Presentación do vídeo “Auga para todas” da ODS Coia

augaRecibimos na nosa bandexa de correo electrónico e espallamos esta mensaxe da Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo) informando da estrea hoxe, venres 20 de maio, dun vídeo de seu acerca da problemática que moitas persoas na cidade de Vigo están a afrontar polos cortes da auga.

A auga é un dereito básico. O acceso a este servizo, a este ben, non deberia estar en mans de empresas privadas, que especulan e que non garanten que persoas sen recursos non vivan situacións terribeis como a do corte deste subministro.

O venres 20 de maio ás 12 da maña estreamos un video no que falamos con afectadas polos cortes de auga en Vigo, coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia, e na que escoitaremos tamén aos responsábeis da empresa Aqualia, que xestiona o acceso ao dereito básico da auga no concello de Vigo.

Queremos escoitar outras voces, visibilizar o que acontece na cidade de Vigo, onde os dinosetos sairon gratis porque foi Aqualia quen os pagou, ademais de se facer cargo de humanizacións de ruas, e onde non existe un protocolo para aquelas persoas que non poden pagar as facturas da auga.

Mañá coa estrea desta peza lanzaremos o hastag #augaparatodas porque é un dereito e porque queremos que rematen os cortes de auga.

Axudádesnos a difundir? O venres a partir das 12 #augaparatodas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: