Xornada Feminista no CS Fuscalho (A Guarda)

cartel xornadas feministas 1Recibimos no correo cun chisco de presa e espallamos esta xornada que montan as compas do Fuscalho para mañá, sábado 21, en A Guarda.

Click enriba do cartaz para velo en tamaño orixinal.

O sábado 21 de maio daremos vida no Fuscalho a unhas Xornadas Feministas!!

O ciclo de cinema feminista acontecido durante un mes remata a vindeira quinta coa proxección do documental MIAU (Movemento Insurreccional pola Autonomía de Unha mesma) e fai de ponte coas xornadas do sábado.

Durante o ciclo foise debatindo sobre divesas temáticas feministas, algunhas das cales remexeremos durante as xornadas.

Comezaremos ás 10 da manhá cunha exposición teórica sobre Exaculación Feminina. (Será un espazo non mixto).

Ás 11:30 haberá un obradoiro de elaboración de compresas de tea. Contaremos coa axuda dunha compa costureira, así que se non sabes coser, non pasa nada! trataremos de aprender xuntas! 🙂 (Xa avisaremos se fai falla que traiades algún material). (Será un espazo non mixto).

Sobre as 13:30 disfrutaremos cun concertazo de As Punkiereteiras, que como elas din:
O que empezou sendo un obradoiro de pandeireta e canto tradicional que se levaba a cabo no CSA O Fresco ( Ponte Areias), converteuse nun arma de loita e reivindicación coa cal expresamos as inxustizas e as nosas raivas con toques de humor.

NON NOS VAN PARAR!!!!

Pra reponher forzas ás 14:30 haberá un xantar vegano, o cal servirá pra autoxestionar as xornadas (cubrir os gastos que implican).

Seguimos ás 17:00 cunhas dinámicas en torno aos Micromachismos e rematamos cun obradoiro sobre a Visibilización de Privilexios que será ás 19:30.

Logo posiblemente haberá pinchada de músicota feminista, se sabes dalgún temazo fai un comentario e así podémolo incluír! 😉

Advertisements

2 Respostas to “Xornada Feminista no CS Fuscalho (A Guarda)”

  1. Xornadas????? Mais ben será “xornada”, non?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: