Gabriel Pombo Da Silva sae de prisión. Comunicado do compañeiro.

Querid@s compañeir@s;

Finalmente, despois de moitos logos e diretes por parte das institucións carcerárias e de interior, víronse na obriga de cumprir as súas propias leis, que por outra parte, sempre incumpren, e aquí estou finalmente libre, redactando éstas primeiras palabras de gratitude e amor a todos e todas @s que durante estes últimos 30 anos acompañástesme e reafirmástesme nas miñas propias crenzas anárquicas, levando a cabo valores e principios tan básicos do anarquismo como son o apoio mutuo e a solidariedade e que finalmente lograron arrincarme das garras da besta carcerária, a cal continuarei combatindo desde a rúa sen esquecerme, obviamente, do propio combate que se está librando fora, pois para min, básicamente non hai apenas diferencia entre un sistema e o outro.

Teño moi claro que, aínda dentro de todo isto, síntome bastante privilexiado por ter contado co apoio d@s compañeir@s pois son moit@s @s que non gozan desta posibilidade. Nos próximos días sacaremos máis comunicados entrando xa en materias máis específicas no que concerne ao noso movimento e as posibles estratexias que debemos desenvolver para sanear de todo institucionalismo e bon-rollismo o anarquismo revolucionario dos nos@s maiores. Quero que conste que xamáis esquecerei @s nos@s compañeir@s libertarios encarcerad@s no Estado español e no mundo, particularmente a Mónica, Francisco, Claudio e a última compañeira detida que próximamente será extraditada ao Estado alemán, deixando a moit@s sen nomear.

Queda moito por facer, cónstame, pero desde logo non será por gañas, ilusión e empeño. Nestes instantes non vou a referirme ás mesquindades postas en práctica pola administración carceraria para tratar de impedir a miña saída. Isto documentarémolo con papeis oficiais, nos que se denota, claramente, o burda e chafalleira que é a administración de xustiza deste país. Son libre e, segundo parece, en 45 días pretenderán querer encarcerarme de novo, soltarán de novo os seus galgos. Obviamente non entrarei voluntariamente nin participarei de ningún modo nalgún tipo de saída pactada ou negociada coa “chusma”, polo tanto, supoño que non me queda máis remedio que continuar como sempre loitando desde a sombra, apoiando aqueles procesos e proxectos antiautoritarios que considero necesarios impulsar, apoiar, con todos os medios ao meu alcance desde a clandestinidade que me impoñen.

Mencionar a todas as persoas e organizacións que durante todos estos anos me teñen apoiado sería imposible, porque son demasiadas. Soamente que se sepa que podedes contar comigo onte, hoxe e sempre polo anarquismo e a revolución social. Desde un lugar hoxe, fora dos muros, saúdos inmensos a tod@s @s meus irmás/ns en latinoamérica e no sul europeo, coa confianza de atopármonos neste traxecto e proxecto de emancipación que son as nosas vidas en loita.

Gabriel Pombo Da Silva

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: