Sur negro / Sen fronteiras: estrea de nova serie web antiautoritaria / primeira tempada: As loitas sociais nos EEUU

«Sen Fronteiras, a loita social a través do mundo» (No Borders, the social struggles across the world) é o nome dunha serie web que dá a coñecer experiencias de organización social e resistencia anticapitalista, cun foco especial nas prácticas antiautoritarias ao interior dos movementos sociais, en distintos territorios do mundo.

A primeira tempada desta serie contou coa colaboración de Anarchistisches Radio Berlin (Radio Anarquista de Berlín, parte da Federación de Anarquistas de fala Alemá, FDA / Internacional de Federacións Anarquistas, IFA), de grupos locais da Federación Anarquista Rosa Negra (EEUU) e de Casa Volnitza (Centro Social Anarquista en Santiago de Chile). Foi gravada durante o ano 2015 en 12 cidades de EEUU e está composta de 11 capítulos de 30 minutos cada un, que conteñen seccións con entrevistas a diferentes individualidades e organizacións sociais e políticas que expoñen as súas prácticas e dannos unha referencia detallada sobre os contextos no que se sitúan as loitas sociais nos distintos estados visitados. Ademais, cada capítulo contén unha sección musical protagonizada por artistas involucradas/vos nas loitas de cada cidade.

Sen Fronteiras|No Borders é un proxecto do colectivo de vídeo Sur Negro Comunicacións e conta cunha ampla rede de persoas de distintas rexións do planeta en diferentes áreas de coñecemento e con diversas habilidades. O equipo de tradución e interpretación é de vital importancia para que este proxecto traspase fronteiras e teña un alcance planetario ao futuro, por iso sempre serán benvidas e benvidos novas/vos colaboradores. Os episodios están dispoñibles en inglés e castelán por agora. Os subtítulos están tamén dispoñibles nestas dúas linguas.

Todos os episodios da primeira tempada atoparanse no sitio web do proxecto. De momento xa está dispoñible o primeiro episodio sobre as loitas sociais en Nova York.

Queres colaborar?

Como calquera proxecto comunicacional e de propaganda, Sur Negro require de recursos económicos para facer crecer e consolidar no tempo esta plataforma internacional de comunicacións. Grazas ao apoio monetario de compañeiras e compañeiros de organizacións afíns, e a axuda comprometida dunha ampla rede de colaboradores, foi posible levar adiante a etapa de rodaxe de sériea web en Estados Unidos.

Con todo, aínda hai que cubrir custos. Isto contempla o retorno dos préstamos cedidos, os custos actuais de produción, as contas en servidores, as compras de equipos e a estratexia de difusión internacional. A suma total está ao redor de US$ 15.000. É por iso que se require a axuda de todas as persoas que crean na necesidade de potenciar os proxectos comunicacionales que fortalecen as nosas loitas en todo o mundo.

Ti podes axudar a financiar as próximas entregas de Sen Fronteiras: coa túa achega non só apoiarás a primeira tempada da serie, tamén permitirás a realización noutras rexións do mundo.

DOAR AQUÍ

Se non podes colaborar economicamente, podes facelo con algunha das túas habilidades ou na área do coñecemento que máis che acomode. Este é un chamado aberto a contribuír na campaña de apoio ao desenvolvemento de serie web «Sen Fronteiras» especialmente:

* Tradutores e intérpretes
* Ilustradores, deseñadores, músicos, xornalistas ou calquera persoa con experiencia en comunicacións ou áreas do coñecemento relacionadas
* Crear campañas de difusión ou estratexias comunicacionales para rexións específicas
* Impresións e suxestións directamente a: contacto@surnegro.tv

Máis informacións tamén na páxina de Facebook do proxecto.

Fonte: http://aradio.blogsport.de/2016/06/16/sur-negro-sin-fronteras-estreno-de-nueva-serie-web-antiautoritaria-primera-temporada-las-luchas-sociales-en-los-eeuu/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: