“A vida en soidade. Illamento é tortura.”

Recollido da web do xornal anarquista madrileño Todo Por Hacer e traducido para Abordaxe por Disnomia:

celda_aislamiento7“Raquel pasou os seus últimos 6 meses de vida nunha cela de apenas 10 metros cadrados na que pasaba non menos de 21 horas diarias completamente soa. As tres horas restantes repartíaas entre a ducha e as horas de patio. Chámanlle patio a un espazo duns 15 ou 20 metros cadrados de cemento onde o único que podía facer era tomar un pouco o aire libre e falar con outra persoa coa que compartía o espazo. En realidade, máis que un patio, estariamos ante unha cela ao aire libre. Non tiña actividades, non tiña máis nada que facer que esperar que pasase o tempo. E así, un día tras outro?.”

Así comeza un artigo escrito polo avogado Andrés García Berrio titulado “21 horas ao día nunha cela?”, publicado en ElDiario.es.

Este é o día a día das miles de persoas presas que se atopan clasificadas en primeiro grao penal. Nunha carta escrita á súa parella o 24 de decembro de 2014, Raquel escribiu “Foder! Que fago? Estálame o cerebro de tanto ler. Levo 12 días sen saír ao patio. Teño febre, a ver se me traen os antibióticos. Necesito respirar, moverme, facer ximnasia. Estou a volverme tola, non podo máis”. Catro meses despois, o 11 de abril de 2015, suicidouse deixando unha carta póstuma dirixida ao Xulgado de Vixilancia Penal na que denunciaba unha situación continuada de malos tratos.

O illamento penal como castigo

Hai dúas razóns polas que unha persoa pode atoparse en situación de illamento no Estado español: (1) pola imposición dalgunha sanción (ao cometer algunha infracción recollida no Regulamento Penal) ou (2) ao atoparse clasificada en primeiro grao.

No primeiro caso, o castigo das persoas sancionadas poderá durar ata 42 días nos que permanecerán privadas de case calquera contacto humano, a pesar de que diversos organismos internacionais recomendan non impoñer castigos superiores a 14 días por consideralos uns malos tratos inxustificados.

“Dita sanción debería impoñerse só en casos excepcionais, como último recurso e durante o menor prazo de tempo posible. […] un período de 42 días consecutivos en réxime de illamento constitúe un castigo absolutamente excesivo. O Comité recomenda a adopción inmediata de medidas para garantir que ningún recluso sexa posto en réxime de illamento durante máis de 14 días. No caso de […] comisión de dúas ou máis infraccións, debería preverse a interrupción do illamento durante certo tempo ao cumprirse os 14 días.”

  • Comité Europeo para a Prevención da Tortura (CPT), tras unha visita a España en 2011

Nalgúns casos mesmo poden verse sometidas a contencións mecánicas, atadas ou encadeadas á parede, con todo o que iso leva.

O illamento penal como parte do tratamento penal

O segundo caso de persoas sometidas a illamento, estao por ser clasificada en primeiro grao. Para elas non existe un límite temporal e o illamento pode chegar a aplicase durante toda a condena, con independencia do que dure. Este réxime aplícase a (1) presos/as especialmente conflitivos ou perigosos, ou a (2) presos/as “socialmente inadaptados/as” para a vida nun módulo normal.

No primeiro grupo, o dos/as presos/as conflitivos/as, adoitamos atopar a aqueles/as rebeldes, quen organizou motíns, quen contesta aos/ás funcionarios/as, etc. As súas historias lémolas en ensaios como “Cárceles en Llamas” de César Lorenzo ou “Foxe, home, foxe”, as memorias do preso Xosé Tarrío (descargable en www.rebelion.org/docs/127675.pdf). Tamén se atopan clasificados/as en primeiro grao presos/as que non tiveron ningún comportamento considerado conflitivo por Institucións Penais. Algunhas persoas son derivadas a illamento desde o primeiro día en prisión por virtude do tipo de delito polo que se lles condenou. Unha pista: se os feitos tiñan algunha motivación política, o máis seguro é o ingreso directo en réxime de illamento. Este é o caso de Alfon, dos titiriteros, dos/as anarquistas detidos que ingresaron en prisión preventiva polas operacións Piñata e Pandora, ou o caso de Nahuel, etc.

Doutra banda, no segundo grupo, atópase o grupo dos/as presos/as inadaptados/as. Coma se dun caixón de xastre tratásese, esta vía utilízase para aplicar o illamento á poboación penal máis vulnerable e excluída. A Institución, lonxe de prover a axuda que necesitan aplica este réxime a quen presenta problemas de saúde mental, trastornos, adiccións e outras situacións similares.

“Tiña a mirada baleira. Nos seus ollos adiviñábase un principio de tolemia, un alleamento progresivo que danaba o conxunto da súa personalidade seriamente. Estaban a convertelo nun refugallo humano a base de inxeccións e sesións continuadas de illamento. Aquel home necesitaba axuda, compañía; non cadeas e soidade”

  • Xosé Tarrío.

A vida en illamento

“A xanela fora tapada por fóra cunha chapa metálica para impedir que os presos puidésemos ver o campo ou o mar. A cama era metálica e achábase suxeita ao chan. Unha lámpada, un lavabo e un servizo a rentes do chan concluían o conxunto de elementos dos que se achaba provista a cela”

  • Xosé Tarrío.

Imaxina pasar 21 ou 22 horas ao día nunha cela dotada exclusivamente dunha cama, un lavabo e unha lámpada. Nada máis. O único que podes facer é ler. E só se tes a sorte de contar cun grupo de xente apoiándoche desde o exterior que che fará chegar paquetes de libros e revistas cada 15 días. Tamén con sorte e diñeiro, podes ver a tele. Terás que pagar 300 euros por unha das que venden no economato da prisión.

Podes baixar ao patio dúas ou tres horas ao día acompañado/a dunha única persoa. Esa persoa tamén está en illamento e probablemente non a coñeces de nada. Máis vale que che caia ben, porque será a persoa máis próxima a ti de agora en diante. Se tes boa fortuna, no patio de diminutas dimensións terán un balón co que xogar. Un par de horas despois, volves á cela para ver o Sálvame ou Homes, Mulleres e Viceversa. E así todos os días durante semanas, meses ou anos.

As consecuencias do illamento sobre as persoas

“O réxime de illamento pode repercutir moi negativamente na saúde mental, física e no benestar social dos afectados pola medida”

  • O CPT tras a súa visita a España en 2011.

A experiencia do cárcere como institución total non deixa indiferente a ninguén. O tipo de socialización dentro do cárcere é contraria á esperada rehabilitación que prevé o sistema legal. Entre os distintos efectos adversos para o individuo que teñen lugar nunha institución total como a prisión inclúense a deshumanización, desculturación, manipulación do “eu”, alta tensión psíquica, estado de dependencia e estigmatización, entre outras. Moitas destas consecuencias son inherentes á propia arquitectura carcelaria. Os materiais que a configuran -comportas, corredores, fechaduras, xanelas, etc.- tensionan a estancia, incrementan a sensación de illamento e reclusión e dispoñen o contexto para facilitar o exercicio do poder sobre a persoa recluída.

Podemos enumerar as consecuencias físicas ou fisiolóxicas do illamento: problemas gastrointestinais, cardiovasculares, xenito-urinais, hemicrania e fatiga profunda, nos que se constatan síntomas como palpitacións, transpiración excesiva súbita, insomnio, dores dorsais e articulares, deterioración da vista, falta de apetito, perda de peso e diarrea, letarxia e debilidade, tremores, sensación de frío e agravación dos problemas de saúde preexistentes.

