[Compostela] 1º de Maio – Manifestaçom Anticapitalista contra a Europa Criminal

Por O gajeiro na gávea

1 maio 1Eu nom te sou muito de celebrar datas históricas mas sim de nom esquecer os feitos que motivaram estas lembranças e mesmo compartilho essa necessidade de atualizar essas lutas desses dias por outras que tenham por objetivo tirar a luz sobre as novas trágedias humanas que afeitam ás mais das gentes do comum e que som situaçons criadas pola ânsias de poder dos menos, pola exploraçom das semelhantes para seguir sendo cada dia mais ricos e nadar na abundância entanto matam de fome, guerras e outras violências, coa conivência tática e prática de governos, ejércitos, polícias e leguleios vendidos ao capital.

13063404_1584125281900400_5854349065574899827_oAssim que estarei este 1º de maio da mão daquelas pessoas com sensibilidade suficinte como para renunciar por umha vez a fazer propaganda sindical e em troques de sair de passeata militante no “dia mundial das bandeirinhas” optar por estar mão com mão com a gente que hoje mais necessita a solidariedade de todas: Contra a Europa criminal do racismo e a desigualdade!.

Ai daqueles que vendem a moto de ser o único sindicato sem dirigentes e liberados e que prefirem seguir a fazer desta jornada proselitismo das suas bandeirolas e propagandas denantes que participar desta convocatória que partiu das gentes dos diferentes Centros Sociais espalhados por esta cidade, porque é claro que eles nom saem da sua sede se nom é com seus trapos e seus anticuados logos especistas (e a boa entendedora…).

É dito isto colo acá a convocatória unitária sem siglas que está a circular pola rede e polas ruas de Compostela:

Coletivos sociais, sindicais. Pessoas. Tudo é sumar. Este primeiro de maio imos estar nas ruas em Compostela com umha mobilizaçom sem siglas contra a Europa criminal do racismo e da desigualdade. Umha manifestaçom na que caibam todas as vozes para denunciar as políticas do austericídio e da desigualdade que estám a acabar coas nossas vidas. Contamos contigo! Junt@s avançamos!

CONTRA A EUROPA CRIMINAL DO RACISMO E A DESIGUALDADE

1 maio 2Vivemos umha situaçom de urgência, num estado de alerta que require e convoca todas as nossas mãos. Ou eles ou nós, nom queda outra saida. Por isso este 1º de maio mobilizarémo-nos na defensa dumha vida vivível para todas e todos. Por isso reivindicamos.

* Umha vida digna para todas as refugiadas do mundo.
*Paremos as devoluçons em massa das “refugiadas de segunda”, malchamadas polo poder “imigrantes ilegais”.
* Pola fim do internamento maciço de pessoas nos CIEs.
* Abonda de utilizar a crise coma umha coartada para recurtar direitos e catapultar-nos para atrás na história.
* Pola fim das agresons ás mulheres em qualquer âmbito de vida. Nós imos parar os privilégios heteropatriarcais.
* Pola visibilizaçom dos cuidados e do trabalho de reproduçom.
* Na defensa da sanidade pública.
* Na defensa do ensino público.
* Na defensa dos nossos serviços sociais.
* Para que nenhumha pessoa mais tenha que emigrar perseguida pola exploraçom.
* Por um agro vivo e na defensa dos nossos seitores produtivos.
* Acabemos cos macroprojetos de destruiçom ambiental (ENCE, REGANOSA…).
* Porque a vivenda é um direito, nom umha mercadoria. Os ladrons de vivendas nom tenhem lugar!
* Contra a precariedade e o desemprego.
* Contra a repressom das ideias e os corpos.

13119003_1584125275233734_1021623446636785392_nTomemos as ruas com contundência. Qualquer caste de imobilismo ou de passividade é a forma mais cruenta de cumplicidade com o que estám a fazer com nós. Manifestémo-nos contra este sistema criminal baseado no racismo, na xenofobia, no hetero-patriarcado e na desigualdade. Esta Europa nom a queremos!

MANIFESTAÇOM 1º DE MAIO. 19 HORAS. PORTA DO CAMINHO
POLO NOSSO DIREITO A VIVER UMHA VIDA DIGNA

Advertisements

7 Respostas to “[Compostela] 1º de Maio – Manifestaçom Anticapitalista contra a Europa Criminal”

  1. Modifiquei a entrada no meu blog e engadim este texto:

    Além venho de comprovar polos meus olhos espertos o seu acionar avesso pois membros deste sindicato estám a colar seus cartazes partidários enriba dos da convocatória unitária, e pergúnto-me: serám que estám a prol dumha Europa criminal do racismo e a desigualdade?? (porque por falha de espaço nom é)

  2. Algunhas sí que gostamos de manis con bandeiras de todo tipo (de sindicatos, centros sociais, feministas, anarquistas, reivindicativas…. ) dan colorido e mostran obxetivos conmúns de xentes diferentes.
    Os símbolos son importantes na comunicación social.

    Entón cal é o problema? que estaban prohibidas as bandeiras e logos? tan importante é ir sen bandeiras e logos?

    • Eu, antes de nada, quero dicir que discrepo totalmente contigo, Galega.

