Nota do Encontro Libertario A Aposta Directa

Recibimos no correo e espallamos a seguinte nota informativa sobre o desenvolvemento do Encontro Libertario A Aposta Directa, celebrado entre o 20 e o 22 de maio.

Tempo atrás realizamos un chamamento para un encontro libertario na primavera de 2016.

Esa chamada cristalizou na pasada fin de semana, 20-22 de maio, no que podemos chamar o Encontro Libertario “A Aposta Directa”. Organizacións e colectivos de distintas localidades e territorios, compartindo ideas sobre a sociedade na que nos gustaría vivir e en como queremos tender cara ela, démonos cita para coñecernos, achegarnos e atoparnos nun espazo común.

Ao longo da fin de semana temos compartido diferentes experiencias e proxectos, ás veces descoñecidos pero a miúdo cercanos, entre preto dunha veintena de grupos de diferentes puntos do territorio.

Os eixes que temos traballado, elexidos en función dos grupos que participaron, foron: Vivenda, Estratexias, Feminismos, Sindical/Laboral, Educación, Cultura/Difusión, Sanidade, Ecoloxía Social/Antidesenvolvemento.

Agardamos compartir axiña resultados do traballo realizado con estes debates, pois cremos importante que esta información chegue a outros grupos que non puideron participar do encontro.

O sentir xeral do encontro foi o de continuar profundizando na colaboración facéndoa extensible a outros grupos interesados, sempre partindo do cuestionamento e a confrontación co poder estatal.

Moitos dos grupos coincidimos na necesidade de establecer un marco de relacións básico, que reforce a colaboración entre distintos proxectos con prácticas antiautoritarias, xerando dinámicas de apoio mutuo.

Acordamos abrir espazos de colaboración en:

    Distribución de información e recursos

    Elaboración e promoción de campañas

    Extensión e conexión de loitas

    Solidariedade e loita antirrepresiva

Agardamos poder compartir axiña as accións e reflexións que poidan continuar este Encontro.

A Aposta Directa (laapuestadirecta@gmail.com)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: