Versión dobrada ao galego do audiolibro infantil “Que hai na miña neveira?”

Introdución e publicación do material por Disnomia.

Unha compañeira e amizade persoal tomouse a molestia de dobrar ao galego a versión en audio do libriño “Que hai na miña neveira?”, editado por Ochodoscuatro Ediciones, editorial antiespecista e libertaria de Madrid.

Nunha sociedade e unha cultura que dende que somos nenxs ensínanos a ver os productos dos que nos alimentamos coma algo completamente alleo aos animais que tiveron que sofrer e morrer para producilos (o xamón e a carne afastados do porco e os outros animais explotados para ese fin, o leite afastado das vacas, os ovos ou os caldos de ave afastados das galiñas…), e que néganos calquer opción de aprender unha forma de vida máis ética que non pase pola dominación innecesaria sobre as demáis especies, “Que hai na miña neveira” é un breve libriño infantil que con debuxos e texto sinxelo de ler, explica axs máis cativxs por que na túa neveira non hai animais, e procura ser un aporte para rachar coa educación antiespecista que adoitamos recibir na infancia.

Medramos naturalizando os procesos de explotación e dominación que oprimen aos animais doutras especies, e silénciase a nosa capacidade de empatía, ao impedirnos ver en moitos casos o que hai detrás do que comemos, construindo os matadeiros, as granxas e demáis centros de confinamento e explotación lonxe das vilas e cidades onde vivimos, con altos muros que impiden ver o que pasa dentro, e con hipócritas campañas publicitarias que amosan animaliños felices e contentos xogando ou correndo en verdes e fermosas pradeiras, en lugar de amosar a realidade do encerro, a desnaturalización e a morte, ademáis dos debuxiños dos libros de texto da escola onde os animais non-humanos soen aparecer engaiolados, dentro de corrais, ou xa esnaquizados nas carnicerías xunto a persoas que cun sorriso venden e mercan os seus cadáveres, e nunca ceibes e salvaxes.

Que este aporte sirva para revisar estes costumes, educar noutro tipo de relacións cos animais e coa natureza e poder avanzar cara un mundo máis xusto, seguro e libre para todxs.

Por certo, na canle de Youtube da editorial pódese atopar este mesmo material dobrado ou traducido en numerosos idiomas. Tamén podedes atopar outro material como máis audiolibros, audios de palestras… convídovos a botarlle unha ollada!

Tamén podedes descargar en PDF o libriño Que hai na miña neveira? facendo click aquí.

QHEMN_portada-212x300

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: