[Santander] Concentración en apoio a Nais Contra a Impunidade
O vindeiro luns 6 de xuño nun xulgado da Coruña a fiscalía senta no banco dxs acusadxs a Nais Contra a Impunidade. O seu “delito”, pedir a investigación e responsabilidades na morte de Diego Viña de 22 anos, nun cuartel da garda civil.
Nós concentrarémonos o vindeiro día 6 ás 12:00h nos xulgados das Salesas (Av. Pedro San Martín 10, Santander) para esixir a súa absolución, a investigación do caso e mostrarnos perto delas na distancia. Non imos deixar soas ás Nais. Vida é o que nos deron e vida é o que merecen. Se agora a súa vida é a loita polo esclarecemento da morte das súas fillxs, xunto a elas vivirémola.
Non máis mortes baixo a custodia do Estado. Absolución para Nais Contra a Impunidade.
Data: 06/06/2016 – 12:00 horas
Lugar: Xulgados das Salesas-Av. Pedro San Martín 10-Santander.
Deixar unha resposta