[A Coruña] A Comuna promove un concurso de microrrelatos con motivo do Día das Letras Galegas

letrasgal

O Centro Social A Comuna naceu con vocación de ser punto de encontro onde compartir ideas e creatividade como unha forma de crear comunidade. Por este motivo, queremos dar a oportunidade a todas as persoas interesadas (sen importar a súa idade) a que se expresen a través dun microrrelato en galego de temática libre.

O prazo de entrega será o vindeiro 13 de maio e o veredicto do xurado darase a coñecer nunha entrega de premios que terá lugar o 21 do mesmo mes. Haberá un único premio que consistirá nun libro de Manuel María, unha taza personalizada da Comuna e un ano coma socia colaboradora do CSA A Comuna (taxado en 50 euros). De resultar gañador algunha persoa que fora xa socia colaboradora, este poderá elixir a persoa a quen quere unir á nosa comunidade.

Cada concursante poderá enviar ata dous microrrelatos que non deberan de ter máis de 150 palabras sen contar o título. Para participar cómpre enviar dous correos ao e-mail csacomuna@gmail.com. O primeiro deles levará no “Asunto” o título, seguido do pseudónimo entre parénteses, e no “corpo do correo” irá o microrrelato. No segundo correo, levará no “Asunto” o pseudónimo e no corpo do correo conterá o título do microrrelato, o pseudónimo, nome e apelidos, idade e teléfono de contacto. O autor ou autora da obra galardoada terá que estar presente na entrega de premios e será contactado antes da mesma por teléfono our correo electrónico.

Título

Concurso de Microrrelatos

Prazo de entrega

13 de maio de 2016

Extensión

Non máis de 150 palabras

Contacto para o envío das obras

csacomuna@gmail.com

Para máis Información, contactade con:

Sara Martínez

csacomuna@gmail.com

Teléfono: 699 40 46 85

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: