[Compostela] Xornadas sobre o Kurdistán

13392098_1169687659756168_3126034601134401174_o

Según informa o CSOA Escarnio e maldizer:

Por unha banda, o Xoves 16 de Xuño Manuel Carvalho falará sobre “Porque nom caiu kobanê… nem o curdistam?”

Será un acto presentado polo filólogo galego e activista Sechu Sende no que Manuel N. Carvalho achegaranos ao conflito que se vive no Curdistán a través de diversos prismas, e as formas de resistencia que xurdiron no Curdistan.

Manuel Carvalho é un dos principais coñecedores da cuestión kurda en Galiza e é quen coordina o blogue e a comunidade social Curdistam

Blogue: http://curdistam.blogaliza.org/

FB: https://www.facebook.com/Curdistam-1517694191801860/?fref=ts

Ista palestra enmarcase dentro das “Xornadas da Resistencia e a Represión” organizadas por ECOAR))), que buscan analizar distintas problemáticas e situacións derivadas das novas liñas de construción neocolonial que leva consigo a globalización nos nosos días. A violación de dereitos humanos e a opresión de comunidades que se dá nos diferentes territorios acompáñase da construción dunha cultura e un discurso baseados na xenofobia e o racismo que implica que millóns de persoas sufran cada día, situacións de violencia contra a súa persoa.


As diferentes voces que compoñen a estrutura das xornadas pretenden achegarnos, ao tempo, diversos enfoques e solucións coas que se poden afrontar este tipo de situacións. A través da exposición de casos concretos veremos como se pode estruturar modelos de construción colectiva que permitan o exercicio, respecto e defensa dos dereitos tanto político-civís como económicos, sociais e culturais.

 

ECOAR))) é un espazo onde conflúen persoas e colectivos que busca converterse nunha ferramenta eficiente e eficaz para os movementos sociais e a cidadanía baseándose no anticapitalismo, antiglobalización, consumo responsable, defensa do público e dos dereitos humanos, ecoloxismo, interculturalismo, e a horizontalización da sociedade.
http://ecoarglobal.org/

Por outra banda:

O luns 20 ás 20:00h teremos a charla presentación da obra “Manifiesto por una sociedad democrática” de Abdullah Öcalan a cargo do tradutor ao castelán, Mahmut Colak Zerdesti, membro do congreso nacional kurdo. No primeiro volume desta obra investígase sobre as orixes das grandes estruturas opresivas (patriarcado, Estado e capitalismo) e qué mecanismos utilízanse para xustificalas.

Tamén intervirá un mebro o colectivo Rojava Azadî falando da situación actual no Kurdistán.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: