[Finlandia] Desaloxos, respostas e detencións nos campamentos de resistencia contra a pranta nuclear de Fennovoima-Rosatom en Pyhäjoki

28_4_2016-465x310-300x200Tiramos e traducimos ao galego dende La Rebelión de las Palabras (que recolle e traduce do inglés publicado en 325) estes dous comunicados sobre a represión contra as compas que loitan contra a construcción dunha nova pranta de enerxía nuclear da empresa Fennovoima nos bosques de Pyhäjoki, en Finlandia, mediante a okupación da zona de obras con acampadas de resistencia. Nas últimas dúas semanas aumentou a tensión na zona con enfrontamentos coa policía e accións de bloqueo, xa que fortes dispositivos policiais desaloxaron varios campamentos e moitas persoas foron detidas, enfrontando nalgúns casos cargos que poderían supoñer penas de prisión.

::

28 de abril de 2016

– Precisamos axuda inmediatamente!

Hoxe 28 de abril sobre as 15:00, policía antidisturbios e unha patrulla policial con cans comezaron a achegarse ao campamento. Comunicamos claramente á policía cun altofalante que non eran benvidos, e que non queríamos entrar en conflicto con eles. A policía non dixo nada nin respostou a ningunha pregunta.

A policía empezou a disparar á xente cunha arma de proxectiles / balas de goma e a xente do campamento defendeuse lanzando pedras. A policía estivo apuntando claramente ás cabezas, nucas e peitos dxs activistas coas súas armas. Algunhas persoas foron golpeadas varias veces na parte superior dos seus corpos. Ata onde sabemos, non nas súas cabezas, aínda que… A policía foi golpeada varias veces coas pedras, e houbo un coche de policía ardendo en chamas na zona.

Tras unha longa loita con tácticas de desgaste, a policía conseguiu moverse cara o campamento cando a xente que o estaba defendendo desapareceu no bosque. No campamento a policía disparou proxectiles cara á xente da cociña colectiva. A policía evacuou a toda a xente do campamento, e tomou a algunhas personas baixo custodia.

A policía tamén ameazou con desaloxar outra localización do campamento a cal todavía estamos usando,

Non aceptamos rendernos ante a represión e a violencia policial, e a loita contra Fennovoima continuará. Agora precisamos a todo o mundo para axudarnos a construir o campamento de novo, e para continuar a loita e as accións contra Fennovoima. Convidamos axs compañeirxs a esta loita estedes onde estedes, apuntemos as nosas accións cara as compañías que están traballando kuva_gimp-219x310con/para Fennovoima, ás embaixadas de Finlandia ou á policía local.

::

Novos desaloxos dos campamentos de resistencia contra Fennovoima-Rosatom.

A represión contra aquelxs que se opoñen ao proxecto da planta nuclear de Fennovoima-Rosatom continúa, e está a empeorar e a empeorar. O venres 29 de abril dous campamentos de protesta foron desaloxados en Pyhäjoki, Finlandia. As operacións policiais foron, a escala finlandesa, masivas.

Non grandes. Masivas. Estiveron presentes preto de 20 furgóns policiais, axentes con equipo antidisturbios, helicópteros da patrulla fronteiriza, seccións de ambos equipos nacionais de operacións especiais, unidades caninas e furgonetas equipadas especialmente para disturbios. A policía declarou o desaloxo de ambos campamentos presentando unha orde policial escrita vagamente legal sen nin sequera localizacións específicas dos campamentos ou outra información. Só unha orde de marcharse de alí e unha declaración de que a policía arrestaría a calquera “baixo a lei policial” que considerase “conectado ás localizacións” ou “capaz de interromper a orde pública”.

A maioría dxs acampadxs en protesta e dxs participantes na Semana de acción Reclaim the Cape! agrupáronse e desapareceron no bosque sen negociar coa policía.

Mentras falamos, ambos lugares están sendo baleirados de infraestrutura e pertenzas. Xs compañeirxs están sendo buscadxs e collidxs polo bosque. Aquelxs que están sendo detidxs están a ser apoiadxs e agardadxs fóra das celas. Un novo campamento está a construirse, pero a súa localización aínda non é pública.

Martes 28.4. Moitxs participantes fixeron un clásico bloqueo non-violento con encadeamentos contra a construcción de Fennovoima-Rosatom. Tras varias horas de bloqueo, a policía chegou pero axiña perderon o interese polo bloqueo, e no seu lugar avanzaron cara o campamento da Semana de acción. Despois de que a policía tomara pola forza o campamento, 11 persoas seguen arrestadas tras a detención, oito delxs compañeirxs internacionais. Algúns/has delxs baixo ameaza de encarcelamento. Os cargos máis graves por “sabotaxe agravada”, “participación en protesta violenta” e “asalto (violento) a un axente de policía”.

Un/ha compañeirx segue hospitalizadx en condición grave, ao parecer debido a que foi asaltado pola policía.

Como é habitual, a maioría dos medios de comunicación principais non amosaron interese en ser neutrais ou profesionais. A difamación sistemática contra aquelxs que se opoñen a Fennovoima-Rosatom está sendo levada a cabo, especialmente por YLE Oulu (departamento local do servizo nacional de comunicación).

Como de costume, non imos agachar as nosas cabezas cando nos enfrentamos coa represión estatal e a violencia física. Esta operación policial é a terceira operación a gran escala contra xs opoñentes a Fennovoima-Rosatom en catro días. O gran volume dos recursos policiais e estatais postos en marcha contra nós conta unha historia simple: Puidemos danar considerablemente a Fennovoima-Rosatom e cruzar a liña que separa o inconveniente do posiblemente perigoso.

Xunto a isto, conseguimos prender a chispa dunha cultura de resistencia non vista en Finlandia dende a guerra civil de 1918, o que indudablemente asustou a aquelxs no poder.

Se nunca houbo un momento para convidar a cada posible compañeirx a participar desta loita, este é o momento de chamar á solidariedade práctica.

No noso momento de necesidade chamamos ao apoio axs detidxs e axs constructorxs e defensorxs do novo campamento aquí Pyhäjoki, e a unirse á loita dándolle a Fennovoima-Rosatom o que está a pedir. Cun profundo respecto á diversidade de tácticas, alentamos a todo o mundo a agasallar a esta compañía e a calqueira firma conectada con ela co que elxs nos dan, e a agasallar ás embaixas finlandesas e a representantes da policía local coa súa parte.

Solidariedade é un verbo. Practícao! Chamamos a todxs en todas partes a lembrar axs vosxs compañeirxs cautivxs e feridxs aquí no Norte.

0,,18650239_303,00

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: