[Negueira de Muñiz] Recadación de fondos para escola alternativa

Chegounos ao correo unha petición dxs compañeirxs da escoliña de Vilar para promocionar a súa campaña de recadación de cartos para botar a andar este estupendo proxecto de aprendizaxe en liberdade. Como nada mellor que as súas propias palabras para ilustrar o asunto, aquí vai o correo que recibimos:

pippi[1]

Hola, boas!
Somos unha comunidade de veciñas e veciños de Negueira de Muñiz, en Lugo. Moramos a outra veira do embalse, popularmente coñecida como “a comuna”.
Nos últimos tempos a comunidade infantil medrou considerablemente e xurdíu a necesidade de crear un espazo seu, onde poder atopar as ferramentas necesarias para unha aprendizaxe en liberdade.
E niso estamos, metidxs de cheo nun proxecto educativo, comunitario e autoxestionado, para lograr rehabilitar o antigo edificio da escola de Vilar. Por iso lanzamos unha campaña de finanzamento colectivo na plataforma goteo.org.
Xa acadamos o mínimo para comezar as obras, pero a falta de 10 días para que remate a campaña, estamos moi lonxe de chegar ao óptimo, para facer un espazo confortable e pasar así á segunda parte do proxecto, o pedagóxico.
Precisamos axuda coa difusión para poder dar un último empurrón a esta campaña e é por iso que recurrimos a vós, para que nos axudedes a chegar a máis xente.
Adxunto os enlaces do noso bolgue e da páxina do pingueiro, e tamé o correo do proxecto, por se xurdira calquera dúbida ou suxerencia.

Gracias e saúdos!

escolinhadevilar@riseup.net
www.creando.noblogs.org
www.gl.goteo.org/project/escolina-de-vilar

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: