Administrativo de Niza

Contra todas as fronteiras! Liberdade para todas!

A policía francesa desaloxou a vella aduana do paso de Fanghetto (Alpes marítimos, fronteira italo-francesa na estrada Cuneo-Paso de Tenda-Ventimiglia). O edificio fora ocupado o sábado pasado durante unha xornada de mobilización contra as fronteiras, en solidariedade cos migrantes e contra as infraestruturas nocivas que agriden o Val Vermello, xusto onde está situada a liña de fronteiras internacionais. O sábado pasado, onde antes os uniformados controlaban o paso dunha de tantas fronteiras impostas para dividir á poboación e obstaculizar os desprazamentos, o edificio ocupado garantía a acollida, libre circulación e mobilización constante contra a fronteira e contra o proxecto co que queren alterar de maneira irremediable o territorio e a vida do val.

Durante o desaloxo os uniformados secuestraron nos galpóns das oficinas destinadas á identificación aos activistas que se atopaban no lugar: os que teñen documentación francesa soltáronos onte pola mañá, e dos 5 compas con documentación italiana, a 4 transferíronos ao Centro de Detención Administrativo (o equivalente francés ao CIE) de Niza, mentres unha compañeira foi expulsada inmediatamente.

Unha demostración inédita e indiscutible que evidencia que a criminalización dos migrantes e os campos de concentración da democracia occidental non afectan únicamente a quen foxe da miseria dos outros continentes, pois son un instrumento do Poder para facer fronte e combater con todos os medios. Estamos seguros de que os compas agora no CIE francés saberán demostrar ben á autoridade que lles ten recluídos como pode ser de forte e determinante a solidariedade entre explotados e rebeldes, de calquera lugar do mundo que proveñan, en calquera territorio.

Entre os compas “autóctonos” agora encerrados en Niza están André e Arturo, compañeiros de vida, rúa e loita aos que enviamos o abrazo da montaña rebelde onde viven e actúan, e onde só os uniformados e explotadores deben sentirse estranxeiros.

Relancemos con empeño a oposición ao desastre social e ambiental que o Estado e o Capital queren impoñer, difundamos iniciativas no territorio para que neste enésimo encontro a represión se atope cun muro de solidariedade!
As únicas cadeas que amamos son as montañosas!
Contra toda forma de represión, solidariedade internacionalista!
Rafael, Vincenzo, André, Arturo libres xa! Todas libres!
Alpes libres!

Casa AntiRepresiva dos Alpes Occidentais

O venres 24 ás 18:30 houbo unha concentración diante do Centro de Detención Administrativo de Niza . Foron moitas as persoas, enerxía e forza para transmitir aos compañeiros encerrados. Coros, cancións, percusións animaron as horas da concentración, e gracias á proximidade física os compañeiros puideron responder con berros e coros, sorrisos e saúdos detrás dos barrotes. Están ben, co ánimo alto ao sentir a proximidade e a complicidade de tantas.

Aos compas expúlsaselles de todo o territorio francés durante un ano.
Despois da concentración realizouse unha asemblea onde se decidiu continuar a presenza solidaria ata a súa posta en liberdade.

Traducido por B.Castróm para Abordaxe

Advertisements

Unha resposta to “Liberdade para os compañeiros encerrados no Centro de Detención Administrativo de Niza”

  1. […] de xuño, tras dúas audiencias nos tribunais, saíron en libedade Vicenzo, Andre, Arturo e Rafael (os 4 compas italianos encerrados no Centro de Detención Administrativo de Nice tras o desaloxo da v…) sen expulsión do territorio do Estado francés e sen condena nin medidas restrictivas. Un saúdo […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: