Carta da compañeira detida o 13A en Barcelona

Deixamos aquí a carta da compañeira anarquista detida o pasado 13 de abril en Barcelona, acusada de participar nunha expropiación bancaria na cidade alemá de Aachen, así como un pouco de información actualizada do caso que recibimos na nosa caixa de correos:

libertad3libertad3

Hai moi poucos días, cando xa dabamos por feita a extradición da compañeira detida o pasado 13 de Abril, chegounos a noticia da decisión da Audiencia Nacional española de prorrogar un mes máis a súa entrega ao Estado alemán, respondendo a unha solicitude emitida pola nosa defensa en base ao proceso de matrimonio que a compañeira estaba a levar a cabo con anterioridade á súa detención.

Xusto no momento de coñecerse a decisión xudicial, a compañeira fora trasladada á prisión de mulleres de Brieva (ávila), desde onde cremos que querían preparala para o seu voo a Alemaña. Estando alí fíxonos chegar esta carta dirixida ao exterior, e que reproducimos seguidamente. Actualmente a compañeira atópase de novo na prisión madrileña de Soto del Real, en illamento e compartindo patio con outras presas, ata mínimo o dia 30 de xuño, data en que termina o período de prórroga que posibilita a celebración da súa voda. Mentres tanto, facemos un chamamento a seguir solidarizándonos con ela na rúa, a mostrar o noso apoio por todas as loitadoras encarceradas, e o noso máis profundo desprezo polo sistema que as mantén secuestradas para defender a súa orde miserable.

Carta da compañeira:

Compañeiras e compañeiros, escribo desde o cárcere de Brieva, Ávila, onde me acaban de trasladar despois dun mes e medio no cárcere de Soto del Real, Madrid, sempre en FIES e en réxime de illamento. Quería escribir hai días, pero toda a comunicación e información é moi lenta e limitada, e por iso non o fixen ata agora.

Agradezo moi profundamente todas as mostras e xestos de solidariedade e apoio. Sentinas tan forte que traspasaron os muros, os barrotes e todo o sistema de control e seguridade. Por máis que o tenten, xamais poderán romper ou frear a nosa vontade e a nosa decisión de rebelarnos contra este mundo de miseria total no que nos obrigan a vivir.

Son precisamente as condicións máis difíciles as que nos dan máis forza e determinación para continuar e afiar as moitas frontes de combate que temos, tanto aquí dentro como fora. As loitas pola liberación de todo tipo de opresión e autoridade son múltiples, como o son os métodos e as prácticas xustas e lexítimas. Desde a simple negación da autoridade ata o ataque ou a expropiación a un banco, exemplos entre moitos. O máis importante das accións sempre é que poidan explicarse e entenderse por si mesmas; polos seus obxectivos, finalidade e o seu valor.

Cando as diferentes loitas conéctanse entre elas nun contexto máis amplo, compleméntanse e fortalécense, e sobre todo rompen coa división do cotián e o persoal co político, porque todas as decisións que facemos nas nosas vidas persoais acaban sendo políticas, así como as decisións políticas que tomamos afectan directamente ás nosas vidas persoais. Aínda que é evidente que temos que coidar moi ben cada paso que damos para non caer nas garras do Estado e os seus servos, sabemos que loitar non sae gratis, xa que o Estado e os medios de comunicación cada vez responden con máis represión e caza mediática cara a todas aquelas que nos enfrontamos a eles.

Eu sigo aqui, pero probablemente extraditaranme pronto a Alemaña. Sintome forte e animada para afrontar esta situación e todo o que poida vir. Ante todo orgullosa das nosas ideas, os nosos valores e as nosas prácticas anarquistas e da vida que eliximos no seu día e que volvemos elixir cada día de novo.

Forza e solidariedade a todos e a todas as loitadoras, perseguidas e presas!

A loita segue, xamais poderán pararnos.!

01/06/2016

Centro Penitenciario de Brieva (Avila, Estado Español)

Aquí deixamos a ligazón ao blog de apoio a compañeira: https://solidaritatrebel.noblogs.org/

Advertisements

Unha resposta to “Carta da compañeira detida o 13A en Barcelona”

  1. […] extraditada a Alemaña da que xa informamos en varias ocasións neste medio contrainformativo (por exemplo -Aquí ou […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: