[Italia] Liberado o compañeiro Gianluca Iacovacci

00000000000000Segundo unha información publicada en Instinto Salvaje, o compañeiro Gianluca Iacovacci foi ceibado do arresto domiciliar que pesaba sobre él desde o pasado mes de xuño de 2015, cando foi excarcerado impoñéndoselle esta outra medida restrictiva.

Lembremos que Gianluca Iacovacci xunto ao outro compañeiro, Adriano Antonacci, foron encarcerados en septembre de 2013, acusados de participar en trece accións de sabotaxe ocorridas no área de Castillos Romanos (Roma) contra entidades financieiras e contra empresas ou negocios explotadores de animais e/ou destructores da natureza, con obxectivos como varios bancos, unha tenda de abrigos de pel, instalacións de ENI e ENEL (principais xigantes enerxéticos italianos) e o vertedoiro de Roncigliano. Gianluca admitiu a súa responsabilidade e reivindicou a súa opción política insurrecta por esas sabotaxes.

Despois de que os cargos por terrorismo caesen, a pena (que orixinalmente rondaba os 6 anos de prisión) reduciuse á metade tras unha apelación, quedando en arredor de 3 anos.

Agora, o compañeiro atópase libre e sen restriccións xudiciais. Agardamos que cedo o outro compañeiro acusado neste caso, Adriano, sexa liberado tamén.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: