[Barcelona] “O Banc somos todxs, tamén as crianzas!”

ninopunoaltoO seguinte comunicado é unha réplica dxs compañeirxs do Banc Expropiat de Gràcia ao respecto dalgunhas críticas e soflamas verquidas nos medios de comunicación oficiais así como tamén nos perfís dalgúns/has usuarixs nas redes sociais contra xs compañeirxs, en relación á presencia de cativxs na manifestación do pasado 29 de maio, dentro do chamado “Baby Block”. Algunhas persoas deixaron voar a súa enferma imaxinación e chegaron a afirmar disparates coma que a finalidade de levar axs nenxs á mani era usalxs de “escudo humano” en caso de carga policial, ou adoutrinalxs. Esta é a resposta das nais e pais que estiveron naquela mobilización á carón das súas fillas e fillos.

··

O BANC SOMOS TODXS, TAMÉN XS NENXS

Estes días vimos como desde os medios de comunicación e as redes sociais criticábase duramente, e nalgún caso demandábase mesmo a intervención da fiscalía do menor, ante a participación das nosas fillas e fillos nas mobilizacións solidarias co Banc Expropiat. Como nais e pais participantes ou solidarixs co Banc Expropiat queremos dar resposta ás acusacións que se fixeron estes días.

Como nais e pais nunca nos avergoñaremos de educar ás nosas fillas e fillos na solidariedade e o apoio mutuo. Non debemos avergoñarnos nunca de que xs nenxs participasen nas actividades do Banc, nin tampouco que agora se solidaricen coa loita para defendelo. Pero pola contra, educamos persoas consecuentes e responsables. Por esta razón, reivindicamos a posibilidade de compartir coas nenas e nenos momentos como este, cando todxs xuntxs nos reapropiamos da rúa.

Sabemos que baixo ningunha circunstancia nin nós nin o resto das compañeiras e compañeiros nas mobilizacións poñerían en risco a ningunha criatura, é máis ao contrario: sentímonos defendidxs e acompañadxs. Estamos orgullosxs de participar nunha loita que desde o principio soubo xerar o espazo para que todxs poidan participar. Como se di «con cada xesto, cada acción, cada táctica, defendemos o Banc Expropiat».

As persoas que conformamos o Banc Expropiat ou o sentimos como propio queremos para nós e para xs nosxs nenxs un novo xeito de facer as cousas baseado no apoio mutuo, así como eliminar a violencia e as desigualdades das relacións individuais e colectivas. Por iso, agora que tanto se fala de quen son os “violentos”, nós témolo ben claro:

  • Violencia é ver escudos humanos onde só había nenxs. Cando os Mossos e os medios ven ás nenas e aos nenos como unha ameaza son eles quen é un perigo para as nosas fillas e fillos.
  • Violencia é que a policía goce de impunidade dabondo como para que estea “normalizada” a posibilidade de que puidesen facer unha carga contra uns/has nenxs. Xa vimos noutras ocasións como os Mossos d’Esquadra dan golpes de porra a un/ha menor, pero non vimos nunca que alguén lance un colector a un/ha nenx.
  • Violencia é criminalizar ás mulleres que polo feito de ter fillxs non renunciaron a seguir participando nas loitas na rúa e non queren pecharse no ámbito privado da familia. Cualificarnos de malas nais, de irresponsables… Esta é a violencia que o Patriarcado exerce cotidianamente para manter o sistema capitalista. Se a utilizan de novo é ante o medo a que rompamos coas divisións sexuais tamén dentro das loitas.

Estes días critican a nais e veciñas e criminalizan prácticas e estratexias porque elxs tamén saben que xuntxs somos moito máis fortes. Por esta razón nais, pais, avós, avoas e nenxs seguiremos participando en cada loita e seguiremos solidarizándonos tamén na rúa.

AS RÚAS SEMPRE SERÁN NOSAS.
CON CARAPUCHA OU CON GLOBOS, O BANC DEFÉNDESE!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: