[Barcelona] Sobre o intento policial de captar como confidente a un compañeiro

peu_p2_4Estes días difundíronse por Internet uns vídeos que amosan unha conversa onde dous individuos coaccionan e tratan de lograr que un activista, Quim Gimeno, se convirta en confidente, interrogándoo facéndose pasar por xornalistas da axencia EFE (na cal afirman non saber nada duns individuos que resposten ao nome/iniciais coas que os madeiros se presentaron) aínda que logo se contradecisen en reunións posteriores onde xa non falaron da axencia EFE e dixeron traballar para “a seguridade do Estado”.

Os dous individuos coaccionaron ao compañeiro ameazándoo con revelar no seu traballo todo o referente ao seu proceso (xa que é unha das persoas imputadas na Operación Pandora) e ofrecéronlle contraprestacións económicas, ademáis de ofrecerse a exercer influencias dentro do proceso aberto contra él, se accedía a obter e entregar información sobre xs compañeirxs Mónica e Francisco, sobre outrxs activistas e militantes anarquistas da cidade, ou sobre as actividades en ateneos e demáis espazos libertarios dalgúns barrios de Barcelona coma Poble Sec.

O compañeiro, que desconfiou da identidade dos dous individuos dende o principio, viu pouco a pouco confirmadas as súas sospeitas pero decidiu seguir coas reunións para ver ata onde se podía chegar, contactando antes co colectivo do semanario alternativo La Directa para documentar gráficamente estes encontros, mentras que Gimeno empezou a grabar as conversas. Grazas a isto foi posible ter acceso a documentación de audio que confirma todo isto e revela a intentona destes dous suxeitos de “mercar” ao compañeiro para que actuase de chivato, algo que por suposto non conseguiron.

Finalmente, unha querella de once páxinas foi interposta polo abogado Andrés García Berrio para denunciar o intento de captación do activista por parte da “seguridade do Estado”, por un presunto delito de coaccións.

Para acceder á fonte orixinal desta nova con moita máis información ao respecto, aconsellámosvos consultar a web do semanario La Directa  (aquí aquí). As novas de La Directa están en catalán, pero se alguén quere atopar unha versión das mesmas traducida ao castelán (estamos traballando nunha versión en galego) pode mirar na web de Diagonal (aquí e aquí).

A continuación, os vídeos onde se poden escoitar os audios rexistrados durante estes encontros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: