[Compostela] Crónica e vídeo da mobilización feminista “Devolveremos até o último golpe”

Arredor de medio centenar de mulleres percorreron na noite do sábado 28 as rúas de Compostela para denunciar, as “agresións machistas que as mulleres viven de noite”. Baixo o lema ‘Devolveremos até o último golpe‘, vestidas de negro, coa cara cuberta, e levando fachos, apostaron polo que cualifican nun comunicado como unha “estratexia de combate”, rexeitando a pasividade fronte as agresións machistas para dar paso “á rebelión e construcción doutras vidas posibles máis vivibles e horizontais, onde entremos todas e onde teñamos todo”. “A violencia patriarcal enchoupa a vida das mulleres”, mostras son os “baboseos”, ser nomeadas como “fillas de, compañeiras de, nais de”, “os abusos sexuais”, “as malleiras”, “os feminicidios”, “a etiquetaxe da moda capitalista e patriarcal dos corpos das mulleres a través das tallas”, “o masculino xenérico” ou mesmo que “se nos mire mal por berrar”. A mobilización rematou na praza 8 de Marzo coa letura dun manifesto.

Informa Irene Antelo para Abordaxe.

Advertisements

2 Respostas to “[Compostela] Crónica e vídeo da mobilización feminista “Devolveremos até o último golpe””

  1. […] « [Compostela] Breve crónica e vídeo da mobilización feminista “Devolveremos até o último … […]

  2. […] uns días informábamos dunha manifestación feminista que percorreu as rúas de Compostela baixo o lema «Devolveremos […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: