[Grecia] Ataque con molotovs na comisaría de Exarchia, Atenas, contra as mafias da droga e a policía que as protexe
Segundo unha nova aparecida en Portal Libertario Oaca e un comunicado reivindicativo aparecido en Indymedia Atenas (ata onde nós sabemos só disponible en grego ata agora), un ataque con molotovs tivo lugar na tarde do pasado 24 de abril contra unha comisaría de policía no barrio de Exarchia, en Atenas , como xesto contra a complicidade policial no tráfico de drogas das mafias no área, co cal xs anarquistas están en guerra aberta dende xa fai tempo, traducíndose dito conflicto en agresións a compañeirxs, en atentados con disparos contra espazos okupados anarquistas e en ameazas de morte. A resposta foron últimamente varias movilizacións no barrio visibilizando a complicidade entre a mafia e a policía, para inxectar o veleno do canibalismo social no tecido combativo dunha das áreas máis combativas do país heleno, e atopar novos pretextos para o incremento do control social e da represión, criminalizando a pobreza e marxinalizando a cada vez máis capas da poboación máis precaria. En ditas movilizacións, compañeirxs foron vistxs portando armas de fogo, dispostxs a defenderse dun posible ataque da mafia.
O seguinte vídeo amosa este ataque á comisaría:
Deixar unha resposta