Recibimos (en castelán) este panfleto editado polxs compas de Internacional Negra Ediciones e que recolle un texto publicado orixinalmente en grego polxs compañeirxs da Conspiración de Células do Lume dende a prisión en xaneiro deste ano, fai uns meses, na procura de novas perspectivas para a loita anarquista de corte insurrecional tras a campaña do Decembro Negro, campaña de accións de sabotaxe e ataque convocada desde as prisións gregas polos presos anarquistas Nikos Romanós e Panagiotis Argyrou (este último membro da CCL) e que desenvolveuse e tivo varias respostas internacionais ao longo de todo o mes de decembro de 2015.
Deixamos o texto de presentación traducido ao galego e o enlace para baixar ou ler online o panfleto.
Para ler online/descargar o material clickade aquí.
O presente texto que editamos e difundimos é un convite/proposta dxs compañeirxs de Conspiración de Células do Lume (Grecia) para xerar e potenciar a tendencia anárquica que abre paso á liberdade aquí e agora, combatendo toda forma de poder e criticando o rol de quenes co seu silencio, comodidade e pasividade perpetúan nas súas vidas as relacións de poder e autoridade.
A partir da iniciativa do “Decembro Negro” (2015) xs compañeirxs difunden este texto a comezos de xaneiro de 2016, evaluando a experiencia e proxectando novos horizontes de axitación anárquica a través dunha proposta para convocar ás individualidades e grupos que identifícanse coas tendencias “herexes” da anarquía (anarcoinsurrectxs, anarcoindividualistas, anarconihilistas) para atoparse na discusión e na acción ofensiva multiforme contra o mundo da autoridade.
Xunto ao interese pola difusión anárquica, internacionalista e solidaria cxs compañeirxs presxs, motívanos a revitalización do proxecto editorial Internacional Negra, lanzado no ano 2012 polxs compañeirxs de Conspiración de Células do Lume, co obxectivo de contribuir aos debates teórico/prácticos para a rede internacional de individualidades e grupos anárquicos que procuran facer das súas vidas un perigo permanente para a opresión existente nesta e en calquera orde social.
Incluimos neste folleto a presentación orixinal do proxecto editorial Internacional Negra que en 2012 difundiron xs compañeirxs de Conspiración de Células do Lume.
Da lectura… á complicidade.
AUTONOMÍA, ACCIÓN,
SOLIDARIEDADE E INTERNACIONALISMO
CONTRA TODA FORMA DE AUTORIDADE
Edicións Internacional Negra
internacionalnegraediciones@riseup.net
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
This entry was posted on Abril 27, 2016 at 1:04 pm and is filed under anarquismo, internacional, opinión, publicacións. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed.
You can leave a response, or trackback from your own site.
Deixar unha resposta