      “Bandeiras de todo tipo”…? Tamén de organizacións reformistas, pactistas e vendeobreiras? Tamén de estructuras vencelladas a partidos políticos arribistas e apagalumes? Tamén de sindicatos que de combativos só teñen o pasado e se cadra a iconografía dos colantes e dos cartaces pero que conservan no seu seo roles burocráticos noxentos, un discurso anacrónico rancio e hipócrita, xerarquías informais de carácter inamovible e absoluto e unha absolutamente NULA autocrítica ou praxe fóra do sempiterno asistencialismo obreirista? Un mínimo de criterio non estaría mal. A teima dos “obxectivos comúns” é confusa e contraditoria. Eu teño obxectivos comúns con moitas persoas pero as discrepancias evidentes en moitos casos son demasiado fortes e non se poden pasar por alto. Trátase de facer un exercizo de honestidade e de revisión das nosas propias complicidades, penso, en lugar de aspirar a unha sorte de “todo vale” onde, ao final, de tanta xente que cabe, non cabe ninguén.

      Pero pasando isto por alto penso que nunha convocatoria que pretende ser autónoma, inclusiva e que (seica) pretendería reunir unha serie de expresións políticas, digamos, “antagonistas” (este termo non me gusta nadiña pois penso que fai parte dun glosario moi ambiguo), deberíase comezar por renunciar aos egos e ao narcisismo implícitos nas sopas de letras das siglas duns e doutras.

      Que son as siglas? Que representan? Representan persoas, individualidades, impulsos, vontades, desexos? Ou simplemente son a marca comercial das organizacións, un producto que vender para medrar en afiliadas, aproveitando as manis para facer publicidade? Pensádeo…

      Eu quero movilizarme con compañeiras, e para min isto implica necesariamente trascender o estrictamente político e a esfera militante, e coñecer as súas vidas, as súas inquedanzas, os seus soños, os seus anhelos, e poñer en común a nosa raiba, os nosos esforzos, os nosos compromisos, os nosos medos e as nosas ferramentas. Crear unha comunidade a través da práctica, mediante lazos informais, amizades e proxectos compartidos onde descubrir esas sincronías que nos unan máis alá, insisto, de militar aquí ou alí ou facer parte desta ou destroutra organización. As siglas matan a individualidade, e convírtennos en pouco menos que axentes de márqueting dun outro ente que nomeado con acrónimos e dende o abstracto semella dominar as nosas relacións sociais, esas que calificamos de “libertarias”…

      Pero oe, que se nón, tamén podemos ser sinceiras dende o principio e aforrarnos lerias. Que a xente prioriza as súas siglas por enriba das relacións combativas que se poidan crear ou atopar? Pois nada, que cada quen vaia na súa mani coas súas siglas, ou que a idea dende o principio sexa levar as siglas, pero se a estratexia ten coma fin última priorizar a visibilidade da túa organización por enriba das demáis ou por enriba das persoas que son quenes están dando corpo, vida e forma a esa movilización, comigo que non conten.

  3. Dubido moito que esta manifestación do 1º de maio vaia ir sen bandeiras. As organizacións e colectivos que organizan e apoian supoño que o terán máis claro ca min e o que escribe o artigo.

  4. Pois eu onte vin ao parracho e ao enano colando cartaces desta convocatoria. Sen bandeiras e sen siglas, si, claro, pero levada por detrás pola CIG e polos elementos da CUT que están preparando o seu regreso á Central-que-mola-mucho-mas. A finalidade é a de sempre, diluir o que queda á esquerda e recuperalo cando se lle fixo perder o sentido.
    Ademais, que hai que ser parvo para dicir que esta convocatoria parte dos centros sociais, cando foi iniciado exclusivamente polo aparato da CUT. Cada quen que xogue ao que queira, pero contar paridas como esta é de risa.

  5. E por certo, supoño que sabedes que o de sen siglas é so para a faixa de cabeceira. Que logo cada quen vai levar toda a súa parafernalia como en calquera outra convocatoria. Preparádevos apra ir rodeados de trapitos nacionalistas e da CUT, que como sempre fixeron non terán problema en tapar toda a convocatoria coa sua propia parafernalia. Felicidades.

    • A CHORAR A MISA!!! Says:

      Hola “outra”, véseche o resentimento anarcosindical a leguas quedachedes sós e puxéstesvos en evidencia como organización unha vez máis. Vésevos moi mosqueados, pasa cada vez que a realidade os pon no voso sitio e remata coas vosas ilusións cuantitativas. Esta convocatoria parte de moitas organizacións, CUT, CCSS, COLECTIVOS DA CIDADE. Da igual quen a propuxo, a organizan distintos colectivos. E sí é unha CONVOCATORIA ANTICAPITALISTA SEN SIGLAS. NON HAI SIGLAS NIN NA FAIXA NIN NA CONVOCATORIA DO CARTAZ, NIN NO COMUNICADO. Outra cousa é que ás organizacións e individuos que participan dela permítaselles levar a súa propaganda e simboloxía, que probablemente será moi diversa.

      Outra cousa a CIG NON TEN ABSOLUTAMENTE NADA QUE VER CON ISO.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: