[Lleida] Segue a solidariedade cos 3 compañeiros de Lleida

Ás accións comunicadas recentemente dentro da Semana de solidariedade cos 3 compañeiros de Lleida imputados por solidarizarse coa loita das persoas presas contra os malos tratos nas prisións españolas (dúas, que nós saibamos, un ataque con pintura contra unha academia que ofrece cursos de formación policial en Pontevedra e unha folga de fame de 3 días do preso en loita Juankar Santana) súmanselle as seguintes mostras de apoio en Lleida. Recollemos e traducimos as novas de Contra Info:P1070059-544x408

Manifestación en apoio aos 3 de Lleida e contra o cárcere

O día 24 de abril, un grupo de 200 persoas manifestouse en apoio aos 3 mozos de Lleida e en contra das torturas no cárcere. Durante o percorrido berráronse consignas pola absolución dos compas, a favor da solidariedade e contra o cárcere. A protesta rematou cunhas performance na Pl. Cervantes onde antigamente estaba ubicado o cárcere de Ponent (Lleida).

Desde a acampada en solidariedade aos 3 mozos de Lleida20160425_230805-544x408

Agora mesmo somos máis de 70 persoas e 13 tendas de campaña, acaba de comezar o concerto previsto cun cantautor e a noite está transcurrindo con normalidade.

Moita xente veu dar unha mostra de apoio e solidariedade cos 3 rapaces encausados por participar en actos de solidariedade contra as torturas e os abusos en prisión.


20160425_230742-544x408

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: