[Marín] VII Festa da Língua

b8f8f453b5f7d417e7538be004f53f2a_XL

O POVO que deixa perder a súa palabra

creada, herdada, usada, revelada,

aquela que lle é propia e singular;

a que é unicamente súa,

está empobrecendo o mundo

e perpetrando o seu propio xenocidio.

MANUEL MARÍA

 

Entre os días 12 e 14 de maio terá lugar a VII Festa da Lingua, organizada pola A.C. Almuinha de Marín coa colaboración da A.F. Pousos da Area e a A.C.D. Gharaboto.

O día 17 de maio é o Día das Letras Galegas, e desde a A.C. Almuinha sempre consideramos que, se ben a celebración dun día para a nosa lingua é un puro formalismo, inútil e absurdo se non vai acompañado de actuacións coherentes o resto do ano, si que é un bo momento para manifestar o  apoio e compromiso coa lingua, visibilizar o orgullo de termos unha lingua propia, e declarar o noso anhelo dun futuro digno para o galego.

A continuación informamos das actividades organizadas:

– Xoves 12 de maio – Charla “Manuel María: Literatura e Compromiso coa Terra” a cargo de Marta Dacosta(Poeta e mestra de Lingua e Literatura Galega, forma parte d@s “Amigos e Amigas da Casa-Museo Manuel María). Comezará ás 20:30h. no Museo Manuel Torres de Marín.

– Venres 13 de maio – Cantos de Taberna co grupo Maravallada. Ás 21:00h. na Adega da Capeleira e ás 22:00h. na Taberna La Navarra, con entrada de balde.

– Sábado 14 de maio:

11:30h. Pasarrúas con Pousos da Area

12:30h. Acto Poético-Musical na Alameda Rosalía de Castro

· Lectura Colectiva de Poemas de Manuel María*

· Intervencións Musicais: Pousos da Area e Gharaboto

* Na lectura colectiva pode participar toda persoa que o desexe. Tan só pedimos que nolo comunique previamente para a organización do acto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: