[Grecia] “Ataco, logo existo” por Nikos Romanós

tumblr_n7owfzmm831tn1ly2o1_500O texto a continuación foi escrito polo compañeiro anarquista Nikos Romanós, preso nas mazmorras gregas, no pasado mes de xaneiro deste ano (aínda que ata fai un par de semanas non se atopaba disponible en inglés, polo que foi imposible traducilo antes), como valoración da campaña do Decembro Negro (decembro 2015) e como proposta para unha posible coordinación a posteriori da campaña, orientada a organizar e vehicular a praxe anárquica insurrecional.

Tirado de La Rebelión de las Palabras (que traduce da versión en inglés publicada en 325) e traducido para Abordaxe por Disnomia.

Ataco, logo existo…

A proposta estendeuse, a insurreción xeneralizouse, algúns/has individuxs asumírona, xs antagonistas actuaron e as manecillas do reloxo activáronse: con distintas accións que van desde barricadas, bloqueos, marchas, peche de escolas, detonacións explosivas por todas as partes, incendios e máis. A isto chamámoslle o proxecto insurrecional, unha conxugación de teoría-practica sobre o andar, unha combinación entre o pensar, analizar, actuar e proxectar destruíndo.

· Dunha reivindicación de responsabilidade de compañeirxs anónimxs en México polos tres ataques explosivos contra obxectivos da autoridade, no marco do Xuño Negro

Para nós, o mes que pasou foi un terreo de probas para a coordinación informal da acción anarquista, sendo ao mesmo tempo un intento experimental para a coexistencia política de compañeirxs de diferentes orixes e perspectivas políticas, que mentres manteñen a súa autonomía política contribuirán á realización dun plan subversivo orientado ao redor de catro direccións políticas clave: Acción directa, diversidade de tácticas e teorías, o desexo dunha coordinación común e a organización informal.

A campaña do “Decembro Negro” foi un punto de encontro para a dirección estratéxica de organización informal e para reiniciar o continuo levantamento anarquista no noso propio territorio e internacionalmente. Por esta razón eu creo que mereceu a pena, tanto para as perspectivas de ampliación do ataque anarquista como para buscar camiños onde as prácticas anarquistas atoparanse, para que todxs xs que participaron neste proxecto subversivo non só quedarán onde están, senón que buscarán polos medios adecuados para asegurar a continua coordinación informal da acción anarquista, definindo nosas propias coordenadas dentro da guerra social e así dando forma a esas condicións que nos permitirán fortalecer e empoderar unha fronte polimórfica para diseminar a semente da insurreción anarquista constante nas metrópoles do mundo.

“Decembro Negro – Conclusións políticas e ecuacións creativas”

Nas interminables horas da morta e abatida dimensión da prisión, a miúdo estamos a tentar analizar os datos da realidade externa a pesar do mínimo dos estímulos que nos alcanzan. A observación, estudo, tratamento e monitoraxe dos eventos desenvolvéndose no espazo-tempo paralelo é unha condición que non debería ser tratada de maneira estreita, senón máis ben con intentos persistentes de conectar cxs compañeirxs fóra dos muros que libran as súas propias batallas contra a autoridade.

Teño a impresión de que case ninguén será capaz de argumentar contra o feito de que, en xeral e por varias e a miúdo mutuamente independentes razóns e causas, os círculos anarquistas amosan unha forte diminución nas súas actividades. Os temas que foron capaces de desenvolver fortes dinámicas independentes foron poucos, e hai un sentimento común entre moitxs compañeirxs de que nos últimos tres anos as dinámicas víronse máis reflectidas durante folgas de fame polxs loitadorxs encarceradxs.

Se consideras o nivel das accións que ocorreron durante estas loitas conxuntas e os textos abertos que seguiron (cando estes manteñen a necesaria sobriedade e compostura) podemos observar un espazo común, unha orientación subversiva colectiva. A valoración positiva deses períodos de densa acción anarquista veos caracterizados pola coordinación informal, a diversidade de accións, e a autonomía de cada colectividade e individux que toma parte nestas loitas. Aparte desta avaliación positiva, houbo a desagradable sensación de incumprimento no feito de que pouco despois houbo un retorno á normalidade.

