Vítimas, vitimoloxía e anarquismo

descarga

A vitimoloxía, é unha rama da criminoloxía que se encarga de estudar as vítimas do delito nos seus aspectos, biolóxicos, psicolóxicos, morais, culturais e sociais, co fin de precisar o seu rol dentro da acción delictual. Esta disciplina ten por obxecto o estudo da persoa agredida para determinar a súa relación co delincuente e o papel que desenvolve na xénese do delito. Elías Neuman diría que, “a vitimoloxía é unha sorte de criminoloxía, pero ao revés”. O criminólogo Mendelsohn no seu afán de enredar máis as súas teorías, clasificou ás vítimas de maneira cualitativa segundo o seu grao de participación no delito e distinguiu 5 tipoloxías que son; a vítima inocente, aquela que nada fixo para desencadear a acción. A vítima provocadora, que é a que coa súa provocación incita ao delito. A vítima voluntaria; aquela que colabora co vitimario. A vítima agresora; que é a que simula unha agresión da que non foi obxecto e por ultimo a vítima por ignorancia, que é a que de forma irreflexiva provoca a súa propia vitimización facilitando a actuación do seu agresor, nesta ultima encaixa á perfección o anarquista.

Desgraciadamente é así, moitas veces as nosas accións son as ferramentas necesarias para que o Estado nos reprima. Pretender que non o faga é unha estupidez, porque sería ir contra a natureza coactiva do contrato social do cal fomos relegados. É obvio que non somos seres gratos para o Poder, nin xamais o seremos, representamos a súa antitese, Cristian Ferrer diría que seria inconcibible o concepto de Estado sen os seus antónimos, é dicir, nós. Por conseguinte non existe tal situación como a “criminalización” dos anarquistas, de maneira espontánea, senón que polo xeral é buscada, isto acentúase mais co feito de que o Estado aplica as súas teorías lombrosianas connosco, é dicir que non se nos xulga polos feitos senón polo que representamos, creando desta maneira unha vitimización endóxena. Inerente ao rol social e ao que representamos na sociedade. Tampouco se nos pode aniquilar porque a práctica dun século de combate demostroulles que tras cada anarquista morto, nacen máis no seu nome. Con todo pódennos controlar e manternos alienados nas nosas propias dinámicas que é o que viñeron aplicando.

Entón chegamos á terrible disxuntiva do celebre Que facer? Se actuamos seremos criminalizados e evitalos é imposible. A única forma de romper a encrucillada non é a pasividade senón a creación dunha rede global de asistencia legal, económica e teórica que poida garantir ao compañeiro a resistencia atrás dos muros. A compañeira Amanda Cerezo foi profeta nisto, ao dicir que “se non queres problemas fáite boyscout e non anarquista” os problemas perséguennos e seguirannos perseguindo, iso asúmano. Pero o que sí debemos abandonar é a actitude victimizante que sempre asumimos, é hora de que o movemento anarquista deixe de ser un movemento de resistencia, que só aguanta golpes para ser un movemento de oposición e sobre todo de alternativa, e niso todos debemos poñer o noso grao de area.

Rodolfo Montes de Oca

Tirado de Afilando Nuestras Vidas

Traducido por B.Castrón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: