Manifestación anticapitalista do Primeiro de Maio en Compostela

Movementos sociais, Centros Sociais e algún sindicato minoritario convocaron na tarde do primeiro de maio en Compostela unha manifestación anticapitalista “Contra a Europa criminal do racismo e a desigualdade”. A protesta transcorreu apaciblemente polas rúas  do centro da cidade, sen quebranto nin molestia para os numerosos efectivos das forzas da orde que vixilaban os lugares máis sensibles do percorrido. A protesta convocouse sen siglas, razón esgrimida pola CNT para desmarcarse do asuntro e realizar o seu propio acto, ao parecer con moi escasa afluencia. Pese a convocatoria aberta e sen “sopa de letras” abundaron as clónicas bandeiras sindicais, polo que a apariencia do evento non distou moito da das manifestacións oficiais da mañá tanto no plano estético coma no da combatividade; si que o fixo, queremos pensar, no da intencionalidade e o discurso.

Deixamos aquí o video elaborado por Galiza Contrainfo:

Jack Espárrago para Abordaxe!

 

Advertisements

10 Respostas to “Manifestación anticapitalista do Primeiro de Maio en Compostela”

  1. Por que mentides desse jeito? O que comentades da CNT nao é correto. A CNT desmarcou-se da convocatória quando ainda se estava a debater se se faria com siglas ou sem elas, antes de tomar o acordo. Tambem se manifestaram outras organizaçoes no mesmo sentido, mas preferiram ir á convocatória e logo portar as suas senhas identitárias, que eu acho que é menos honesto. A CNT sei que pediu á sua filiaçao participar na manifestaçao da tarde, e de facto eu vi lá bastantes pessoas da CNT, isso sim, sen faijas sem bandeiras.

    De facto, podo dicer que no correio do coletivo no que participo foi esta a resposta que chegou da CNT no seu momento:

    “Depois de reflexioná-lo, a CNT decidiu nom figurar na convocatória da manifestaçom. O motivo é a falta de tempo e forças para preparar como é devido a organizaçom de duas manifestaçons (a nossa própria pola manhá e a conjunta com o resto pola tarde) e poder seguir atendendo igualmente toda a atividade cotiá do nosso Sindicato. E para nom poder aportar todo o necessário preferimos nom participar da convocatória; o contrário nom
    seria justo.

    De todos jeitos, gostaríamos de seguir pendentes de todo o processo para poder informar com detalhe a nossa filiaçom, à que animaremos a assistir igualmente, pois, como vos dixem na reuniom, a nossa manifestaçom e a vossa som complementares.”

    Acho entao que o que estades a facer nao é honesto.

  2. pepinho Says:

    e censurastes o meu comentario explicando o que se passara?

    • Hola, pareces moi alterad@ e con gañas de debatir co noso colaborador, e o segundo parécenos moi ben.

      Aquí non censuramos nada, mentres entre dentro das formas e os mínimos acordados polo equipo redator, todo ten cabida. Outra cousa é que non poidamos publicar os comentarios no momento en que se fan, xa que temos o acordo de aprobalos para evitar según que comportamentos moi típicos da sociedade do espectáculo. Sentimos deberas que leves 10 horas agardando para ver o teu comentario publicado, pero non estamos todo o día pendentes do blog nin colgados da “rede” para ver quen comenta según que cousas…

      Como saberás as facetas deste colectivo non se resumen exclusivamente a internet, e moito menos as vidas das persoas que o compoñen. Se non te gusta o noso funcionamento, ou queres aportar algo temos un contacto na columna dereita da páxina de inicio.

      Non hai ningunha intención de censurar. Non lle debemos nada a ninguén, nin somos un medio comercial, como para que se nos prexulgue de calquera maneira e se nos esixa adaptarnos a determinados ritmos frenéticos e enfermizos produto da virtualidade. Agardamos ter paliado a túa desubicación para con este espazo de comunicación anarquista.

  3. Se é certo o que dí Pepinho este artigo fai unha manipulación clara.

  4. Claro! É evidente que a C.N.T. desmarcouse da convocatoria por puritito altruismo e honestidade. Organizar a súa manifestación deixábaos sen forzas para sumarse a outras convocatorias, dicir “veña, nós tamén nos sumamos” esixía moito esforzo mental e articular moitas palabras seguidas. Ademais non se decataran antes de que lles faltarían as forzas, e foron conscientes no medio do proceso. Pensar que foron os desacordos os que lles motivaron a abandonar o proceso é de malpensados e manipuladores. Eles non podían estar máis de acordo con todo, pero preferiron abandonar a convocatoria porque de tanto que lles gustaba non quixeron estropeala coa súa presencia. Canta filantropía!!

    • hai duas formas de abandonar algo, de malas maneras e rompendo e condenando o que fan os outros, como deixa ver abordaxe que fixo a CNT, ou apartarse mantendo a colaboración, entendendo a discrepancia de criterios como algo natural que non imposibilita a colaboración, como parece que así foi.

      eu quédome con esta frase:
      gostaríamos de seguir pendentes de todo o processo para poder informar com detalhe a nossa filiaçom, à que animaremos a assistir igualmente

      eu non son da CNT, pero fun as duas manifestacions porque unha persoa do noso grupo de amizades comentounos que na CNT efectivamente o animaran a participar na accion da tarde, pero que non levasen propaganda nin bandeiras.

      se alguén pensa que a CNT dicía iso por dicir, que me expliquen porque efectivamente a afiliados que eu mesma coñezo se lles comentou de asistir a mani da tarde

  5. O que ao final pasou entón foi que a manifa da CNT estibo cheia e bandeiras da CNT e a outra de bandeiras da patria e comunistas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: