Urxente! O preso anarquista José Manuel Bustamante Vergara “Nahuel” entrou en folga de fame indefinida
Sigue a continuación o comunicado do compañeiro Nahuel declarándose en folga de fame. O compa iniciou a folga de fame o pasado mércores 21 esixindo a fin das arbitrariedades represivas na súa contra e a súa posta en liberdade inmediata.
Recibido por correo e traducido para Abordaxe por Disnomia.
—
Levo 232 días en prisión preventiva, en réxime FIES e illamento. Nestes sete meses estiven en catro centros penitenciarios, tres en Madrid e agora en Sevilla, a máis de cincocentos kilómetros da miña familia, amigxs, compañeirxs e do meu avogado. En varias ocasións desestimouse a miña posta en liberdade baixo fianza, aludindo a razóns coma risco de fuga ou falta de empleo. Nestes momentos a única explicación que atopo para que non se me conceda a liberdade provisional, se me traslade e afaste constantemente e se aplique con desidia e de xeito discontinuo o dereito recoñecido xudicialmente á dieta vegana é o racismo, debido á miña orixe peruana.
Esgotada a vía institucional para exercer os meus dereitos, decidín iniciar unha folga de fame indefinida.
Xuño 28, 2016 ás 2:51 am
[…] en Abordaxe fai só uns días de que o compañeiro Nahuel optara por iniciar unha folga de fame contra todas as […]