Multas de tráfico contra os participantes da ultima Marcha a Teixeiro

a-la-mierdaA represión económica contra xs sxlidarios que acuden a Marcha a Prisión de Teixeiro é a tónica habitual, desgraciadamente, dende xa hai moitos anos. Nun primeiro momento as multas caeron de xeito indiscriminado entre todxlxs participantes (como no 2009, 2010 ou 2011). Pero cando a legalización da convocatoria ou a falta de feitos sancionables impediulles a represión económica dos participantes na protesta por motivacións políticas, os picoletos non duvidaron en recurrir as infraccións de trafico para cumprir o seu obxectivo sancionador e intimidatorio. Xa no ano 2012 recuriran a idéntico procedimento, só que naquela ocasión multaron os coches por estacionar no arcen (e o da megafonía, que estaba no medio da mani, por obstruir a visibilidade nunha curva perigosa!!!) e agora son multas por cambiar de sentido en lugar indebido. Os vehículos sancionados son os que recolleron xs participantes o remate da protesta, todo ante os ollos dos efectivos da garda civil, que regulaban o tráfico diante do cárcere, co seu consentimento e sen que en ningún momento aperciviran nin recriminarán nada a ninguén. Naquel momento, aínda que moitos dos vehículos foron parados e rexistrados mentres cometían as supostas infracciones, a ninguén se lle dixo nada de que cometeran ilícito algún; moi ao contrario permitíronlles continuar co que facían e regulaban o trafico dos vehículos alleos a Marcha permitindo a recollida de manifestantes.

Pero pasados case tres meses dos feitos empezan a chegar as “recetas” as casas de polo menos seis dxs asistentes, a maioría de 200 pavos de multa e tres puntos de carnet. A dous deles caéronlles duas sancións seguidas durante a mesma protesta. Pese a que a maioría xa pagaron, beneficiándose da reducción da sanción por pronto pago, estanse elaborando recursos para intentar deixar sen efecto as sancións. Como sabemos que foron moitos máis coches os que participaron na recollida dos manifestantes, e como imaxinamos que hai máis multadxs dxs que nós coñecemos, invitamos a outrxs posibles sancionadxs a poñerse en contacto connosco a través do correo de Abordaxe! para que lles podamos facilitar o contacto do avogado que leva os recursos.

 

P.D.- Nos anos 2013 e 2014 tamén houbo sancionadxs e procesadxs por desordes públicos, pero en menor cuantía e por iso non os mencionamos no artigo, non vaiades pensar que eses anos olvidaronse de iso da represión os nosos benqueridos picoletos.

O “Pirata Garrapata” para Abordaxe!

 

Advertisements

Unha resposta to “Multas de tráfico contra os participantes da ultima Marcha a Teixeiro”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: