“Asumídeo, a vosa política é máis aburrida que a merda…” por Nadia C.

Texto asinado por Nadia C. e tirado en castelán do blogue do colectivo anarquista norteamericano Crimethinc. Traducido por Disnomia para Abordaxe.

Asumídeo, a vosa “política” é máis aburrida que a merda. Sabedes que é verdade. Doutra forma, por que todo o mundo reacciona con tedio cando pronunciades a palabra?, por que a asistencia aos vosos grupos de debate de teoría anarcocomunista caeu ata o mínimo?, por que o proletariado oprimido non entra en razón e únese na vosa loita pola emancipación mundial?

Poida que, tras anos loitando para educalos sobre a súa condición de vítimas, chegásedes a culpalos da súa posición. Será que queren ser pisados polo capitalismo e o imperialismo, doutra forma, por que non mostran interese nas vosas causas políticas?, por que non se uniron a vós aínda encadeándose a mobles de madeira de caoba, berrando lemas en protestas coidadosamente planificadas e orquestradas e frecuentando librerías anarquistas?, por que non se sentaron a aprender a terminoloxía necesaria para comprender xenuinamente a complexidade da teoría económica marxista?

O certo é que, para eles, a vosa política é aburrida porque realmente é irrelevante. Saben que os vosos antigos estilos de protesta – as vosas manifestacións, os vosos cartaces e concentracións – non teñen ningunha capacidade de provocar un cambio real nestes momentos porque convertéronse nunha predecible parte do status quo. Saben que a vosa xerga post-marxista é incomprensible porque realmente é unha linguaxe para meras disputas académicas, non unha arma capaz de socavar sistemas de control. Saben que as loitas internas e escisións nos vosos grupos e as pelexas infinitas sobre teorías efémeras nunca poderán producir ningún cambio real no mundo que experimentan día a día. Saben que dá igual quen estea no cargo, que leis estean nos libros, baixo que “-ismos” marchen os intelectuais. As súas vidas seguirán igual. Eles -nós- saben que o noso aburrimento é a proba de que esta “política” non é a clave para ningunha transformación real da vida. Xa temos aburrimento dabondo na nosa vida!

E ti tamén o sabes. Para cantos de vós a política é unha responsabilidade? Algo no que te involucras porque sentes que debes, cando no teu corazón ou no resto de corazóns hai un millón de cousas que preferirías facer. O voso traballo voluntario é o voso pasatempo favorito ou o facedes porque o vedes como unha obriga?, por que credes que é tan difícil motivar aos outros a que traballen voluntariamente como facedes vós?, será porque, por enriba de todo, un sentimento de culpa é o que vos leva a asumir voso “deber” de ser activos políticamente? Poida que lle poñades un pouco de pementa ao voso “traballo” tentando (de forma consciente ou non) ter problemas coa autoridade, ser arrestados; non porque vaiades ter unha utilidade práctica para a vosa causa, senón porque fai as cousas máis emocionantes, recupera un pouco o romanticismo dos tempos turbulentos que hai tempo que pasaron xa. Algunha vez sentístesvos como participantes dun ritual, unha tradición de protesta radical establecida hai tempo que realmente só serve para reforzar a posición do poder establecido?, algunha vez desexastes secretamente fuxir do estancamento e o aburrimento das vosas “responsabilidades” políticas?

Non é sorprendente que ninguén se unira a vós nos vosos esforzos políticos. Poida que vos digades a vós mesmos que é un traballo duro e desagradecido, pero que alguén debe facelo. A resposta é… NON!

De feito, cáusasnos a todos un prexuízo coa túa tediosa e cansina política. Non hai, de feito, nada máis importante que a política. NON a política da lei e a “democracia”, de quen é elexido lexislador estatal para asinar os mesmos documentos e perpetuar o mesmo sistema. Non a política do “involúcrome coa esquerda radical porque gozo discutindo nimiedades e detalles triviais e escribindo retóricamente sobre unha utopía anarquista inalcanzable”. Non a política de ningún líder ou ideoloxía que demande que fagas sacrificios “pola causa”. Senón a política do noso día a día. Cando separas a política do inmediato, das experiencias cotiás dos homes e mulleres, vólvese completamente irrelevante. De feito, convértese no dominio privado de ricos e acomodados intelectuais, que poden permitirse molestarse con estas cuestións teóricas e deprimentes. Cando te involucras en política cun sentimento de obriga e levas a cabo unha acción política como unha aburrida responsabilidade, máis que como un xogo emocionante que vale a pena por si mesmo, asustas á xente cuxas vidas xa teñen suficiente aburrimento e tedio. Cando fas da política algo sen vida, unha cousa afastada do goce, unha terrible responsabilidade, convértese só noutra carga sobre a xente, máis que nunha forma de liberar á xente das súas cargas. E, desta forma, arruínas a idea da política á xente para a que debería ser máis importante. Para todos os que teñen interese en formular as súas vidas, en preguntarse a sí mesmos que queren na vida e como alcanzalo. Pero fas que a política lles pareza un xogo miserable, autorreferencial e sen sentido da clase media e bohemia, un xogo sen relevancia para as vidas reais que están a vivir.

Que debería entrar dentro do político? Se desfrutamos do que facemos para conseguir comida e un teito, se sentimos que as nosas interacións cotiás cos nosos amigos, veciños e compañeiros de traballo son satisfactorias, se temos a oportunidade de vivir cada día da forma que queremos… E “política” debería ser tamén non discutir meramente sobre estas cuestións, senón actuar directamente para mellorar as nosas vidas no noso presente inmediato, actuando dunha forma que sexa enteiramente emocionante e divertida, porque a acción política que é tediosa, aburrida e opresiva só pode perpetuar o tedio, a fatiga e a opresión nas nosas vidas. Non perdamos máis tempo debatendo sobre cuestións que serán irrelevantes cando teñamos que ir de novo a traballar ao día seguinte. Non máis predecibles rituais de protesta que as autoridades coñecen demasiado ben para lidiar con eles; non máis aburridos rituais de protesta que nunca soarán como unha forma interesante de pasar un sábado pola tarde para os potenciais voluntarios e que, claramente, non nos van levar a ningures. Nunca máis “sacrificarnos pola causa”. Por nós mesmos, pola felicidade nas nosas vidas e nas vidas dos nosos compañeiros, esa debe ser a nosa causa!

Unha vez que fagamos da política algo relevante e interesante, o resto seguiranos. Pero dunha política gris, meramente teórica e ritualizada non sacaremos nada de valor. Isto non quere dicir que non debamos prestar ningún interese no benestar dos humanos, dos animais non-humanos ou dos ecosistemas que non estean en contacto directo con nós no noso día a día, pero os fundamentos da nosa política deben ser concretos: debe ser inmediata, debe ser obvio para todo o mundo por que merece a pena esforzarse, debe ser divertida en si mesma. Como podemos facer algo positivo para o resto, se nós mesmos non disfrutamos das nosas propias vidas?

Por poñer un exemplo concreto: unha tarde de recollida de alimentos en negocios que os van a tirar ao lixo para reciclalos e servilos a xente famenta, que está cansada de traballar para pagar por comer, esta é unha boa acción política pero só se a gozas. Se o fas con amigos, se coñeces novos amigos mentres o fas, se te namoras ou compartes historias divertidas ou simplemente te sentes orgulloso de axudar a unha muller facilitando as súas necesidades económicas, entón é unha boa acción política. Con todo, se investides unha tarde redactando unha indignada carta nun escuro xornal esquerdista contestando o uso do termo “anarco-sindicalismo” por parte dun columnista, con isto non ides lograr unha merda, e sabédelo.

Poida que sexa o momento para unha nova palabra para “política”, dado que convertestes a antiga nunha sorte de palabrota. Así non resultaría desalentadora para ninguén cando falemos sobre actuar conxuntamente para mellorar as nosas vidas e desta forma presentámosvos as nosas esixencias, que non son negociables, e deben ser satisfeitas canto antes, porque non imos vivir para sempre, verdade?

  1. Facer a política relevante de novo para a nosa vida e experiencia cotiá. Canto máis lonxe do obxecto das nosas preocupacións políticas, menos significará para nós a política, menos real e urxente pareceranos, e máis aburrida resultará.
  2. Toda actividade política debe ser divertida e emocionante por si mesma. Non se pode escapar da monotonía con máis monotonía.
  3. Para lograr estes dous primeiros pasos debemos crear métodos e achegamentos políticos completamente novos. Os vellos están pasados e obsoletos. Poida que NUNCA fosen bos e é polo que o noso mundo é como é.
  4. Desfrutade! Nunca hai unha escusa para estar aburridx… ou para selo!

Únete a nós para facer da “revolución” un xogo, un xogo polos nosos maiores intereses, pero un xogo divertido e despreocupado a fin de contas!

Nadia C.

Pintada no París do maio do ’68 que di “Por enriba de todo a vida”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: