[Bélxica] “Unha pequena cronoloxía dos motíns e disturbios que estanse a extender nas prisións belgas”

Tiramos e traducimos de La Rebelión de las Palabras esta nova sobre as revoltas e disturbios que estiveron tendo lugar nas prisións belgas ao longo de varios días entre a primeira e a segunda semana de maio, en resposta ás especialmente duras e paupérrimas condicións das persoas presas nos cárceres do territorio belga de fala francesa, debido á folga emprendida polos gardas de prisións, que repercutiu empeorando áinda máis as condicións das presas.

::

O luns 25 de abril, os carceleiros de todas as prisións nas zonas de fala francesa de Bélxica puxéronse en folga, en total afectou a 21 prisións. Xs presxs están confinadxs nas súas celas. Todas as actividades, como o paseo, a ducha, a visita, o consello legal, están canceladas. A policía tomou o control das prisións para asegurar a seguridade.

Despois dunha semana de gardas en folga, e coas condicións deteriorándose rapidamente dentro, os incidentes empezaron a estenderse en varias prisións. Nalgunhas prisións, a situación podería definirse como catastrófica. Xs prisioneirxs só reciben comida unha vez ao día, non saíron das súas celas en máis de dez días, as condicións hixiénicas son terribles con infeccións e enfermidades estendéndose.

3 de maio: Na prisión de Tournai, as tensións aumentan e xs presxs empezan a romper as celas.

3 de maio, durante a noite: Presxs de Huy queimaron colchóns e destruíron algunhas celas. A policía federal interveu na prisión para restaurar a orde.

4 de maio: Prisioneirxs de Huy prenden lumes por toda a prisión, rompen as portas das súas celas, destrúen partes da infraestrutura da prisión e inundan unha sección enteira. A policía federal invade a prisión pola noite.

4 de maio, durante a noite: Presxs de Arlon prenden lumes. Os bombeiros, protexidxs pola policía federal, teñen que intervir dúas veces durante a noite.

5 de maio: Xs prisioneirxs en Jamioulx empezan a protestar. Rompen as celas, atacan a algún persoal de seguridade aínda traballando na prisión e prenden lumes. Fóra da prisión, decenas de persoas reúnense en solidariedade cxs presxs.

7 de maio: Na prisión de Merksplas (na parte de fala flamenca de Bélxica, onde xs gardas non están en folga), unha gran revolta ten lugar. 200 presxs néganse a volver ás súas celas tras o paseo e sublévanse. Rompen todo o que poden, algúns gardas son pechados polxs presxs combativxs. Os muros son derrubados, os valos destruídos, a infraestrutura rota, sobre 150 celas son completamente destruídas. Importantes incendios son prendidos en varios puntos da prisión. Un preso consegue escapar no medio do caos, pero é arrestado pouco despois nos arredores da prisión. A policía intervén con grandes forzas, pero xs prisioneirxs contraatacan durante horas ao longo da noite. Só a tempranas horas da mañá, sobre as 6 en punto, a policía consegue romper o levantamento. Máis de 100 presxs son trasladadxs a outras prisións. As testemuñas falan do maior levantamento nunha prisión belga.

8 de maio, durante a noite: Presxs que foron trasladadxs desde a parcialmente destruída prisión de Merksplas empezan a causar problemas na prisión de Antwerp.

8 de maio: Na prisión de Lantin, presxs rompen e abren as celas e empezan a destruír varias ás da prisión. Lumes son prendidos. Os problemas tamén continúan os días posteriores.

8 de maio: Na prisión de Andenne, o caos esténdese con presxs saíndo das súas celas, destruíndo o que poden e acendendo lumes, berrando “Liberdade, liberdade!”. Os problemas continúan o día e a noite seguintes.

8 de maio: Na prisión de Ittre, xs presxs dan un excepcional paseo pero rexeitan volver ás súas celas despois e enfróntanse con algúns gardas. Dentro dos bloques da prisión, a infraestrutura da prisión é destruída por presxs revoltosxs.

9 de maio: Na recentemente construída prisión de Leuze, xs presxs que deron un excepcional paseo rexeitan volver ás celas e quedan fóra toda a noite. A policía logo intervén pola mañá para conducirlles de volta ás súas celas.

9 de maio: O goberno decide despregar ao exército nas prisións. Soldados, armados con spray de pementa e porras, son despregadxs nas prisións de Bruxelas (Forest e Saint-Gilles) e na prisión de Lantin. Os gardas da prisión deciden continuar a súa folga. As noticias desde dentro dos muros están a volverse máis e máis raras co Estado intervindo agora para bloquear calquera comunicación co exterior.

“Lume a todas as prisións!”

::

Máis material:

· Pequeno vídeo enviado por un prisioneiro desde a prisión de Andenne:

· Foto da prisión de Merksplas durante a revolta nocturna do 7 de maio:

merksplas_en_feu

· Cartaces vistos nas rúas de Bruselas (extraídos e traducidos a galego dende a versión en castelán publicada en La Rebelión de las Palabras, que traduce desde o orixinal en francés visto en La Cavalle):

a-59

As prisións en revolta,
os barrios baixo tensión,
xs explotadxs en cólera…
ATAQUEMOS DESDE TODAS AS FRONTES!!

“Péchasenos como ás ratas. A hixiene é deplorable, apesta nas celas.” Desde o comezo da folga dos gardas, que durou 13 días, os detidos non saen máis das súas celas. Nada de ducha, nada de patio, ningunha visita, ningunha actividade, a veces nen sequera hai comidas nin medicamentos. Hai algúns que caen enfermos, que collen infeccións, que vólvense tolos. Enterrados vivos, 24 horas sobre 24, déixaselles podrecer.

“Estamos ao borde dunha revolta…” En todas partes, en todos os talegos, é a mesma historia. Os presos estánse a preparar para pasar ao mellor que poden facer agora: Escachar as celdas, destruir os talegos. Nas prisións de Tournai, Arlon, Huy, Lantin, Andenne… os incidentes xa estouparon: incendios de celas, inundacións das ás, devastación dos corredores.

“É o nunca visto.” Este sábado 7 de maio, un motín devastador sacudiu a prisión de Merkplas (Amberes). Ás enteiras foron demolidas e incendiadas por lxs presxs insurxentes. Os muros foron arrasados, os valos derrubados, as seccións saqueadas.

Agora é o momento de actuar… Os cárceres están a piques de estalar, os barrios infestados con soldados e policías retumban, a cólera dos explotados ameaza con lanzar un novo asalto contra o goberno.

Agora é o momento de actuar… Amosade a vosa solidariedade cos detidos na revolta. Dade corpo e alma ao voso descontento. Rachade a cotidianeidade da resignación. Lanzade un desafío sublime ao Poder: O desafío da liberdade e da solidariedade.

· Militares entrando na prisión de Saint-Gilles (Bruselas):

c-43 (1)d-35 (1)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: