Investigan a posible relación do picoleto asasino da A-3 coa extrema dereita española

images

Nova elaborada por Disnomia para Abordaxe.

Xa falamos en Abordaxe das declaracións xenófobas e racistas coas que xustificou o seu crime Luis Ángel Viana Jiménez, garda civil responsable do asasinato a sangue frío dun cidadán de orixe marroquí na autovía A-3 que foi tiroteado despois de que o picoleto o botase da estrada provocando un accidente de coche, o pasado 25 de abril.

Agora, con todo, os falsimedios que habitualmente manteñen tan cordial e sinérxica relación cos corpos policiais e as forzas represivas e armadas do Estado, volven falar do asunto, desta volta para salientar o posible vínculo do asasino garda civil cos grupos neonazis e a extrema dereita españolas. Segundo unha nova aparecida no xornal ABC, nos dispositivos que lle foron confiscados a Luis Ángel Viana tras a súa detención, coma o teléfono móvil ou o ordenador portátil, teríanse atopado contactos e outras informacións que o relacionarían con estes entornos. Ademáis, segundo a información compartida co xornal por fontes da investigación, o asasino frecuentaría unha tenda de artículos militares de Madrid, onde adoitaría reunirse con individuxs con ideas de extrema dereita.

Sexa ou non certa esta hipótese sobre a probable filiación nazi-fascista deste elemento, o seu carácter racista xa ficou de sobra demostrado, a pesar das patéticas e ridículas declaracións do seu letrado, quen despois de que os comentarios islamófobos e racistas do seu cliente saísen á luz, puxo sobre a mesa unha posible enfermidade mental do acusado, alegando que Luis Ángel Viana Jiménez “sufriu un brote psicótico e creía que estaba matando a un terrorista yihadista”, nun lamentable intento de xustificar o inxustificable e defender a un asasino racista confeso.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: