Xoves 26 de maio ás 20:00 – Proxección “Cambia de papel” no CSA A Comuna [A Coruña]
Recibimos na nosa bandexa de correo electrónico e espallamos:
A Comuna proxecta o documental Cambia de papel de Implicadas no Desenvolvemento
A mediametraxe está dirixida pola fundadora do colectivo, o actor Luís Tosar e a escritora, cineasta támil e editora da revista feminista Panikkudam, Kutti Revathi.
A Coruña, 25 de Maio de 2016 – As persoas poden desenvolver múltiples papeis nas súas vidas e a súa propia transformación, especialmente nas circunstancias máis difíciles, vai cambiando tamén o mundo. Esta é a idea central de Cambia de papel, un documental de Implicadas no Desenvolvemento que se proxectará o vindeiro xoves 26 de maio a partires das 20.00 horas no Centro Social Autoxestionado A Comuna (Vereda do Polvorín, 35).
No filme, dirixido por María Reimóndez, Luís Tosar e Kutti Revathi, as protagonistas falan na súa propia voz do cotián, sen dramatismos nin exotización pero sen obviar tampouco que hai esforzos moito maiores ca outros e que deberían facer reflexionar ao Norte a relativizar, conectar e actuar en prol da igualdade. O enfoque desta obra está afastado do enfoque xornalístico ou informativo e busca trasladar a espectadora á pel da outra e provocar unha reflexión para activarse e tentar facer deste mundo, un mundo mellor.
Implicadas no Desenvolvemento é unha organización galega de cooperación ao desenvolvemento fundada en 1998 e que procura a igualdade de xénero e que loita contra a pobreza como un exercicio de responsabilidade das persoas do Norte para que as do Sur, en concreto as mulleres, podan tomar decisións sobre as súas propias vidas. Implicadas colabora coa organización compañeira támil People’s Development Initiatives, que actúa a través de grupos de axuda mutua.
-
Título
Cambia de papel de Implicadas no Desenvolvemento
Día
Xoves 26 de Maio de 2016
Hora
20:00 horas
Lugar
Centro Social A Comuna(Verea do Polvorín, 35)
Para máis información, contactade con:
Sara Martínez
csacomuna@gmail.com
Teléfono: 699 40 46 85
Saúdos Comuneiros!
Deixar unha resposta