“O medo ao conflito” por Feral Faun

1c025ab994596f385dd32781d82253faTexto asinado por Feral Faun (Fauno Salvaxe) e extraído do número 2 da publicación anarquista en inglés “Willful Disobedience” (Desobediencia Deliberada). Traducido por Disnomia para Abordaxe dende a versión en castelán publicada no blogue anarquista Fear to Sleep (Medo a Durmir).

“Se vostede é capaz de tremer de indignación cada vez que se comete unha inxustiza no mundo, somos compañeiros, que é o máis importante…”

– Ernesto Guevara

“Non é unha falta que che resistas contra min e que afirmes a túa particularidade, a túa individualidade: non tes que ceder nin que renegar de ti mesmo”

– Max Stirner

Onde queira que un par de anarquistas reúnanse, existirán argumentos. Isto non sorprende, xa que a palabra “anarquista” é usada para describir unha ampla gama de a miúdo contraditorias prácticas e ideas. O único común denominador é o desexo de liberarse da autoridade, aínda cando xs anarquistas nin sequera póñense de acordo no que é a autoridade, deixando de lado o problema da clase de métodos indicados para eliminala. Estes problemas fan aparecer moitos outros e o argumentar faise inevitable.

Os argumentos non me amolan. O que me amola é enfocarse en tratar de chegar a un acordo. É asumido que “porque somos anarquistas” todxs debemos desexar realmente o mesmo; os nosos aparentes conflitos deben ser meramente malentendidos que podemos censurar, para así atopar un lugar común. Cando algúns/has evitan falar as cousas e insisten en manter as súas distancias, son catalogadxs de dogmáticxs. Esta insistencia en atopar un lugar común pode ser unha das fontes mais importantes do diálogo sen fin que tan frecuentemente ocupa o lugar de actuar, para crear as nosas vidas segundo os nosos propios termos. Este intento de atopar un terreo común involucra a negación de conflitos moi reais.

Unha estratexia usada frecuentemente para negar o conflito é reclamar que un argumento é só un desacordo sobre as palabras e os seus significados. Coma se as palabras que un/ha utiliza e como un/ha escolle usalas non tivese conexión coas ideas, soños e os desexos de un/ha. Estou convencido de que alí hai un par de argumentos que son meramente sobre as palabras e os seus significados. Esas poucas poden ser fácilmente resoltas se xs individuxs involucradxs puidesen clara e precisamente explicar o que elxs queren dicir. Cando xs individuxs non poden sequera chegar a un acordo sobre que palabras usar ou como usar estas, indica que os seus soños, desexos e maneiras de pensar están tan separados que mesmo cando usan só un idioma, non poden atopar unha lingua común.

A negación do conflito e da singularidade dxs individuxs pode reflectir un fetiche pola unidade que se deriva dos residuos do esquerdismo ou do colectivismo. A unidade sempre foi altamente valorada pola esquerda. Xa que a maioría dxs anarquistas, a pesar dos seus intentos de separase da esquerda, son simplemente esquerdistas anti-Estado, están convencidxs de que só unha fronte unida pode destruír esta sociedade, a que eternamente nos obriga a unirnos non segundo as nosa eleccións, e que debemos, por conseguinte, superar as nosas diferenzas e unirnos xuntxs para apoiar a “causa común”. Pero cando nos entregamos á “causa común”, estamos obrigadxs a aceptar o máis baixo común denominador de entendemento e loita. As unións que son creadas desta maneira son falsas unións que florecen soamente grazas á supresión de desexos e paixóns únicas dxs individuxs involucradxs, transformándoxs nunha masa.

Para min esta base son eu mesmo, a miña vida con todas as súas paixóns e soños, os seus desexos, proxectos e encontros. Desde esta base eu fago “causa común” con ninguén, pero podo frecuentemente atopar individualidades con quen podo ter afinidade. É moi posible que os teus desexos e paixóns, os teus soños e proxectos coincidan cos meus. Acompañada por unha insistencia sobre levar a cabo aquela oposición a toda forma de autoridade, tal afinidade é unha base para unha xenuína unidade entre individualidades únicas e insurxentes, a cal dura só o que xs individuxs desexen. Certamente, o desexo da destrución da autoridade e da sociedade pode movernos para loitar nunha unidade insurrecional que chegue a ser a gran escala, pero nunca un movemento de masas; senón que tería que ser unha coincidencia de afinidades entre individualidades que persisten en facer súas as súas vidas. Esta clase de insurreción non pode ter lugar por medio da redución das nosas ideas ao máis baixo común denominador con cada un/ha con quen estea de acordo, senón só a través do recoñecemento da singularidade de cada individux, un recoñecemento que abraza os conflitos actuais que existen entre persoas, independentemente de que tan feroces elxs poidan ser, como parte das asombrosas riquezas de interaccións que o mundo ten para ofrecernos unha vez que nos libramos a nós mismxs do sistema social que nos roubou as nosas vidas e as nosas interaccións.

Feral Faun.

Nota de Disnomia: Feral Faun é o pseudónimo dun anarquista estadounidense tamén coñecido polo seu outro pseudónimo, Wolfi Landstreicher (“landstreicher” en alemán significa vagabundo), e que traballou dende 1996 ata 2005 na publicación Willful Disobedience, da que sae este texto. Ademáis, é o autor de diferentes fanzines e panfletos sobre diversos temas, onde expoñía as súas ideas, influenciadas polas correntes insurrecionais, a crítica da tecnoloxía (pese a non considerarse primitivista e ser de feito crítico con este movemento), o anarcoindividualismo, o situacionismo e o surrealismo. Tamén se encargaba dunha editorial autoxestionada chamada “Venomous Butterfly” (Bolboreta Velenosa).

Moitos dos seus textos pódense atopar por Internet traducidos a diferentes linguas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: