[A Coruña] Palestra feminista de Queer Avenger no C.S.A. A Comuna
O colectivo coruñés Queer Avengers falará nunha palestra sobre feminismo, educación e videoactivismo
O Centro Social Autoxestionado A Comuna acolle unha charla deste grupo local composto por xente nova que crean vídeos para difundir estes conceptos
A Coruña, 9 de Xuño de 2016 – Puntos de vista queer, feministas, igualitarios e libres son algunhas das claves dos vídeos do colectivo de youtubers e videoactivistas Queer Avengers. Este venres 10 de xuño visitarán o Centro Social Autoxestionado A Comuna (Verea do Polvorín, 35) para falar da súa experiencia baixo o titulo Feminismo, Educación e Videoactivismo que comezará a partires das 20.00 horas.
Queer Avengers está formado por un grupo de xente nova da Coruña (Carlos, Valeria, Irish, Nuria, Iria e Sergio) que se coñeceu nos institutos Eusebio da Guarda e Adormideras. Este colectivo elabora divertidos vídeos nos falan de temas que as veces se converten en tabú na mocidade como, por exemplo, o consentimento, os privilexios masculinos, a linguaxe inclusiva, o amor romántico contraposto ao amor libre, a masturbación ou a cultura da violación. Todo isto se converte nunha iniciativa moi interesante xa que tentan rachar coa realidade patriarcal, machista e homófoba que está moi presente nas redes sociais.
A súa canle de YouTube é Queer Avengers e tamén se poden ver os seus vídeos na súa web http://www.queeravengers.com/. Teñen dado charlas no Instituto de Adormideras e axiña as repetirán noutros centros.
Título |
Feminismo, educación e videoactivismo por Queer Avengers |
Día |
Venres 10 de Xuño de 2016 |
Hora |
20:00 horas |
Lugar |
Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35) |
Para máis Información, contactade con:
André Portela
Teléfono: 647 21 46 59
Saúdos Comuneiros!
Deixar unha resposta