O desexo xeneralizado de interrupción anarquista da rutina diaria para expandir en duración e expor as súas propias estratexias foi un tema clave de discusión e estudo, pero aínda permanecía suspendido e ausente. Nalgún lugar, naceu a curiosidade por buscar as ferramentas teóricas axeitadas para que estas características puidesen ocorrer a través de campañas de acción autónoma que non virarían ao redor de folgas de fame senón de loitas temáticas que serían unha decisión colectiva. Desta maneira habería unha oportunidade para desenvolver iniciativas desestabilizadoras que contribuirían á intensificación do conflito anarquista co mundo da autoridade.

Un intento así foi a campaña do Decembro Negro, que pretendía crear un marco aberto para a acción dentro do cal sería probada a coordinación informal da acción anarquista, a coexistencia creativa de compañeirxs de diferentes posicións e orixes ideolóxicas, unha superación dialéctica dos pescozos de botella teóricos co fin de crear unha dinámica inversa en oposición á cultura do atrincheramiento ideolóxico, así como a abolición da distinción entre legal e ilegal, e a creación dunha percepción emerxente de converxencia, para que a xerarquía nos medios de loita poida ser eliminada mediante a práctica da diversidade anarquista, para que cada parte integral conforme a totalidade da resistencia anarquista.

Esta proposta, máis aló das cuestións expostas inicialmente, non foi entendida para restrinxir a campaña do Decembro Negro. En cambio, como está escrito no texto orixinal que enviamos, a perspectiva era unha aposta para formar unha plataforma anarquista informal dentro e fóra das murallas. Este proxecto poñería en práctica o experimento de organización informal, mantendo mentres abertas todas aquelas características que non permitirían que se convertese na “propiedade” dunha certa tendencia ou nunha práctica anarquista específica, senón para converterse nun vehículo para todxs aquelxs compañeirxs que están a desexar transformar a anarquía nun risco real para o sistema.

Un punto de encontro, unha fermentación, un intercambio pola coordinación e a comunicación, para ser un trampolín de pensamento e acción pola intensificación da loita anarquista. A campaña do Decembro Negro contribuíu con moito contido á discusión das tácticas revolucionarias e mostrou todo isto a través da acción polimórfica que desenvolveu. O Decembro Negro foi un nexo de comunicación entre diversas prácticas anarquistas por todo o mundo. Unha pequena pinga de anarquía que quere evoluír e causar os mesmos eventos impetuosos, para difundir a festa da destrución en cada polgada de terra onde o Poder esgana a beleza salvaxe da liberdade desenfreada.

Entón o fío da anarquía e a acción directa puido asociar a compañeirxs de Grecia, Italia, Colombia, Chipre, España, Suíza, Países Baixos, Reino Unido, Alemaña,México, Chile, Arxentina, Bolivia, Brasil, Canadá, Estados Unidos, Uruguai, Australia, Perú, Ecuador e Bélxica, a través de decenas de accións anarquistas polimórficas. Textos de compañeirxs encarceradxs, accións de contrainformación e propaganda, pancartas nas ás das prisións, manifestacións militantes e enfrontamentos coa policía, incendios, explosivos e vandalismo contra obxectivos do inimigo, eventos en okupas e centros sociais, a publicación de traballos anarquistas describindo a experiencia insurrecional, momentos de accións directas, manuais e análises teóricas desde varios puntos de vista, todos contribuíron á súa propia maneira única a unha fronte polimórfica de loita organizada informalmente que internacionaliza as experiencias e avanza na ofensiva.

Se un tenta fuxir dunha perspectiva estéril que só ve a súa propia xurisdición como o centro do mundo, entón poderá ver que de feito neste chamado non hai unha “hexemonía ideolóxica” de ningunha tendencia anarquista en comparación a calquera outra; en cambio, estudando o contido teórico das accións, quizá se decatarán de que esta campaña desenvolveu o impulso precisamente polo motivo da súa apertura.

Por outra banda, se un/ha mira cara atrás ao pasado, tanto ao pasado a curto prazo como ao afastado, verá que cada vez que se tentou unha separación dunha corrente da anarquía dunha maneira distinta e competitiva coas outras, isto levou á política de atrincheiramento e introversión, o que resulta nun curto prazo de tempo na perda de impulso. Isto naturalmente ocorre porque ao retirar os termos da discusión dialéctica, automaticamente retiras calquera campo de confrontación frutífera a través dos cales os diferentes conceptos teóricos poden desenvolver o seu potencial. Seguindo os pasos de tal lóxica, un/ha é forzadx á absolutez no discurso, non como un medio para a autodeterminación, senón como unha técnica de polarización de loitas – con todo isto aplícase só a palabras, como o mundo real ofrécenos unha multitude de contradicións, convencións e feitos contraditorios aos que é imposible respostar en base a unha teoría absoluta totalmente formada. Así que isto leva a crear distancias entre teoría e práctica, que como se exacerban conducen a cada un/ha de nós a tratar exclusivamente coa exhibición espectacular de eventos e non co seu contido. Así que en conclusión, este chamado non promoveu o separatismo, e non porque creamos que a maioría dos círculos anarquistas sexan un ambiente san – mais ben os feitos amosan o contrario de ser o caso – senón porque sentiamos a retirada estratéxica e a debilidade política de permitir un espazo de traballo cómodo a aquelxs que infestan o corpo da anarquía. Doutra banda non podemos definirnos baseándonos soamente en referencias políticas e aspectos negativos dalgún “outro”.

Por outra banda, coas palabras e as nosas accións non permanecemos indiferentes; pola contra, facemos valer a nosa posición comezando como individuxs, para fluír no colectivo de quen está no lado da negación, unha posición que sobre a base dunha invitación compañeirista comunica a esencia do problema e o proxecto para a destrución absoluta do existente, dando o impulso subversivo que toda loita precisa.

“Algúns pensamentos sobre as críticas contra o Decembro Negro”

A diferenza da impresión falsa creada por algúns, nunca tivemos a ilusión de que unha insurreción entrase en erupción, como os disturbios ocorren máis a miúdo na natureza da aleatoriedade e non en resposta a un texto, tampouco era a xustificación desta proposta política só expandir a dinámica dalgúns enfrontamentos entre manifestantes e a policía. Se esta impresión errónea non ten relación co chamado orixinal, entón aquelxs que fixeron esta crítica probablemente non leron con coidado dabondo os textos orixinais, nin tiñan o interese dabondo para escoitar os discursos gravados en eventos públicos en okupas anarquistas e radios auto-organizadas, xa que isto foi dabondo salientado explicando toda a razón política da proposta.

En canto a outro tema que se converteu nun punto crítico, que se refire á relación dxs anarquistas encarceradxs coas comunidades anarquistas que a diario combaten a podremia autoritaria, é importante aclarar algúns puntos de vista nunha dirección radical que non vai alimentar aínda máis a fragmentación dentro dos círculos anarquistas. Ben, antes de que eu experimentase a desfortuna de atoparme en prisión, houbo un intento dalgúns/has anarquistas de consolidar a percepción de que xs prisioneirxs anarquistas non son algunhas vacas sagradas por enriba de calquera crítica, pola contra constitúen unha parte integral e vivente da loita anarquista, como cada anarquista que loita contra os bastións do Estado e a autoridade. Deste xeito tamén participan en desenvolvementos anarquistas, contribúen coas súas palabras e as súas accións durante as loitas, coa mesma posibilidade de enviar propostas e publicar críticas que xs compañeirxs fóra dos muros.

Dentro dos muros, por tanto, nun período dominado pola fragmentación e as controversias políticas e persoais exacerbadas, houbo unha contribución sen retórica grandilocuente a superar diferenzas persoais e rixideces teóricas, e que así o centro de gravidade puidese ser cambiado cara a onde o corazón da anarquía debe estar, en constante batalla co poder. Este chamado foi exposto con características abertas, non enviado a ningunha tendencia particular da anarquía, pero deixada para calquera que senta dentro a necesidade ou o desexo de seguir este chamado a actuar coas condicións e a forma que escollesen.

Por iso o chamado foi deixado exposto a calquera para apropialo como quixese. Dado que esta campaña de acción específica non vira ao redor das esixencias persoais, non podería ter un carácter centrado na persoa. Como presxs da necesidade incapaz de ver os nosos corpos correndo libres nos carreiros salvaxes da insurreción anarquista continua, o único xeito de conectarnos co mundo da loita fóra dos muros é a fermentación mutua entre nós, e grazas a esta fermentación buscamos a comunicación con aqueles colectivos e persoas que se creron ou agardaban que un diálogo, un acordo, fose frutífero. O absurdo da situación non é que algúns/has respostásennos e algúns/has non, senón o feito de que outrxs acusásennos en retrospectiva de non buscar ningún acordo.

Que as campañas de loita como no Decembro Negro poidan ter como temática invocar a memoria dxs nosxs compañeirxs mortxs non significa de ningunha maneira que tentasen a resurreción de eventos insurrecionais pasados. A memoria colectiva subversiva foi, é e continuará a ser unha parte vital da loita anarquista polimórfica. O sangue dxs nosxs compañeirxs nunca se secará nas páxinas de libros polvorientos, que forman a coartada ideolóxica da inercia da intelixencia oficial da aristocracia “radical”, senón que continuará fluíndo polas veas de loitadorxs actualmente armando as súas mentes e as súas mans en incontables ocasións para manifestar en todos os sentidos, posibles e imposibles, o seu odio contra o mundo do poder e os seus esbirros.

A memoria da minoría anarquista armada e xs revoltosxs asasinadxs por asasinxs uniformadxs é unha memoria que nos lembra que cando tomamos as armas e atacamos a orde da legalidade, é sobre todo unha actitude de responsabilidade e consecuencia polxs nosxs mortxs, por aquelxs que deron as súas vidas na loita e para a loita. É esta memoria a que nos lembra que a anarquía debe ser perigosa para a autoridade, violenta e absoluta contra os expoñentes da escravitude, afiada e protexida contra calquera que tente suavizar as súas características.

Polo tanto, invocar a memoria dxs nosxs mortxs é unha invitación á loita, nin máis nin menos, un momento de loita na ruta da rebelión anarquista intransixente no deserto da subordinación social.

“Por unha plataforma anarquista informal, na teoría e a práctica”

A insurreción antiautoritaria internacional por tanto baséase nunha profundización progresiva da comprensión mutua entre todxs xs que se subscriben a ela. Isto é indubidablemente un encontro revolucionario na medida en que será dirixido ao intercambio de información sobre o traballo que cada membro, cada grupo, cada estrutura e así sucesivamente, leva dentro da súa realidade espacial.

· Do traballo “Internacional Antiautoritaria Insurrecionalista – Proposta para unha conversa” que, entre outras consideracións ao redor da organización informal para compañeirxs anarquistas, vén do distante 1993.

Ao comezar un diálogo vivo entre compañeirxs que recoñecen que estamos no mesmo lado das barricadas, é aconsellable deixar claro o que queremos lograr e por que defendemos a organización informal da acción anarquista. A organización informal é a nosa maneira de transformar a nosa raiba contra a civilización da autoridade nunha onda coordinada de ataques, interrompendo o monopolio da violencia da lei e a orde. A través da organización informal concentramos os nosos obxectivos e chamamos a condicións insurreccionales que, se se desexa, poden ser concentradas en metas obxectivas, multiplicando así o seu potencial. Mentres mantemos a nosa autonomía política, sen subordinar as nosas percepcións a ningunha estrutura centralizada, ao mesmo tempo estamos a dar axuda e espazo ao desenvolvemento de iniciativas individuais e grupais para que o imaxinario colectivo dxs compañeirxs poida medrar creativamente, sen estar subordinado á vontade política dunha tendencia política.

Cremos que o desenvolvemento de estruturas e infraestruturas anarquistas que traballarán en rede e comunicarán cxs demais ao longo da ampla gama de loitas anarquistas é o primeiro paso para implantar unha estratexia, na raíz do noso desexo de non pospoñer para mañá a nosa rebelión contra o diñeiro, a propiedade, a apatía, o reformismo. E isto é para a nosa loita contra a guerra do capitalismo organizado, que ten como obxectivo o noso sometemento completo aos ditados do establishment, un establishment autoritario retorto que esmaga a calquera que trate de resistir. A través da organización informal da guerra anarquista, desexamos demoler as identidades sociais que nos fixeron permanecer só como traballadorxs, estudantes, presxs ou migrantes, e construír comunidades revolucionarias onde desenvolvamos un novo enfoque humano na organización, as prácticas e as relacións, unha experiencia existencial inseparable da nosa participación na guerra contra a autoridade.

Tras moitos pensamentos e discusións entre compañeirxs tanto dentro como fóra dos muros, puxemos sobre a mesa de debate unha idea que non era unha doutrina establecida. Pola contra, é un convite fraterno á súa profundización e desenvolvemento polos pensamentos de todxs xs compañeirxs que desexen participar no diálogo. Queremos crear unha plataforma anarquista informal na que o diálogo se desenvolva entre compañeirxs de todas as frontes da loita anarquista – compañeirxs buscadxs, presxs anarquistas, okupas e espazos autoxestionados, colectivos anarquistas, grupos de guerrilla e individualidades autónomas – neste mosaico de diferentes conceptos e eleccións que unirán a todxs aquelxs que queren promover a loita anarquista de formas informais declarando a guerra por todos os medios necesarios contra a autoridade. Para evitar malentendidos, o termo “plataforma” non tenta unha conexión coa tendencia política da anarquía que está arraigada no comunismo libertario, senón que denota a creación dun punto de partida informal de coordinación.

A principal meta deste proxecto non é outra que a coordinación e o desenvolvemento da insurreción anarquista en todos os campos da vida social onde poida medrar. Non queremos a creación dunha organización centralizada, só queremos mellorar a nosa eficacia, e facelo require a creación dunha rede de comunicación informal de coordinación e intercambio de pensamentos, que ao mesmo tempo será visible na difusión do seu propio sinal na guerra anti-estatal. A través desta aventura compañeirxs okuparon edificios, propagaron as ideas anarquistas, enfrontáronse cos madeiros e os fascistas nas rúas, acenderon lumes para derretir o xélido desexo de escravitude que se estende dentro do corpo social, levantaron as armas contra xs defensorxs da explotación – todxs puideron participar igualmente nun exercicio anárquico que non promove a organización como un fin en si mesmo, senón que pola contra coordina a actividade anarquista horizontal e informal, rexistra os puntos de vista políticos, propón loitas estratéxicas e temáticas, difunde a percepción da insurreción anarquista continua en aquelxs novxs compañeirxs que son portadorxs do virus do antagonismo, tenta sentar as bases dunha coexistencia política saudable e da síntese de diferentes visións políticas, todo mentres recoñece a sinceira contribución de cada perspectiva na loita. Simultáneamente a través de tal aventura recoñecemos todas as formas de loita como parte da nosa loita maior, e na práctica retiramos a separación entre legal e ilegal, e podemos superar a todo tipo de “expertos” e “especialistas” dentro do movemento. Construímos pontes entre compañeirxs, recoñecendo a todxs como iguais no diálogo entre nós, e neste camiño unha okupa anarquista, un/ha compañeirx encarceradx, ou un grupo incendiario adquire o mesmo peso e non son categorizados pola presentación espectacular dos seus respectivos medios de loita.

Por este motivo o único acordo requirido é o noso desexo polo apoio efectivo da insurreción anarquista continua manifestado por todos os medios, levantando barricadas chameantes contra a arremetida total do capitalismo. En consecuencia, o chamado aberto para o compañeirismo nas filas dunha plataforma anarquista informal non está dirixido a compañeirxs específicxs dunha tendencia anarquista, senón a calquera, dado só que non condenen ningunha forma de loita e crean na flexibilidade e as vantaxes da organización informal. Ao mesmo tempo faise evidente que este proxecto está a competir coas ideas de organización central e funcións centralizadas, e é politicamente hostil a aquelxs que están a tratar de colarse pola porta traseira cos estatutos e as actitudes dos partidos políticos (sen que isto signifique que isto busque especificamente crear un dualismo para mover o centro da discusión só ao redor dos modelos de organización) mentres ao mesmo tempo empeza promovendo a coordinación informal e o traballo en rede de iniciativas anarquistas informais desexando chocar co Estado, o Capital e as relacións sociais que reproducen.

“Un recordatorio dos puntos chave do acordo anarquista”

Como se dixo arriba, os tres principios que dan forma a esta plataforma anarquista son a autonomía, a diversidade de medios de loita e a coordinación, sempre no contexto da organización informal.

Autonomía: Porque consideramos que os conceptos teóricos de cada un/ha e as súas prácticas non deberían ser homoxeneizadas baixo unha política paraugas senón despregadas en público, contribuíndo así ao desenvolvemento dunha dialéctica anarquista. O pluralismo dentro das comunidades anarquistas debe ser un enriquecemento do pensamento anarquista. Hai momentos nos que as contribucións teóricas de grupos de afinidade complementan os seus puntos de vista particulares e a súa evolución abarca o espectro do pensamento crítico radical. Pero mesmo se hai desacordos e discrepancias, os puntos contraditorios de cada concepto poden e deberían servir como unha ocasión para un maior enriquecemento ou para algunhas revisións, se por suposto tal confrontación é levada a cabo nunha contorna de comprensión mutua que non apunte á degradación dun opoñente dentro do movemento.

Simultáneamente a autonomía asegura a ausencia de hexemonía que pode ser expresada nunha maneira dominante en modelos máis concentrados, ou mesmo en grupos anarquistas informais. Só no último caso, o veleno do poder pode ser limitado onde comezou e non será capaz de difundirse máis aló.

A autonomía permítenos contribuír a forxar unha estratexia de combate (por suposto dado que isto é desexado) co noso propio perfil político e coa nosa propia práctica política, contribuíndo así a un marco máis amplo que reúne a forza e multiplica os efectos de manter unha alianza estratéxica usando o concepto de autonomía. Facendo unha comparación, podemos dicir que cada campaña de loita é como un lenzo en branco onde o único límite é o bordo do marco. Cada grupo anarquista pinta á súa propia maneira especial e engade os seus propios toques, enchendo da forma máis bela a diversidade da loita anarquista.

Diversidade: A diversidade polimórfica da loita anarquista é a miúdo un concepto malinterpretado, que ás veces é usado como unha coartada ideolóxica para o repudio de accións dinámicas, e algunhas veces é invocado como un proceso que debería ser a única razón para o apoio político de accións de guerrilla urbana. Pero estes dous pensamentos rexeitan entrar no núcleo do concepto, onde a diversidade da loita anarquista é a única posibilidade para mellorar as súas propias capacidades para a loita. Os medios da loita anarquista, desde a propaganda impresa ata as armas, son obxectos mortos se un/ha non tenta darlles un significado e o contido subversivo desexado. Porque a actividade anarquista é definida como tal cando contén na súa esencia os ingredientes da rebelión e o conflito con calquera autoridade.

Así que a diversidade é o recoñecemento de todas as formas de loita como de máxima e igual importancia. Enfrentadxs cunha realidade complexa debemos ser capaces de desbloquear aquelas ferramentas analíticas que nos permitirán evitar enfrontarnos ao mundo a través de enfoques dogmáticos. Cada acción anarquista disemina mensaxes e crea condicións e estímulos nunha sociedade complexa e estruturada. As intervencións anarquistas alteran o curso dos eventos, trazando camiños caóticos de colisión con calquera forma tentada de manipulación e opresión. Por este motivo cada medio de loita usado está conectado con todos os demais, creando unha cadea conceptual irrompible que é a única perspectiva crible para a conversión da anarquía nun risco real para o Estado e os xefes. Así que cando os conceptos que son promovidos non entenden esta totalidade indivisible, entón o fenómeno da fragmentación que se crea produce reformismo, autorreferencialidade, fetichismo das armas, ou retrocesos ideolóxicos, dependendo do lugar e a localización do elo na cadea que se rompeu. Porque se a anarquía é desarmada e non pode manter e fortalecer os seus armamentos que lle permitirán vingarse dxs gobernantes de toda a podremia deste mundo, alcanzaremos unha opción alternativa no futuro: ser utilizadxs, como moitas outras forzas revolucionarias antes, para revitalizar o sistema. Está historicamente demostrado, ademais, que o capitalismo e a democracia burguesa aproveitan esta posibilidade de asimilación en oposición a proxectos radicais. Porque, coa mesma lóxica, se un/ha non comprende a guerrilla urbana como outro medio de loita necesario e indispensable no carcaj de cada anarquista, estamos condenadxs a unha estratexia de retirada na loita global desde o momento en que se crea un movemento a dúas velocidades: ao final, unha parte do movemento será completamente golpeada pola represión, e a outra volverá aos clubs literarios de inofensiva charla académica.

Coordinación: É o punto de espazo-tempo onde a actividade anarquista difusa sincroniza e dirixe os seus poderes a un obxectivo específico, xa se refira á folga de fame dun/ha compañeirx encarceradx ou a unha campaña de acción ao redor dun tema seleccionado. A nosa elección é coordinar a expresión práctica do noso desexo de atacar o edificio autoritario nunha maneira oportuna e decisiva. A coordinación informal e horizontal incrementa dramaticamente a dinámica de accións dxs anarquistas, xa que gañan máis peso e vólvense máis ameazantes se son parte dun plan organizado que foi baseado en acordos informais de acción conxunta por grupos e individualidades anarquistas.

A coordinación establecida automaticamente maximiza o potencial das accións dentro do contexto global no cal están a ser conducidas. Simultáneamente a través da coordinación informal somos capaces de chegar a unha interacción entre nós, xa que os pensamentos de cada un/ha sobre as cuestións son colocados de maneira complementaria e non antagonista con todos os demais. A elección dunha coordinación informal non implica a nosa converxencia obrigatoria en todas as propostas ou na temática de loita específica proposta. Ademais, a nosa autonomía cóbrenos de que isto ocorra, dándonos así a oportunidade de seguir diferentes estratexias en certos períodos cando non haxa acordo sobre a acción temática proposta.

“En lugar dun epílogo…”

Compañeirxs, o amencer desta nova era chega co rostro máis implacable e repugnante, mentres estamos na agonía do desenvolvemento histórico condensado, neste período de desenvolvemento capitalista voraz que destrúe e arrasa toda a vida neste planeta, simplemente non podemos falar de revolución e anarquía sen promover un método consistente de loita que co seu antagonismo fará feridas no aparentemente invulnerable corpo da soberanía. Vivimos tempos de cambio, dos que pode nacer unha perspectiva liberadora. Nesta época na que vivimos debemos facer un divorcio definitivo coa vacilación e a procrastinación; cada minuto perdido, cada momento malgastado é terreo gañado polo inimigo. A guerra de todxs contra todxs que o capitalismo promove non é unha figura desde a aparentemente segura distancia da periferia capitalista, senón unha realidade vivente experimentada por millóns de persoas que literalmente viron as súas vidas arroxadas ao cubo do lixo, informadxs a través de datos estatísticos extraídos por tecnócratas e analistas militares, dos cales todos amosan como as políticas económicas e os seus desenvolvementos están a abrir frontes nunha zona de guerra. Está máis aló da miña comprensión como alguén que quere ser consideradx anarquista pode seguir sen estar convencidx da necesidade urxente de escalada e incremento da guerra revolucionaria, simplemente botando unha ollada ao que está a pasar a o seu redor. Contra a violencia cega das guerras entre Estados, propoñemos a violencia da insurreción que voa as convencións sociais. Rompamos definitivamente coa cultura moderna da subordinación e a degradación.

As posturas de cada persoa non son visións dunha neutralidade obxectiva e distante, demostran eleccións e actitudes relacionadas coa lóxica das condicións sociais. Aquelxs que pospoñen para mañá en todas as formas posibles o ataque contra as representacións do poder, só dan un alento de vida á dominación e a súa organización do exterminio masivo.

Pola nosa banda, a proposta presentada non afirmou un monopolio sobre a acción anarquista, senón que deu unha visión da organización informal e das posibilidades que podemos obter se somos serixs e persistentes nas nosas intencións e as nosas accións para cortar o nó gordiano da introversión. Queremos formar unha coordinación informal internacional que será a ponte entre a acción pública e a acción conspirativa, que será o seguinte paso no desenvolvemento da loita anarquista polimórfica, tentando cumprir e profundar cualitativamente todas as experiencias históricas relevantes do pasado.

O feito de que este texto chegue ao seu final non significa que tratase en detalle todas as cuestións e pensamentos que se propuxo tratar. Ademais, o obxectivo non é converterse nunha proposta ríxidamente demarcada, senón nunha aposta na loita que será enriquecida e moverase a través das accións, baseando así a súa dirección na única cousa que pode ser considerada esencial, o movemento sen fin e a destrución creativa da loita anarquista.

Hm! E como os parvos berrarán: Tercos anarquistas! Quen pode entender a treboada que ruxe nas nosas mentes? Quen podería ser consciente da nosa fame de pracer, de vida? Quen pode entender a nosa derrota derivada da covardía humana?

Estamos sós. Non atopamos compañeiros listos para participar na loita pola recuperación da vida. Por iso perdimos. E un de nós desvaneceuse. Os outros permanecen cos seus ollos pegados no horizonte. Non puideron e non os apartaron. Este é o noso destino.

Atoparemos compañeiros? Doutro xeito, cada un/ha de nós á súa propia maneira desaparecerá silenciosa ou estrondosamente do escenario do mundo.

Un capítulo péchase. Un capítulo de loita, esperanzas, ilusións. O final, con todo, aínda non chegou. Como esas vidas estrañas, inusuais, chegan ao seu fin, chegamos a un punto onde nos decatamos de que estarían mellor se nunca nacesen. E isto é todo o que había que dicir.

· Bruno Filippi

Forza e solidariedade axs presxs anarquistas!
Organicemos a incontrolable liberdade da dignidade humana!
Anarquía significa ataque!

Nikos Romanós

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: