Chamamento a estender a solidariedade coa compañeira presa en Soto del Real, en risco de extradición.

Máis información na web: https://solidaritatrebel.noblogs.org/

cropped-capcalera-01

Como moitas xa saberedes, a compañeira detida o pasado 13 de abril acusada de participar na expropiación dunha entidade bancaria na cidade alemá de Aachen podería ser extraditada nos próximos días. O mes transcorrido desde a súa detención foi encarcerada en condicións de illamento no centro penal madrileño de Soto de Real, pero agora hai indicios para pensar que a súa entrega ás autoridades alemás podería ser inminente.

A súa extradición en Alemaña supoñería afastala (aínda máis) do seu entorno de persoas queridas, así como facela entrar nun réxime penal que fai un uso intensivo do illamento, dificultando (aínda máis) as comunicacións das prisioneiras políticas, tanto cara a fóra como co resto de persoas encarceradas.

É por este motivo que facemos un chamamento á mobilización e a loita, un chamamento para facer que esta manobra de colaboración entre os Estados europeos contra unha compañeira loitadora non pase sen resposta, demostrando que as agresións contra ela son tamén unha agresión contra todas as que loitamos contra o sistema capitalista e as miserias que este impón coa súa lóxica.

Desde Barcelona convocamos unha manifestación para o día seguinte de anunciarse a extradición, e animámosvos a que CONVOQUEDES VOSAS PROPIAS MOBILIZACIÓNS E ACCIÓNS DE RESPOSTA DE TODO TIPO NOS vosos POBOS E CIDADES , o mesmo día da manifestación de Barcelona.

Querémola libre, querémola preto!
Liberdade loitadoras presas e preseguidas!
Ningunha compañeira soa en mans dos Estados!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: