Represalias contra a compañeira detida o 13 de abril en Barcelona
A seguinte nota extraída de ContraMadriz que recollen de Indymedia Barcelona informa das represalias que sofreu estes últimos días a compa detida o 13 de abril en Barcelona, e que está presa no C.P. Soto del Real (Madrid) á espera de ser extraditada a Alemaña, acusada de ter participado nunha expropiación a un banco na cidade alemá de Aachen hai uns anos.
Tirado e traducido por Disnomia para Abordaxe.
Desde hai uns días, a compañeira anarquista encarcerada en Soto del Real desde o 13-A está a ser obxecto de diversos abusos por parte da dirección do centro. Alegando “motivos de seguridade” non só se lle denegou a posibilidade de manter unha comunicación cara a cara coa súa parella o día da súa boda*, senón que tamén se lle prohibiu toda comunicación telefónica con ela e con outra persoa máis. Ademais, o subdirector do centro impúxolle varias sancións disciplinarias por -segundo él- “incitar ao motín” ás outras presas, e outra máis como castigo por falar con outras tomadas durante a noite.
Entendemos que todos estes castigos son represalias pola actitude combativa e solidaria da compañeira, que a pesar da distancia e o illamento continuou determinada a participar nas loitas da rúa, enviando unha mensaxe de apoio ao Banc Expropiat de Gracia, e unha carta onde se reafirmaba nas súas conviccións e prácticas políticas de loita contra o Estado e o sistema capitalista.
Desde o punto de vista dxs que estamos na rúa, todos estes intentos por acalala e illala só poden reverter nunha multiplicación das mostras de solidariedade e os esforzos para difundir e facer correr estas palabras súas polas que a queren castigar aínda máis. Lembremos tamén que en breve acábase o prazo fixado para a súa estancia en Soto del Real e que se espera que a súa extradición ao Estado alemán sexa o día 30 de xuño.
¡Non permitamos que acalen a voz das loitadoras presas!
¡Rompamos o cerco co que queren illar ás nosas compañeiras!
¡ Corre a voz – Sal á rúa – Participa das convocatorias – Actúa!
Xullo 9, 2016 ás 9:37 pm
[…] Segundo soubemos por dous correos reportados pola Axencia de Noticias Anarquistas (A.N.A.) que máis abaixo reproducimos, outra compañeira anarquista foi detida o pasado 6 de xullo en Amsterdam en virtude a unha euro-orde emitida por Alemaña e acusada de atracos bancarios na cidade de Aachen. A detención estaría relacionada coa de outra compañeira anarquista detida en Barcelona e recentemente extraditada a Alemaña da que xa informamos en varias ocasións neste medio contrainformativo (por exemplo -Aquí ou -Aquí) […]