Pola súa banda, as consecuencias psicolóxicas cuxos síntomas se comprobaron poden manifestarse de forma gradual ata as agudas ou crónicas. As categorías coñecidas son as seguintes: (1) angustia: desde a sensación de tensión ata crise de pánico (irritabilidade, medo a unha morte inminente); (2) depresión: desde un baixo estado anímico ata a depresión clínica (perda de reactividad emocional, sentimento de impotencia, pérdida do desexo de vivir); (3) cólera: desde a ira ata rabia profunda (hostilidade, imposibilidade de conter os impulsos, acceso de violencia física e verbal en contra dun mesmo, do outro ou de obxectos, rabia non contida); (4) problemas cognitivos: desde falta de concentración a estados de confusión alta (perda de memoria, confusión e desorientación); (5) distorsións da percepción: desde hipersensibilidade ata alucinacións; (6) paranoia e psicose: desde pensamentos obsesivos a psicoses caracterizadas; e (7), por último e máis terrible, automutilación e suicidio.

“Están a violarche toda a túa vida, cando che están dando a túa dignidade está tocada; cando se alongan os illamentos, o medo, a morte e páraste a pensar na dignidade…”

  • Testemuño desde prisión.

Por último, cabería falar do illamento social propio da mera estancia en prisión.  O cárcere pode provocar alteracións negativas na persoa, sobre todo en situacións de abuso e malos tratos. Estas situacións afectan tanto á persoa recluída como aos seus familiares e contorna, porque para poder sobrevivir a este sistema, resulta determinante adaptarse ao novo medio e as súas normas de conduta.

Non adaptarse supón perpetuar unha percepción da prisión como unha contorna ameazante, coercitiva e, en moitos casos, destrutiva. A prisión esixe unhas consistencias comportamentales (cultura carcelaria), é dicir, adecuarse á súa anormalidade. Pero adaptarse á prisión pode supoñer a inadaptación social. Adecuarse á vida en prisión dificulta o regreso a unha vida normalizada en sociedade. E se isto é ao que se enfrontan quen cumpre condena en réxime ordinario, resulta inconmensurable o esforzo que deberán realizar quen pasou anos nunha vida de soidade en réxime de illamento.

“Ata que non pasas tempo con máis xente, os primeiros días estás distante con todo o mundo. Son moitos períodos, estás reservado. Illarche é consecuencia do propio illamento.”

  • Testemuño desde prisión.

Campañas contra o illamento

cela de illamento yankiNos últimos tempos o discurso en torno ao illamento colle forza. Superamos o escurantismo e a opacidade dos anos anteriores. O xornal británico The Guardian iniciou unha campaña internacional contra o illamento en EEUU cun simulador virtual dunha minúscula cela. “Esta é a túa cela. Poderás soportalo?”, reza o título. E informaba de que o país americano mantén a máis de 80.000 persoas sometidas a illamento e sobre as consecuencias psicolóxicas do mesmo.

No Estado español, a Coordinadora para a Prevención e Denuncia da Tortura (CPDT) e a Asociación Libre de Avogadas e Avogados (ALA) organizaban o pasado mes de abril as V Xornadas  de Formación na denuncia da tortura e malos tratos: “Prisión como trato inhumano” nas que informaban non só dos efectos irreversibles do illamento na saúde das persoas, senón na esencial semellanza do illamento co concepto de tortura. Ambas as organizacións teñen habilitado unha quenda de profesionais dedicado á atención de denuncias de tortura no estado (www.ala.org.es/denuncia-torturas).PORTADA-INFORME-cast-web-212x300

Tamén a finais de abril, a Coordinadora Catalá para a Prevención da Tortura presentaba publicamente o seu informe sobre O illamento penal en Catalunya desde unha mirada de defensa dos dereitos humanos. O documento foi reseñado en varios medios de comunicación de masas, revelando un interese crecente por este réxime de castigo inhumano.

Torturas en prisión

Aínda que por todo o que explicamos neste artigo consideramos que quedou moi claro que o illamento en si mesmo é unha tortura, non debemos esquecer que as malleiras e todo tipo de malos tratos poden suceder con impunidade nestas celas apartadas das miradas de testemuñas.

Se coñeces a alguén que sufrise algún tipo de malos tratos en prisión chama ao teléfono 605329223 para recibir asesoría xurídica gratuíta.

giphy

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: