[Compostela] Comunicado da mobilización «Devolveremos até o último golpe»

Hai uns días informabamos dunha manifestación feminista que percorreu as rúas de Compostela baixo o lema «Devolveremos até o último golpe». Difundimos outra crónica e comunicado da mobilización que recibimos no correo . 

Mani feminista - 5 (1)

Medio cento de mulleres mobilízanse para reivindicar en Compostela a dignidade da raiba fronte as agresións machistas .

· A protesta percorreu as rúas da zona vella que concentran máis bares e pubs da cidade para visibilizar as agresións machistas que as mulleres viven pola noite .

· Vestidas de negro e coa cara cuberta, todas elas advertiron que non haberá tregua na loita feminista contra o sistema patriarcal

Unha mobilización feminista, composta por medio cento de mulleres, marchou polas rúas de Santiago de Compostela na madrugada do sábado, 28 de maio de 2016, baixo o lema ‘Devolveremos até o último golpe‘.

Vestidas de negro e coa cara cuberta, todas elas advertiron que non haberá tregua na loita feminista contra o sistema patriarcal. Ao berro de “se tocan a unha, tócannos a todas” ou “somos gordas, somos feas, somos putas violentas”, a protesta saíu da rúa Algalia de Arriba e percorreu as rúas da zona vella que concentran máis bares e pubs da cidade para visibilizar as agresións machistas que as mulleres viven pola noite, empoderarse “para construír os espazos que queremos” e dignificar a loita desde a raiba fronte as agresións machistas.

A violencia patriarcal empapa a vida das mulleres en toda a súa vida sexan os “baboseos”, ser nomeadas como “fillas de, compañeiras de, nais de”, “os abusos sexuais”, “as malleiras”, a etiquetaxe da moda capitalista e patriarcal dos corpos das mulleres a través das tallas, “o masculino xenérico” ou mesmo que “se nos mire mal por berrar”. Estes ataques machistas contra a dignididade das mulleres culmina nos feminicidios e “e que non hai nada máis claro nunha guerra que os corpos das súas mortas”.

Con fouces e fachos nas mans, percorreron as rúas da zona vella -Rúa da Porta da Pena, Praza do Pan, Rúa de San Paio de Antealtares, Vía Sacra, Rúa Calderería, Rúa do Cardeal Payá, Praza Mazarelos e Rúa da Ensinanza entre outras- para rematar na Praza 8 de marzo onde se leu un comunicado que arremeteu contra o sistema patriarcal e defendeu o valor de “tecer redes e alianzas, espazos onde os diferentes feminismo poidan cohabitar”.

A mobilización feminista aposta por unha estratexia de combate que pasa por “dignificar a raiba para rachar co lugar de vítimas” e situarse no sitio das que din que non, “non obedecemos, non calamos, non nos subordinamos”. Deste xeito, desbotan a idea da pasividade fronte as agresións machistas para dar paso á rebelión e construcción doutras vidas posibles “máis vivibles e horizontais, onde entremos todas e onde teñamos todo”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: