Máis sobre a campaña polo xuizo a “Nais contra a impunidade”

as nais non se tocanXa levamos un tempo informando sobre o xuizo na Coruña contra 15 persoas por “inxurias contra a garda civil” por berrar consignas nunha protesta pola morte dun rapaz nos calabozos do cuartelillo de Arteixo. Esta imputación faise especialmente ignominiosa tendo en conta que entre xs procesadxs atópanse a nai e outros familiares do falecido, ademais de outrxs solidarixs convocadxs polo colectivo “Nais contra a impunidade” naquela protesta.

Lembramos que o xuizo será o vindeiro día 6 de xuño ás 9:30 da mañá nos xulgados da Coruña e que esperamos que todas aquelas persoas solidarias que queiran protestar connosco contra tamaña inxustiza veñan a berrar ben alto que “a garda civil tortura e asasina” e que “as nais non se tocan”.

Deixamos aquí abaixo o panfleto chamando a participación na protesta e enlazamos o facebook de “Nais contra a impunidade”, onde podedes participar nunha campaña de autogravacións de videos de solidaridade, campaña moito menos do noso gusto (polo menos na opinión do humilde redactor de “Abordaxe!” que esto escribe) pero da que non por iso deixamos de informar.C.R. para Abordxe!

NAIS CONTRA A IMPUNIDADE NO BANQUILLO

QUEREMOS SABER COMO MORREU DIEGO!!!

A fiscalía imputa a 15 persoas, como autoras presuntas dun delito de inxurias ao corpo da garda civil, e solicita a imposición dunha pena de multa cuxa contía total supera os 54.000 euros, a imputación se realiza no contexto dos actos públicos realizados no ano 2010 cando os familiares e amigos reclamaban o esclarecemento da morte de DIEGO VIÑA CASTRO.

O xuízo celebrarase o 6 de xuño do 2016 as 9:30 da mañá no xulgado do penal nº 1 da Coruña.

Antecedentes:

O 22 de setembro do 2004, ás 0.00h, o ex garda civil Carlos Viña, con evidentes síntomas de embriaguez, denuncia o seu fillo Diego Viña por un presunto delito de malos tratos no ámbito familiar. Ás 02.45h Diego Viña é detido no seu domicilio e conducido ao cuartel da Garda Civil de Arteixo. Ás 16.56 horas Diego Viña falece no devandito cuartel á idade de 22 anos.

Tras o falecemento, a nai do mozo alegou que a denuncia do pai, Carlos Viña, fora formulada coa a única intención de botar o fillo da casa e que polo tanto era falsa, e denunciou o comandante do posto da garda civil de Arteixo (G00402P) e os axentes W97788Z, 34896949, Q47830E e T68012Z como autores dun delito de homicidio doloso en comisión por omisión e de detención ilegal.

Durante o procedemento os gardas civís implicados declararon que estaban ao tanto do que facía o arrestado a través do audio das videocámaras e que foi un silencio, despois de varias horas de berros e golpes, o que lles levou a sospeitar que algo podía estar a suceder. Segundo a súa versión, ao baixar ao calabozo atópano colgado do barrote superior da porta da súa cela cun anaco do seu pantalón.

O principal instrumento da morte de Diego, “o pantalón co que se aforcou”, desapareceu “misteriosamente” por ser “arroxado ao lixo”, tal e como recoñeceu na súa declaración o comandante do mencionado cuartel.

O 12 de outubro dos 2008, como en anos anteriores, familiares e achegados de Diego Viña reúnense fronte á Igrexa Parroquial de Arteixo durante os actos do día do Pilar e son acusados dun delito de detención ilegal e contra a liberdade de culto, procedemento que foi arquivado.

Sen embargo, dous anos despois, o 12 de outubro do ano 2010, ao volverse a reunir no mesmo lugar de xeito pacífico, a garda civil identifica indiscriminadamente a 15 persoas e as imputa como autoras presuntas dun delito de inxurias a garda civil, acusadas de berrar “A GARDA CIVIL TORTURA E ASASINA”.

O vindeiro 6 de xuño, 6 anos máis tarde, serán xulgadas estas persoas pola súa solidariedade.

QUEREMOS SABER COMO MORREU DIEGO!!!

 

Entrevista a Dominga González Vieitez

Texto completo en: http://www.lahaine.org/pastora-gonzalez-llo-que-estan

Cando se nos está atacando e se nos está denunciando a nosoutras que loitamos contra as inxustizas, é porque lles molestamos, por que lles estamos facendo dano. (…) Eu creo que lles estorbamos, lles fai dano que esteamos aí protestando coas fotografías dos nosos fillos e eles aproveitan isto para meternos medo.

Pero o que é mais rastreiro é que enriba se atrevan a denunciar as nais e a familia, enriba de que somos as mais prexudicadas. O que están facendo é castigar a dor. O problema é que non se depuran responsabilidades, nin se investigan estes feitos, cando suceden casos así ten que realizarse unha investigación e os culpábeis teñen que pagar.

Nos últimos meses, o ataque contra a liberdade de expresión é total…, con casos como as operacións araña, os titiriteiros… tamén ultimamente outros casos como as detencións en Burlada (Navarra) por realizar un mural denunciando a tortura, ou o noso, por pedir o esclarecemento do caso de Diego Viña. Se está así perseguindo directamente a que nes sosteñen que no estado español se tortura… * aí esta o caso de Jose Antúnez, denunciado polos relatores de dereitos humanos da ONU: organismo que recoñece que no Estado Español se tortura, ou tamén o TEDH que xa condenou moitas veces a España por torturas. Hai sentencias que o recoñecen….

Eu persoalmente vin ao meu fillo no hospital de Juan Canalexo, como o tiveron, paralizado e esposado ao somier da cama, dicíndome que morría meu fillo, que de feito morreu. Ousexa, torturaron ao meu fillo, o

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: