Defendamos a terra!!
Tirado de Instinto Salvaje e traducido por Disnomia para Abordaxe:
DEFENDAMOS A TERRA!
Defendemos a terra de aquelxs que a queren privatizar, defendemos a terra de aquelxs que creen que é súa, defendemos a terra de aqueles que a queren destruir!
Estamos fartxs de ver a destrucción do territorio onde vivimos, alí onde antes había montañas agora hai canteiras. Non queremos seguir indiferentes ante a devastación de ríos, bosques, montañas e animais; é por este motivo que pasamos á acción en defensa da terra.
Atacamos ás máquinas que destrúen o territorio, atacámolas conscientes de que o problema non o teñen as máquinas en sí senón o sistema capitalista que baséase en obter os máximos beneficios económicos a toda costa, incluíndo a devastación do planeta.
Hai que lembrar que o noso planeta ten uns recursos limitados, o sistema capitalista explótaos sen ter en conta a súa capacidade de rexeneración, polo que a continuidade do capitalismo está sentenciando a morte ao noso planeta. É urxente rematar con este sistema autoritario e opresor que o devasta todo por onde pasa.
Queren facernos creer que a explotación da terra e dos seres que a habitan é necesaria para o progreso e a civilización. Nós preguntámonos de que progreso e de que civilización están a falar. Se progreso é sustituir o que antes era verde e natural polo gris e artificial do asfalto nós estamos en contra do progreso; se civilización é impoñernos fronteiras artificiais e condenar a medio mundo á miseria porque a outra metade poida dispoñer de casas con televisión, coches e móviles de última xeración, nós estamos en contra da civilización.
Utilizamos a acción directa, utilizamos o ataque e a sabotaxe das súas máquinas coma ferramenta de propaganda e como ferramenta para frear o avance da explotación e exterminio do noso planeta.
Chamamos a rebelarnos contra o sistema establecido, facemos un chamamento á defensa da terra, chamamos á difusión da acción directa como ferramenta para facer fronte á súa violencia.
Defendemos a Terra!
A.N.I.M.A.L.S.
(Anarquistas Nómadas Indomesticables Misteriosas Activas Loitadoras e Sensatas).
Alt Urgell, Cataluña, 24/04/2016
Deixar unha resposta