[Grecia] Disturbios e enfrontamentos coa policía no centro de detención para refuxiadxs e migrantes ilegais de Moria, na illa de Lesbos.

7Tiramos de Instinto Salvaje e difundimos este comunicado sobre a revolta ocorrida o pasado 26 de abril no interior do centro de detención para persoas refuxiadas e/ou para persoas migrantes indocumentadas de Moria, na illa de Lesbos, en Grecia, cando un protesto dxs menores de idade presxs no centro motivado porque non lles deixaban saír a media hora habitual (debido a medidas especiais de seguridade relacionadas cunha visita do Viceministro de inmigración ao centro) derivou en arremetidas contra as instalacións e enfrontamentos cos antidisturbios mentras o Viceministro tivo que ser evacuado axiña cando xs amotinadxs atacárono tirándolle auga.

O 26 de abril houbo disturbios no Centro de detención de Moria da illa de Lesbos.

Este día o Viceministro grego de inmigración, Muzalas, visitou Moria para botar unha ollada á situación no interior. Axs menores de idade en Moria oficialmente non se lles permite ser mantidxs na prisión, polo que poden saír durante media hora todos os días. Estes 30 minutos fora son a gran cousa do día, o que xs menores están agardando todos os días. O día 26 non foi levada a cabo á hora habitual, asumindo a visita do Viceministro, e tras horas agardando puxéronse máis furiosos porque non se lles deixaba saír. Para expresar a súa raiba lanzaron auga sobre o Viceministro, que foi retirado da prisión inmediatamente pola súa seguridade. Uns/has menores de idade comezáronse a rebelar aínda máis prendendo lume a obxectos, presumiblemente colectores do lixo e outros materiais consumibles. A policía reaccionou mallando a estxs menores, o que enfureceunxs máis e máis. Arredor das 4 comezáronse a rebelar na porta principal de Moria, prendendo lume aos colectores do lixo e tirando pedras á policía antidisturbios (que estánfoto_no_exif2 destinados ás aforas da porta principal de Moria 24/7). A policía antidisturbios entrou, pero tivo que retirarse despois duns minutos, correndo polas súas vidas, así como traductores, axentes de Frontex e persoas que traballan en Moria. Os disturbios extendéronse a diferentes seccións da prisión, onde xs refuxiadxs lograron rachar o cerco e saír de Moria na procura da confrontación coa policía antidisturbios. A policía antidisturbios foi superada en número de xeito claro e sen preparación, e xs refuxiadxs tiveron a oportunidade de confrontarse coa policía durante horas.

Dispararon gases lacrimóxenos sen efecto xa que non facía nada de vento. Xs refuxiadxs lograron irrumpir na oficina que ten o control dos principais altofalantes en Moria, berrando “Liberdade!” polos altofalantes puidéndose escoitar por todo o campamento, e conseguiron entrar ao centro de rexistro onde destruíron documentos e ordenadores. Na noite a xente empezou a subir á parte superior dos edificios, creando máis incendios a través do campo e tratando de destruir os edificios en sí. Tamén houbo varios intentos máis de destruir as cercas no interior. Ao final, a policía volveu entrar, tratando desesperadamente de romper os disturbios disparando varias granadas aturdidoras a curta distancia, apuntando directamente axs refuxiadxs. 5 ambulancias entraban e saían do sitio, descoñécese se estaban transportando axs policías ou axs refuxiadxs feridxs ao hospital. O que aconteceu despois descoñécese, xa que a policía ordenou axs derradeirxs testigos que abandonaran a zona e a policía logo pechou completamente a estrada a Moria en ambs direccións, polo que era imposible que alguén se achegara. Pola mañá a situación estaba en calma de novo.

Para nós estes incidentes mostran que xs humanxs non se poden manter en prisión sen ter unha reacción emocional de resistencia a ela. Apoiamos axs refuxiadxs na súa loita pola xustiza, o recoñecemento da súa situación e da existencia en Europa e no estranxeiro pola Unión Europea, e apoiámolos na súa loita pola liberdade!

Liberdade para todxs xs presxs agora!

Algúns/has anarquistas

foto_no_exif1

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: