[Texto] “Tauromaquia, proposta para unha radicalización do conflicto”

· Nova elaborada por Disnomia para Abordaxe

Recentemente, foi viral a difusión nas redes sociais dun vídeo onde se podía ver como dúas activistas da ONG AnimaNaturalis que se atopaban grabando en vídeo o Correbou deste ano, eran asaltadas polos energúmenxs taurinxs, que rompíanlles a cámara e mallaban nelas, propinándolle fortes golpes na cabeza e arrastrándoas polo chan collidas do pelo entre aplausos e insultos e abucheos cara as activistas. Para máis información deste feito tan vergoñento, pódese consultar a web da organización facendo click aquí.

Perante isto foron moitas as respostas condenando a violencia e abusos dos taurinos, e sinalando que do ensañamento sádico contra os animais non-humanos ao ensañamento sádico contra dúas persoas humanas, hai só un pasiño. Tamén houbo reaccións que tomaron isto coma un revulsivo para a súa raiba, chamando a unha implicación máis cuantitativa e agresiva en próximas convocatorias de tipo antitaurino. Eu, aínda que considero que a loita antitaurina, en sí mesma e coma loita parcial, precisa dunha profunda revisión (xa que actualmente atópase baseada en termos profundamente especistas por moito que axude aos touros e só aos touros), considero oportuno rescatar un texto duns panfletos que se difundiron en Pontevedra fai uns anos acompañados dunha serie de accións descentralizadas contra a praza de touros, no contexto das movilizacións antitaurinas de agosto do 2013, e que propoñía rachar cos métodos ineficaces e pacifistas e darlle un novo enfoque á loita contra a tauromaquia na cidade e máis alá.

– Tauromaquia e loita anti-taurina – Proposta para a radicalización do conflicto –

Esta fin de semana terán lugar novos asasinatos na praza de Pontevedra. Sadismo, tortura e dor contra unha criatura inocente. Unha manifestación cruzará as rúas da cidade en repulsa a este cruel festexo e aínda que chamamos a todxs a asistir sen dubidalo nin un minuto e non queda tempo para preparar unha resposta frontal a estas alturas, cremos que é importante expoñer, para futuras convocatorias, un cambio de táctica, empezar a adoptar unhas posicións que manteñan o traballo de base actual pero inclúan de maneira independente pero paralela unha práctica máis ofensiva con concentracións ante a praza os días que haxa corrida (e non a varias rúas de distancia onde apenas lles amolamos) e ataques e sabotaxes ás propiedades dos empresarios e por que non? dos afeccionados, e contra a súa propia integridade física se fose necesario! Se non deixan de tourear polas boas que o fagan polas malas.

Consideramos que toda acción destas características dirixida contra quen atopa o seu xúbilo e goce nos malos tratos e o asasinato dun animal inocente e coma nós capaz de sentir, de amar e de sufrir é lexítimo e necesario cando as palabras e a evidente oposición dunha importante maioría da poboación non abondan para deter a súa barbarie. Consideramos que o feito de que os medios sexan legais ou non non debería ser un determinante á hora de considerar ou non o seu uso, pois son esas leis que nos din que as nosas formas de loita son ilegais as que existen para protexer, entre outras cousas, os privilexios e os beneficios e intereses económicos de quen causa toda esta crueldade. Por tanto, se queremos gañar a partida deberiamos pensar en cambiar o taboleiro. Pensamos que non hai tempo nin lugar para termos medios. Que o que fai falta é un NON, un rotundo NON, e converter esa negación en rabia e anhelos. NON á tauromaquia. NON ao respecto á mesma. NON á reconciliación.

Esta crítica pretende ser construtiva e parte do respecto cara ao resto de colectivos e movementos sociais que se opoñen á continuación desta insensatez en Pontevedra e en calquera parte. Non é a nosa intención atacar a quen non defende esta clase de accións pero sabemos que os berros crean ecos pero que estes non abren gaiolas nin deteñen aos toureiros que con cada punzada derraman sangue e bágoas en nome dunha tradición infame. Esperamos por tanto que, polo menos, este comunicado e estas reflexións sirvan como revulsivo para un debate estratéxico máis amplo que dea uns froitos á altura das circunstancias.

A todxs vós que loitades, grazas e unha forte aperta…

Por unha loita anti-taurina eficaz e intolerante!!

Anti-Especistas en pé de guerra

3370

Advertisements

2 Respostas to “[Texto] “Tauromaquia, proposta para unha radicalización do conflicto””

  1. Á persoa que mandou un comentario co vídeo de “Los Chatarras Palace” anunciando a súa convocatoria contra El Toro de la Vega deste ano en Tordesillas. Varias cousas.

    Esa xente de “Chatarras Palace” e do autoproclamado “Movimiento Antitaurino de Lucha” (pouco egocéntrico e tal o nome) ademáis duns machirulos da ostia (que fan vídeos con escenas onde lle meten a man nas bragas a unha moza e fan como se lavasen os dentes con iso) son uns suxeitos moi dubidosos, pois abondan persoas que afirman e demostran con capturas de pantalla (non quero entrar no xogo de difundir capturitas de pantalla porque isto non é o patio da escola, pero bueno) dentro dese suposto “Movimiento Antitaurino de Lucha” hai tamén elementos da ultradereita española, mesmo con privilexios de administrador das contas que ese “Movimiento Antitaurino de Lucha” teñen nas redes sociais coma Facebook. Ademáis, agora estánse dedicando a difundir perfiles doutras activistas incitando ao acoso, por simplemente sinalarlles as actitudes machistas que debían revisarse ou por preguntar acerca do seu colegueo con elementos neonazis.

    Eu a nivel persoal (falo por min coma unha das persoas que participa en Abordaxe, sen querer representar ao colectivo xa que non falei con outrxs compañeirxs deste tema e polo tanto non coñezo a súa opinión), NON quero dar a menor cobertura a esta clase de xente, NON apoio a súa convocatoria e NON me sinto en absoluto identificado cos valores que transmite a súa visión da loita. Non creo que a tolerancia e convivencia pacífica con elementos fascistas ou neonazis teña xustificación nun colectivo por moi “antitaurino de lucha” que diga ser. Tampouco me parece xustificable a súa actitude de poñerse a incitar ao acoso contra outrxs activistas porque sinálanlles actitudes. Entendo que non todxs vimos dos mesmos estratos e que a situación é distinta pero o mínimo que toda persoa debería facer é asumir cando algunha compañeira ou persoa lle sinala unha actitude sexista e tentar revisalo e reflexionar, aínda que no momento poida resultarlle inapropiado, esaxerado ou o que sexa.

    Non vou borrar o vídeo porque penso que non me compete esa decisión e non creo na censura. Prefiro deixalo e deixar exposto aquí o meu punto de vista ao respecto e que cada quen saque as súas propias conclusións.

    Asinado:

    J.

    Disnomia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: