O garda civil detido por asasinar a un cidadán de orixe marroquí por unha disputa de tráfico reafírmase con comentarios racistas
Elaborado por Disnomia para Abordaxe.
Enlazábamos hai apenas uns días en Abordaxe unha nova do noso compa de O Gajeiro na Gávea acerca dun novo asasinato policial, desta volta dun cidadán marroquí despois dunha presunta disputa de tráfico tras un accidente na A-3.
Alén, novos datos esclarecen máis o asunto e engaden novos elementos a ter en conta, xa que polo visto, segundo informaron varios falsimedios, incluíndo aqueles nada sospeitosos de rexeitar as institucións e corpos das Forzas de “Seguridade” do Estado coma por exemplo o xornal ABC de onde eu tiro a nova (normalmente diríavos que a buscásedes vós mesmas e negaríame a enlazar a semellante vertedoiro, pero hoxe vou facer unha excepción; podedes atopar a fonte da nova aquí), Ángel Luís Viana Jiménez, o axente da Guardia Civil de 31 anos que fai uns días asasinou de varios disparos a un cidadán de orixe marroquí tras unha suposta disputa de tráfico, tería actuado de xeito completamente deliberado e motivado por un pensamento islamófobo e racista.
O picoleto, que estaba de baixa por unha lumbalxia, foi, segundo testigos presenciais, quen provocou o accidente cando circulando no seu BMW pola A-3 regresando da localidade de Arganda del Rey (a onde tería ido visitar ao seu pai, tamén garda civil), decidiu botar da estrada a propósito ao Opel Zafira que conducía Younes S., cidadán de orixe marroquí de 39 anos. Despois de que Viana Jiménez provocase o accidente de Younes, cargou a súa arma reglamentaria (unha pistola Beretta) e disparou varias veces contra Younes, quen tentara fuxir correndo, alcanzándoo varias veces en distintos puntos da metade inferior do seu corpo. Acto seguido, teríase achegado ao corpo agonizante de Younes para, tras comprobar que seguía vivo, rematalo con disparos na cabeza. Logo, sentou na mediana da estrada a agardar a que os seus compañeiros chegasen. Todo isto diante de numerosos testigos que nas súas declaracións negaron categóricamente que o axente disparase en defensa propia.
Cando os demáis picoletos chegaron ao lugar, o asasino garda civil manifestou de xeito espontáneo que “Antes de que un moro de estos nos reviente de un bombazo, lo reviento yo” (sic).
Cómpre lembrar que ademáis Viana Jiménez no momento de matar a Younes S. levaba non só a súa arma de fogo reglamentaria senón tamén unha espada tipo katana nas costas que ocuparíalle toda a espalda, segundo precisaron as propias fontes policiais.
O picoleto tería sido enviado a prisión preventiva comunicada e sen fianza e atoparíase xa ingresado no C.P. de Estremera.
A nós a “Xustiza” do Estado danos igual. Simplemente parécenos oportuno reflexionar e lembrar que cando falamos de que a policía asasina, cando dicimos que a democracia tortura, cando preguntámonos acerca da presunta “seguridade” que nos conceden estes corpos de fascistas armados e a completa impunidade da que, na maioría dos casos, soen gozar (xa veremos en que queda este asunto), non falamos de balde. O “gatillo fácil” das FSE continúa levando vidas mentras na tele e nos altares das institucións estatais fálannos destes corpos de asasinos coma garantes da igualdade, tolerancia e respecto das liberdades civís. Nós temos moi claro que tipo de “igualdade” e de “liberdades” garanten…
Non vos queremos, non vos precisamos.
Madeiros asasinos…
Maio 2, 2016 ás 1:13 pm
[…] compas de Abordaxe dam recebo do que publiquei no seu dia ao respeito do assassinato dum cidadám de orige marroquino […]
Maio 3, 2016 ás 1:46 pm
[…] Fuente: Portal Libertario OACA/Abordaxe 30.04.16 […]
Maio 7, 2016 ás 11:02 pm
[…] falamos en Abordaxe das declaracións xenófobas e racistas coas que xustificou o seu crime Luis Ángel Viana Jiménez, garda civil responsable do asasinato a sangue frío dun cidadán de orixe marroquí na autovía […]