Resposta ao artigo xenófobo “LOS NIÑOS DE LA COLA VUELVEN A BARCELONA” de Joan Cortadella, publicado en “ElPeriódico”.

Recibimos na nosa conta, traducimos e difundimos o seguinte comunicado da Asociación Harraga:

Melilla-Sobreviviendo-Peninsula-FOTO-Robert_EDIIMA20141226_0468_16

http://www.elperiodico.com/es/noticias/barcelona/menores-inhaladores-cola-pegamento-barcelona-5064567

O pasado 18 de Abril ElPeriódico publicou un artigo sobre a aparición dos nenos da cola aos que teñen o atrevemento de chamarlles “Chemkar”, palabra árabe que significa delincuente cunha connotación terriblemente negativa, e que poñemos en dúbida que, na súa terra natal estes nenos sexan coñecidos desta maneira, hai moitos termos para definilos como “Harraga” que vén dicir algo como “o que queima fronteiras en busca dun futuro mellor” termo moi diferenciado do que se emprega no artigo. Á fin e ao cabo, nenos.

Acúsanlles de estar desarraigados, ser adictos ao pegamento e roubar teléfonos e bolsos, “lánzanse a roubar con absoluto descaro.Sábense impunes”, subliña unha fonte policial, xeralizacións para tratar un tema tan complicado como é o dos nenos escapando dunha institución que non entenden como propia, nenos que pasaron anos na rúa, principalmente no seu proceso migratorio, que non confían nun sistema pensado para lucrarse da pobreza e atopan o agarimo e recoñecemento no grupo de iguais. Un grupo que os adultos e os “grandes profesionais” consideran “nocivo para o menor”, a Asociación Harraga, en Melilla, traballa a adicción ao pegamento e os grandes logros veñen por parte do grupo de iguais, concienciar aos chavales sobre os riscos e a necesidade de coidar dos pequenos é imprescindible.

Consideramos que utilizar unha linguaxe tan sesgada é terriblemente prexuizoso para falar dos nenos , denota a pouca capacidade dos medios de comunicación para tratar certos temas sociais, en Melilla diariamente aparecen titulares sobre os MENA e as súas maquiavélicas vidas, periódicos como o MelillaHoy ou El Faro Melilla empregan titulares deste calibre: “O presidente advirte que centos de MENAS queren entrar en Melilla” , “A AUGC denuncia que hai 400 MENAS na rúa e pide á cidade que actúe”, “Dous educadores da rúa á caza de MENAS na porta de bares e supermercados”, os medios de comunicación son o mero reflexo dun pensamento colectivo ademais de xerar opinión, nesta sociedade na que a información é a arma máis poderosa, o rexeitamento á persoa migrante chega tamén aos nenos. A idea xenófoba de que “rexeitan” as migallas que Occidente deixa para eles, está constantemente presente, se hai nenos que escapan dun sistema de protección, algo pasa no devandito sistema, algo hai que cambiar, de novo tendemos a pensar que son eles os que non se adaptan, que son eles os que non queren as migallas de Occidente (as cales ofrecemos con total orgullo). Grazas a Zainaba por dar un toque de cordura ao artigo, “o que necesitan son unha familia”, unha sociedade capaz de acoller, capaz de criar, un barrio que coide e traballe conxuntamente. José Palazón repite constantemente unha frase na súa loita incansable polos nenos migrantes de Melilla: “Cando un neno chega só a un país, pasa a ser un neno de todos”.

A criminalización é o camiño máis fácil, en Melilla a xente organízase para saír a dar malleiras aos nenos da rúa ante unha mirada indiferente por parte da sociedade, este extremo non está tan lonxe… simplemente hai que deixar entrar nas nosas cabezas o odio cara ao que vén doutra terra, cara a “O que non se adapta” e que os medios de comunicación reforcen esta idea, aquí está a mestura perfecta para deixar de ver nenos y ver a “Chemkar”.

Asociación Harraga

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: