[A Coruña] Charla: “Militarización do territorio, militarización das fronteiras” este xoves no Ateneo Libertario Xosé Tarrío
Este xoves 9 de xuño, as 20h, no Ateneo Libertario Xosé Tarrío da Coruña (Rúa “La Paz” nº 16 no barrio dos Mallos) poderedes disfrutar da charla “Militarización do territorio, militarización das fronteiras: análise, experiencias, propostas de loitas e resistencias antimilitaristas”
Hai cada vez máis militares patrullando as rúas das cidades do Occidente, grazas tamén a”catástrofes” ou a través de estados de emerxencia e por mor de supostas ameazas terroristas. Mentres tanto, os axentes de policía parécense cada vez máis aos membros das unidades especiais das forzas armadas, tanto polas súas armas como polo seu adestramento e as súas tácticas. O Poder prepárase constantemente para os novos escenarios da guerra interna, é dicir, a guerra de classes, e os seus esforzos nesta dirección están a notarse paralelamente en distintos países. Con todo, tamén están a xurdir experiencias de resistencia a esta militarización das nosas vidas.
Deixar unha resposta