Concentración ante os xulgados da Coruña en solidariedade con Nais contra a impunidade. Aprázase o xuízo para novembro.

Preto dun centenar de solidarixs, chegados de todas partes de Galiza e do resto do estado español, achegáronse este luns aos xulgados da Coruña en solidariedade cxs 15 imputadxs por “inxurias contra a garda civil” que ese día tiñan cita diante do xuiz. Aos acusadxs pedíanlles unha suma total de 15000 euros en concepto de penas multa por participar no ano 2010 nun escrache convocado por “Nais Contra a Impunidade” en protesta pola morte dentro do cuartelillo de Arteixo de Diego Viña; no transcurso daquela protesta gritáronse consignas como “a garda civil tortura e asasina”.

O xuizo finalmente adiouse para o 2 de novembro debido a que un dos imputados non foi correctaemente notificado.

A protesta transcorreu sen incidentes, vixiada por dúas furgonetas de antidisturbios que se dedicaron unicamente a anotar desde a distancia as consignas coreadas polxs manifestantes.
Finalizado o acto, a maioría dxs asistentes confraternizaron degustando unha deliciosa paella valenciana (ou polo menos esa era a procedencia dxs chefs) no Ateneo Libertario Xosé Tarrío, nunha distendida tarde de convivencia, reencontros, música e camaradería que, aínda con algún pequeno accidente, deixou moi bo sabor de boca á maioría dxs asistentes.

 

Jack Esparrago para Abordaxe!

 

O video é de Galiza Contrainfo

Facebook de “Nais contra a impunidade”

Advertisements

Unha resposta to “Concentración ante os xulgados da Coruña en solidariedade con Nais contra a impunidade. Aprázase o xuízo para novembro.”

  1. […] novo xuizo, como xa dixemos neste blog na crónica da anterior concentración (-Aqui) fixouse para o 2 de novembro. Data na que estades todxs convidadxs a volver a participar nas novas […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: